21/04/2010
Óliver Laxe presenta a súa primeira longametraxe na Quincena de Realizadores en Cannes
“Hoxe é o día máis grande do audiovisual galego”. As redes sociais fervían onte ante a publicación oficial de que o realizador coruñés, Oliver Laxe (París, 1982), participará na
Quinzaine des Réalisateurs na que dá acubillo a novos talentos que agroman na diversidade cinematográfrica e no que Óliver é o único español seleccionado. Neste certame, organizado pola
Societé des réalisateurs de films en Cannes, de xeito paralelo e independente ao prestixioso festival de cinema, participaron no seu momento Ken Loach, Manoel de Oliveira, Costa ou Francis Ford Coppola. Laxe presentará a súa primeira longametraxe
Todos vós sodes capitáns que el dirixiu, produdiu e protagonizou. Un traballo de baxísimo orzamento que foi rodada en Marruecos que abre, pola porta grande, o seu paso por festivais. A cita, na localidade francesa, será do 12 ao 23 de maio..
Amplía a nova>>
19/04/2010
Adíase o Cartoon Dixital polas restricións do espazo aéreo europeo
Era un seminario de formación dixital que ía xuntar en Santiago a especialistas de diferentes partes do mundo. Pero as cancelacións de voos en toda Europa por mor das restriccións do espazo aéreo provadas cinzas do volcán Eyjafjalla, obrigou aos organizadores a adiar a cita. Segundo unha nota de prensa remitida pola Xunta, patrocinadora deste encontro, a cita non se suspende, senón que se adía, malia que non precisou as novas datas. .
Amplía a nova>>
19/04/2010
As televisión públicas autonómicas seguirán emitindo publicidade
Os directores xerais das televisión públicas reunidas na FORTA (Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos) reuníronse a semana pasada en Santigo. Unha xuntanza na que acordaron, entre outras cousas, que as televisión autonómicas seguirán emitiendo publicidade. Xunto ao anuncio lanzaron unha menaxe ás televisión privadas (reunidas en Uteca) advertíndolles que están a elaborar “unha estratexia de grave e continua manipulación que persigue o desprestixio e a desaparición dos operadores autonómicos”.Para a FORTA han de ser os anunciantes os que decidan en que soportes sitúan as súas menaxes comerciais, dentro das alternativas que permita lexislación vixente. .
Amplía a nova>>
19/04/2010
Alfonso Cabaleiro: “a política audiovisual virá marcada pola TVG, a internacionalización e a comercialización”
Nunca a reforma do sector audiovisual foi tan complexa e profunda como a actual. Por iso, Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, acaba de capitanear o reto de mudar a televisión analóxica, a de toda a vida, pola dixital. Con esta fronte aínda sen pechar e non exenta de problemas, a batalla continúa coa reforma lexislativa para a comunicación pública máis profunda da súa existencia: a lei do audiovisual, a da CRTVG, a de publicidade institucional. E para todo isto, Cabaleiro pide diálogo, consenso e unificación nesta entrevista..
Amplía a nova>>
16/04/2010
Cela 211 arrasa nos premios Mestre Mateo con dez estatuíñas
Mellor longametraxe, dirección de produción (Alicia Tellería), actor protagonista (Luis Tosar), actor de reparto (Luis Zahera), guión, montaxe (Mapa Pastor)…. así ata en dez ocasións subiu ao escenario o equipo de
Cela 211. Foi a gran vencedora dunha noite na que Matalobos se impuxo a Padre Casares con tres estatuíñas entre as que figura mellor serie, mellor actriz de reparto (Camila Bossa) e realización (compartido ex aequo con
O nordés). A gala, emitida en falso directo pola TVG, transcurriu entre as reivindicacións dos premiados e a homenaxe aos vinte e cinco anos da televisión pública..
Amplía a nova>>
15/04/2010
O desenvolvemento de contidos para dipositivos móbiles centra o Cartoon Dixital
É o gran seminario de formación dixital que imparten profesionais de recoñecido prestixio (produtores e directores de estudio, de desenvolvemento, de animación 3D, canles de empresas como Disney, Youtube ou Google) e no que asistirán uns 80 profesionais europeos. O Cartoon Forum centrarse nos últimos avances en animación dixital pensado para plataformas móbiles. A cita, organizada pola Asociación Europea de Filmes de Animación e a Xunta, terá lugar do 20 ao 22 de abril no Hostal dos Reis Católicos (Santiago)..
Amplía a nova>>
15/04/2010
A Navalla Suíza gaña en Cannes un certame de novas experiencias de video na rede
Xeoposicionamento, realidade aumentada e cine. Esta innovadora mestura levou á empresa
A Navalla Suiza (desenvolvedora de Flocos ou Eufalo.tv) a gañar o certame Content 360º na categoría de
Next Generation Online Video Experiencie que se desenvolve no MIPTV de Cannes, o mercado de televisión máis destacado de Europa. O premio consiste en asinar un contrato co National Fim Board para desenvolver o proxecto que chamaron
Candian Augmented Films, que é unha aplicación para móbiles e web que permite relacionar os edificios, prazas e lugares físicos coas películas que se rodaron nel e ter, polo tanto, unha experiencia e implicación diferente co mundo no que nos movemos..
Amplía a nova>>
15/04/2010
O Festival de Ourense repite a experiencia de achegar os escolares ao cinema
Naceu co obxectivo de incentivar a utilización do galego, das novas tecnoloxías e facer pequenos proxectos audiovisuais entre os escolares. Pero, ademais, é unha das iniciativas para achegar ao ámbito educativo o Festival de Cine de Ourense (Ouff). Por iso, o OUFF Escola terá unha segunda edición e, como novidade, está aberto tamén á zona do Bierzo, onde o galego é materia optativa. Todos os proxectos audiovisuais que se presenten a este certame deben ser enviados antes do 15 de maio..
Amplía a nova>>
15/04/2010
A Academia do Audiovisual entrega esta noite os premios Mestre Mateo
O sector audiovisual galego ten hoxe unha festa en Narón. Ás 22:00 horas (TVG comezará a emitir ás 22:36) dará comezo a festa dos premios Mestre Mateo que, ademais de premiar as mellores producións feitas en Galicia no 2009, celebrará os 25 anos da creación da CRTVG. Presentada polo humorista Xosé Antón Touriñán, contará coa presenza especial de Xosé Ramón Gayoso e Enrique Banet (galardoado co premio de honra Fernando Rey) que compartirán o protagonismo dos gañadores nas 25 categorías coas que conta o certame. Entre as favoritas destaca
Cela 211, con quince candidaturas, seguida das series de Voz Audiovisual
Matalobos e
Padre Casares con dez e nove, respectivamente. .
Amplía a nova>>
14/04/2010
Estratexia para animar libros
Traballan con historias, son empresas editoras pero buscan novo futuro para esas creacións. Despois de tímidos intentos, Oqo e Galaxia dan o salto ao mundo audiovisual, iso si, sen perder o referente do libro. .
Amplía a nova>>