Curtocircuito adiántase a maio

Presentáronse 2.303 curtametraxes nesta edición do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Mesma estrutura, mesma programación e mesma calidade pero cinco meses antes. A Concellaría de Cultura de Santiago adianta ata maio (a semana oficial terá lugar do 23 ao 30) a celebración de Curtocircuíto. ¿A explicación? “Detectamos que existía unha saturación de actividades de cinema no mes no outono co Festival Amal e con Cineuropa e decidimos movelo no calendario” explican desde o gabinete de prensa. A sétima edición de curtocircuíto xa está en marcha co peche do prazo de recepción de candidaturas. Malia o adianto das datas que recurtaba os prazos, a organización recibiu 2.303 curtametraxes de países tan dispares como Azerbaiyán, Colombia, Xordania ou Filipinas, segundo figura no web oficial do certame.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Curtocircuíto, Cineuropa, Amal...

Claves

Conceptos
Lugares