Curtocircuíto abre o prazo de recepción da décima edición

O Festival de curtametraxes de Santiago terá lugar do 23 ao 28 de abril

14/12/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces
Ata o de 10 de febreiro de 2013 esta aberto o prazo para participar na vindeira edición de Curtocircuíto. O Festival de curtametraxes que promove o concello de Santiago cumprirá dez anos do 23 ao 28 de abril, como un referente neste xénero curto. As categorías a competición son Internacional, Compostelae (nacional), By Galicia e Escolas Galegas. Nas bases figura que os traballos presentados deberán ter sido realizados despois do 1 de xullo 2011.

Universo culturagalega.gal

Contextos