13/04/2010
As curtas gañadoras en Cans serán preseleccionadas para os premios Goya
Para ser preseleccionado para os premios Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción é requisito “sine qua non” ter gañando nalgún festival recoñecido pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Pois ben, os gañadores do festival de curtas de Cans (Porriño) cumpren con ese requisito xa que a Academia acaba de recoñecer a este encontro organizado pola Asociación Cultural Arela. Segundo unha nota de prensa remitida polo festival de Cans, afirman que “esta decisión garante a presenza de curtas galegas na preselección ao máximo galardón do cine español, xa que todas as creacións a concurso no Festival de Cans son producións galegas”..
Amplía a nova>>
13/04/2010
A peregrinación a través do cine
“Son moitos os motivos que levan a emprender unha viaxe: propostas, retos persoais, crenzas relixiosas, promesas ou buscas interiores”. Así reza o cartel de “Camiños”, o último ciclo de cine programado pola Fundación Caixa Galicia. Unha iniciativa que pretende recuperar a ollada de cineastas como Sean Penn (máis coñecido pola súa faceta de actor), Jean François Castell, Wes Anderson ou Zhang Yimou. O ciclo conta con 8 filmes que se proxectarán en versión orixinal (subtitulada en castelán) nas diferentes sedes que a entidade ten por toda Galicia. Unha proposta cinematográfica para celebrar o Xacobeo 2010..
Amplía a nova>>
13/04/2010
Lugopress repasa a historia “extravagante” de Galicia en 240 curtametraxes
O estradense que inventou a primeira calculadora do mecánica do mundo (e que agora está no museo do IBM) ou o primeiro coche que houbo en Arxentina e que foi construído por un galego. Estes son algúns dos contidos de
Calendario extravagante, o proxecto audiovisual da produtora Lugopress coa que pretende facer unha historia de Galicia a partir de feitos e persoeiros descoñecidos, excéntricos, raros ou extravagantes. En total gravaranse 240 microrreportaxes que se emitirán diariamente na TVG a partir do 3 de xaneiro de 2011. .
Amplía a nova>>
12/04/2010
A hora do audiovisual
Chega para converterse na pedra angular da política audiovisual da Xunta. O Consorcio Audiovisual será o organismo único que xestione as competencias do sector audiovisual, pero leva meses de retraso. Parece que será neste mes de abril cando se poña a andar e atoparase cun sector en crise cun futuro incerto. .
Amplía a nova>>
09/04/2010
Unha delegación galega acudirá ao mercado da televisión de Cannes
Amparadas baixo o “paraugas” do Clúster Audiovisual Galego, Filmanova, Voz Audiovisual, Perro Verde Films, Ficción Producciones, Filmax e a Televisión de Galicia acudirán o vindeiro luns a unha nova edición do MIPTV, ou o que é o mesmo, o mercado dos formato e produtos para televisión. Un encontro que se desenvolve no Palais des Festivals de Cannes e que contará coa participación de 15.000 profesionais de todo o mundo. A cita é imprescinble para facer contactos de vendas e de compras..
Amplía a nova>>
08/04/2010
Increméntase a contía das axudas automáticas do sector audiovisual
O DOG publica hoxe unha nova liña de axudas para o sector audiovisual. Trátase das axudas á produción e desenvolvemento de contidos interactivos. Canda estas, segundo remite Agadic, mañá sairá publicadas as axudas a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais. Unha liña que incrementa a súa contía nun 30%, pasando de 600.000 a 800.000 euros. Estas subvencións, de concesión automática ata esgotar a contía total reservada, están suxeitas ademais ao marco comunitario aplicable ás axudas destinadas a facilitar o acceso ao financiamento das empresas en situación de crise..
Amplía a nova>>
08/04/2010
Ernesto Chao recibe o premio de honra do Festival de Cans
O Pedrigre´10, premio que concede o Festival de Cans, recoñece na súa sétima edición ao actor Ernesto Chao pola súa ampla traxectoria e o compromiso coa profesión. O encontro recibiu este ano preto de 100 curtas e 30 videoclips de produción galega do que sairá a sección oficial do encontro que terá lugar do 19 ao 22 de maio. O actor Víctor Fábregas e o veciño Moncho, do Bar Moncho, reciben os chimpíns de prata polo seu apoio ao festival. .
Amplía a nova>>
08/04/2010
123 curtas competirán nun Curtocircuito que homenaxe a Cuba, Rohmer e o cine fantástico
Malia que se adiantou cinco meses no calendario, a sección oficial de Curtocircuito recibiu maís de dúas mil curtametraxes das que só 123 pasaron a peneira do xurado e competirán polos premios desta edición. Un encontro que se ano contará cunha retrospectiva de Eric Rohmer, unha escolma de curtas de cine fantástico e as mellores curtametraxes do país convidado, Cuba. No aspecto formativo, esta edición de Curtocircuito ofrece, baixo a tutela de Juan Lesta e Belén Montero, un obradoiro para aprender unha forma de animación baseada na técnica stop-motion. O curso, Paleta Gráfica Codeco está dirixido a profesionais e estudantes e ten aberto o prazo de inscrición..
Amplía a nova>>
07/04/2010
O Festival de Cine de Ourense exhibe filmes de temática femenina
“Unha ferramenta máis para visibilizar o papel da muller na sociedade actual”. Estes son, en palabras de Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense, os obxectivos do ciclo
4 miradas de muller. Unha iniciativa pola que se proxectarán nas salas Cinebox as películas
A muller sin piano,
O club da Calceta,
Miss Culag e
Séraphne. Ao encontro, que este ano celebra os seus 15 anos de vida, xa se presentaron máis de 300 películas para a sección oficial. Ademais, esta é unha das iniciativas coas que o festival pretende estender a súa programación ao resto do ano..
Amplía a nova>>
05/04/2010
As mulleres cineastas debaterán en Santiago a desigualdade no seu traballo
Só un 7% dos directores de cine en España son mulleres, un 15% guionistas e un 20% produtoras. Estas cifras evidencian a desigualdade que se vive no sector audiovisual. Como solucinalo é o obxectivo do Encontro Internacional “Mulleres do Audiovisual Europeo” que organiza a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA) entre o 5 e o 7 de maio en Santiago. Foros de debate, mesas redondas son algunhas das actividades deste encontro ao que asistirán unhas corenta ponentes como Isabel Coixet e Iciar Bollaín e que contará con destacada presenza galega. .
Amplía a nova>>