Malia que se adiantou cinco meses no calendario, a sección oficial de Curtocircuito recibiu maÃs de dúas mil curtametraxes das que só 123 pasaron a peneira do xurado e competirán polos premios desta edición. Un encontro que se ano contará cunha retrospectiva de Eric Rohmer, unha escolma de curtas de cine fantástico e as mellores curtametraxes do paÃs convidado, Cuba. No aspecto formativo, esta edición de Curtocircuito ofrece, baixo a tutela de Juan Lesta e Belén Montero, un obradoiro para aprender unha forma de animación baseada na técnica stop-motion. O curso, Paleta Gráfica Codeco está dirixido a profesionais e estudantes e ten aberto o prazo de inscrición.