19/01/2010
Ábrese o prazo de recepción de traballos para o Festival de Cans
A Asociación Cultural Arela acaba de dar a coñecer as bases para a sexta edición do seu festival de curtametraxes, o de Cans (20 ao 23 de maio de 2010). Un encontro que mantén as mesmas dotacións en categorías que noutras edicións e repartirá 5.600 euros en premios entre curtametraxes (ficción e animación) e videclips. O prazo de presentación de material (en DVD) será o vindeiro 15 de marzo..
Amplía a nova>>
18/01/2010
¡Fai Zig-zag!
Hoxe comeza Zig-zag, o primeiro informativo cultural diario da TVG. O programa, conducido por María Solar e dirixido por Xosé Luís Muñoz, analizará a actualidade cultural do país e prestará atención específica aos diferentes sectores (literatura, música, artes escénicas, audiovisual...). A escritora Rosa Aneiros será a protagonista do espazo que arranca esta noite (20:30 horas) na G2, a segunda cadea do ente público (emitirase en diferido na TVG ás 2:30 horas)..
Amplía a nova>>
15/01/2010
As provincias da Coruña e Ourense comezan o apagón analóxico
O vindeiro luns chega a Televisión Dixital Terrestre a Galicia de xeito definitivo. O día 18 producirase o apagón analóxico de dúas fases que afectará a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra. Os seguintes apagóns terán lugar de xeito progresivo ata o día 1 de febreiro. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, explicou hoxe nunha rolda de prensa o traballo desenvolvido polo Executivo no cambio de tecnoloxía, ao tempo que reforzou o servizo de atención telefónica (no 012 e no 981 572 154) para atender ás consultas sobre o proceso..
Amplía a nova>>
15/01/2010
Cela 211 segue sumando premios mentres agarda polos Goya
A película producida por Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar e Luis Zahera,
Cela 211, segue a sumar premios. A Asociación de críticos latinoamericanos de Nova York acaba de outorgar os seus premios a Luis Tosar, e á Carlos Bardem polas súas interpretacións na película dirixida por Daniel Monzón. O filme é un dos máis taquilleiros da produción española e leva recadado máis de 10 millóns de euros (6.288.206 segundo a web do Ministerio de Cultura). Ademais, é a gran favorita para os premios Goya con 16 candidaturas e que se resolverán o vindeiro 14 de febreiro en Madrid. .
Amplía a nova>>
14/01/2010
A Fundación Caixa Galicia achégase a Londres a través dun ciclo de cine
¿Queres percorrer Londres da man dos grandes directores de cine? Esta é a última proposta cinematográfica da Fundación Caixa Galicia. Baixo o título
Londres no cine, que continúa coa senda de traballo iniciada coa cidade de Nova York, exhíbense películas nas que a capital británica servíu de plató de rodaxe.
Wonderland (Michael Winterbottom, 1999),
Closer (Mike Nichols, 2004),
Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ou
Match Point (Woody Allen, 2005) son algúns dos títulos que se proxectarán nas diferentes sedes que a entidade ten por toda Galicia. .
Amplía a nova>>
14/01/2010
Televisión de Galicia presenta o seu plan de apoio cinematográfico
O sitio web da Teleivisón de Galega contén as bases da convocatoria do seu Plan de Apoio Cinematográfico para este 2010. O programa está dirixido á contratación mediante precompra de determinados dereitos de explotación ou de emisión de longametraxes (cine), películas para televisión (tv movies), longametraxes documentais ou ben desenvolvemento de proxectos. A convocatoria detalla os importes máximos (250.000 euros por película de cine, sempre que non supere o 40% do orzamento total; 335.000 euros para tv movies e un tope do 60% do orzamento) e os prazos límites de presentación e adxudicación dos orzamentos. .
Amplía a nova>>
14/01/2010
Falece o actor Andrés Pazos
Un cancro acababa onte coa vida do actor Andrés Pazos en Compostela aos 65 anos. Pazos, que se fixera coñecido para o grande público pola súa intervención no filme
Whisky, desenvolveu a maior parte da súa carreira artística en Uruguay, onde emigrara de neno. Neste país participou na creación de Teatro de la Gaviota entre outras iniciativas. Ao longo dos anos noventa participou en diversas producións teatrais no noso país. .
Amplía a nova>>
11/01/2010
Cárcere de cine
O proxecto promovido por Vaca Films,
Cela 211 é a película favorita nesta edición dos Premios Goya. 16 candidaturas, entre elas as de mellor filme, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Luis Tosar) e de reparto (Antonio Resines e Raúl Arévalo) ou a da maquilladora Raquel Fidalgo, viscaína de nacemento pero galega de adopción. Alén deste drama carcereiro, Filmax sitúa na final a segunda parte de
Pérez, o ratiño dos teus soños e Continental
Galadas, como mellor canción orixinal. O resultado saberase o 14 de febreiro de 2010 no transcurso da gala que terá lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións, de Madrid..
Amplía a nova>>
08/01/2010
Cultura apoia a Academia do Audiovisual con 60.000 euros
Nos vindeiros días asinarase un convenio polo que a Consellaría de Cultura lle acheguará á Academia Galega do Audiovisual un total de 60.000 euros. Así o adiantou onte o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, logo dunha xuntanza con representantes deste último organismo. Os cartos destinaranse a cubrir as actividades da Academia ao longo de 2010, especialmente aquelas vencelladas á promoción do audiovisual galego, os foros de debate, as propostas de formación para os profesionais do sector e mais as publicacións deste organismo. Entre as actividades previstas, está a contiuidade do foro Academia Aberta e mais dos Premios Mestre Mateo..
Amplía a nova>>
05/01/2010
Audiovisual: Cela 211
Ao igual que aconteceu con outros sectores culturais, o audiovisual estivo moi marcado pola mudanza de goberno e os cambios normativos que se desenvolveron a nivel estatal e europeo. O decreto que desenvolve a Lei do Cine, a nova Lei Xeral Audiovisual, o cambio do goberno en Galicia… A produción galega intensificouse en canto a curtametraxes, mantívose en documentais e caeu en longametraxes. As fontes consultadas destacan un título propio:
Cela 211..
Amplía a nova>>