Cela 211 arrasa nos premios Mestre Mateo con dez estatuíñas

A produción de Voz Audiovisual Matalobos foi recoñecida como mellor serie

Mellor longametraxe, dirección de produción (Alicia Tellería), actor protagonista (Luis Tosar), actor de reparto (Luis Zahera), guión, montaxe (Mapa Pastor)…. así ata en dez ocasións subiu ao escenario o equipo de Cela 211. Foi a gran vencedora dunha noite na que Matalobos se impuxo a Padre Casares con tres estatuíñas entre as que figura mellor serie, mellor actriz de reparto (Camila Bossa) e realización (compartido ex aequo con O nordés). A gala, emitida en falso directo pola TVG, transcurriu entre as reivindicacións dos premiados e a homenaxe aos vinte e cinco anos da televisión pública.

A defensa do galego, a reivindicación de programas que xa non se emiten como Onda curta e referencias á situación da Televisión de Galicia sucedéronse ao longo da noite dos Mestre Mateo. Pero a reivindicación máis longa e fonda foi a de Enrique Banet, galardoado co premio de honra quen fixo unha defensa do ecoloxismo do país e achegou a súa idea do audiovisual “os edificios hainos que comezar pola base e, para min, a base é a formación”. Acto seguido, Banet criticou a existencia “profesionais da subvención” e pediu que as axudas vaian encamiñadas a “proxectos innovadores e a axudar a xente nova que son o noso futuro no sector audiovisual”. Rematou o seu discurso pedindo un cambio no modelo e papel da televisión pública que debera ser “un exemplo ético, libre, sen censura, independente e profesionalizada”.


son


Serbio Burmann, Carlos Faruolo e Jaime Fernández por Cela 211
Diego Kartaszewic, Carlos Mouriño, Andrés Quinteiro, Enrique Alfonso Segura Álvarez e Daniel Zahalka por Que culpa ten o tomate
David Machado, Diego Staub e J.l Vázquez por Galadas (Agallas)
Carlos Mouriño por Un bó home

montaxe


Jorge coira, Piu Go´mez, Alejo Hoijman, Ana Rewmón, Daniel Suárez e Paola Vieira por Que culpa ten o tomate
Mapa Pastor por Cela 211
Guilermo Represa por Galadas (Agallas)
Sandra Sánchez por Rafael

realización


Manuel A. Espiñeira por Padre Casares
Carlos Dávila por Ruta 66
Toño López e Jorge Saavedra por Matalobos
Marta Piñeiro e Alfonso Zarauza por O Nordés

comunicador TV


Xosé A. Touriñán por Botarse ao monte
Xosé Barato por A miña famosa familia
Xosé Lois Bernal "Farruco" por Vivir aquí
Mayte Cabezas por A revista fin de semana

Direción de produción


Carlos Amoedo por Galadas (Agallas)
Alfonso Blanco, Paula Fernández e Ana Míguez por Padre Casares
Xabier Eirís por A Caixa Negra
Alicia Tellería por Cela 211

Maquillaxe e perruquería


Natalia Arcay e Lorena Calvo por Matalobos
Noelia Arcay e Beatriz Vázquez por Padre Casares
Raquel Fidalgo e Inés Rodríguez por Cela 211
Susana Vieira por Rafael

Deseño de vestiario


Ruth D. Pereira por Galadas (Agallas)
Julia Rodríguez por Padre Casares
Montse Sancho por Cela 211
Saturna por Matalobos

Direción Artística


Curro Garabal por Gordos
Antón Laguna por Cela 211
Antonio Pereira por Matalobos
Marta Villar por Galadas (Agallas)

Direción de Fotografía


Suso Bello por O Club da Calceta
Juan Carlos Castillo, Gastón Girod, Matías Javier Lago, Ricky Morgade, Carolina Navas e Sofía Oggioni por Que culpa ten o tomate
Carles Gusi por Cela 211
Alfonso Parra por Dous de vintetantos

Música orixinal


Roque Baños por Cela 211
Xavier Font e Arturo Vaquero por Galadas (Agallas)
Arturo Kress por Señora de
Iván Laxe e Piti Sanz por O Nordés

