Malia que se adiantou cinco meses no calendario, a sección oficial de Curtocircuito recibiu maís de dúas mil curtametraxes das que só 123 pasaron a peneira do xurado e competirán polos premios desta edición. Un encontro que se ano contará cunha retrospectiva de Eric Rohmer, unha escolma de curtas de cine fantástico e as mellores curtametraxes do país convidado, Cuba. No aspecto formativo, esta edición de Curtocircuito ofrece, baixo a tutela de Juan Lesta e Belén Montero, un obradoiro para aprender unha forma de animación baseada na técnica stop-motion. O curso, Paleta Gráfica Codeco está dirixido a profesionais e estudantes e ten aberto o prazo de inscrición.
123 curtas competirán nun Curtocircuito que homenaxe a Cuba, Rohmer e o cine fantástico
O encontro terá lugar do 23 ao 29 de maio
6 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