Guión


Lidia Fraga, Carlos Portela e Víctor Sierra por Padre Casares
Jorge Guerricoechevarría e Daniel Monzón por Cela 211
Alberto Guntín, Carlos Portela, Jose Rubio e Víctor Sierra por Matalobos
Mario Iglesias por Relatos

Interpretación masculina de reparto


Carlos Bardem por Cela 211
Celso Bugallo por Galadas (Agallas)
Xavier Deive por Matalobos
Luis Zahera por Cela 211

Interpretación feminina de reparto


Camila Bossa por Matalobos
Mela Casal por Conexión
Teté Delgado por Gordos
Marta Etura por Cela 211

Interpretación masculina protagonista


Pedro Alonso por Padre Casares
Antonio Durán "Morris" por Padre Casares
Luís Iglesia B. por Matalobos
Luis Tosar por Cela 211

Interpretación feminina protagonista


Nera Barros por Rafael
Mercedes Castro por Padre Casares
Luisa Merelas por Matalobos
María Vázquez por O Club da Calceta

Dirección


Jorge Coira, Alejo Hoijman, Marcos Loayza, Carolina Navas, Josué Méndez, Alejandra Szeplaki e Paola Vieira por Que culpa ten o tomate
Mario Iglesias por Relatos
Daniel Monzón por Cela 211
Daniel Sánchez por Arévalo Gordos

Obra Experimental


Aarón deMarcos Nine Búa
Memoria de Pixel Films
A Viaxe Stable de Producciones Audiovisuales
Zapping de Francisco X. Rodríguez e Martín Vázquez

Obra Interactiva


O Camiño de Santiago na Coruña de Pixel Films
Coruña, máis preto de Ilux Visual Technologies S.L.
Quotidiania Delirante de Continental Producciones e Costa Oeste

Obra Publicitaria


Maloserá!! Vivamos como galegos de Congo Producciones
Spot: Festival Internacional de Cine de Ourense de Mr Misto Films
Spot: River Estrella Galicia de Veteranos Mondotropo S.L.
Sport "Supersticiións" R.C. Celta de Vigo de Alén Filmes S.L.

Curtametraxe de animación


O Coidador de Gatos de Artefacto Producciones Audiovisuais
A nena que tiña unha soa orella de Rubén Coca
Nouturnio de Celanova de Raúl García Pérez
Stop Explotación infantil de Alén Filmes S.L.

Documental


Alcaián, o primeiro partido de Alén Filmes S.L. e Zopilote S.L.
A mirada de Anna de Adivina Producciones e Área TV
Mulleres da raia de Diana Gonçalves
Segredo da Frouxeira de EAF Produccións

Curtametraxe de ficción


Coser e cantar de Claqueta Coqueta, Rubén Riós e Alén Filmes
O elixido de Chema Gagino
O noveno principio de Iván Seoane
X nada de Ficción Producciones

Película para televisión


O club da Calceta de Ficción Producciones, Diagona TV e TVG
Conexión de Continental Producciones, Stopline Filmes e Prodigius Cinema

Longametraxe documental


Maruxa Mallo: metade anxo, metade marisco de SECC e Filmanova S.L.
Que culpa ten o tomate de Tic Tac Producciones, Lagarto Cine, Púcara Films, Chullachaki Producciones, Pato Feo Films, Tvzero, cooperativa Estrella Films
Señora de de O radio Verde e Medios Dixitais
Sixty Tolos (A golpe de single) de Casa de Tolos S.L e TVG

Programa para televisión


Botarse ao monte de Bren Entertainment S.A.
A Caixa Negra de Filmanova S.L.
Miraxes de TVG
Onda Curta de TVG

Serie de televisión


Matalobos de Voz Audiovisual, S.A.
O Nordés de CTV e Zopilote
Padre Casares de Voz Audiovisual, S.A.

Longametraxe


Galadas (Agallas) de Continental Producciones, Agallas IAE: Mucho Ruido
Un bo home de Milou Films, Tornasol Films Sl, Catasfiore Films S.L. Agrupación de Interés Econo´mico 002
Cela 211 de Vaca Filjs, Telecinco Cinema e Morena Films
Gordos de Filmanova Invest e Tesela PC