Novas | 2491 a 2500 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

16/03/2010
María Castro e Mario Casas participan na segunda Wikipeli

Malia que se chama Wikipeli, en realidade é unha curtametraxe. A segunda entrega do proxecto colaborativo patrocinado por Mahou estará dirixido por Jaume Balagueró (REC) e protagonizado polos actores galegos Mario Casas e María Castro. Agora, o casting para escoller aos co-directores que axudarán a elaborar os quince minutos do filme xa está en marcha. É o segundo proxecto destas características que pon en marcha a coñecida marcha de cervexas, o primeiro chamouse Universos e estivo codirixido por Juan Cruz , José Corbacho e 3.257 internautas, e protagonizado por outro actor galego, Martín Rivas.. Amplía a nova>>

16/03/2010
Tosar gaña o seu segundo Fotogramas de Prata por Cela 211

Despois de ganar un Goya e o recoñecemento unánime de público e crítica por Cela 211, Luis Tosar acaba de sumar un novo premio máis ao seu currículo. Trátase do segundo Fotograma de Plata que concede a popular revista. Amaia Salamanca (mellor actriz de cine), Sergi López (mellor actor de teatro), Concha Velasco (mellor actriz de teatro), Juan Diego (mellor acto de TV) e Adriana Ugarte (mellor actor de TV) completan o palmarés desta edición no que Cela 211 foi recoñecida como mellor película española.. Amplía a nova>>

15/03/2010
O CGAI levará a súas actividades fóra da Coruña

“A filosofía é que se poidan ver en toda Galicia tanto actividades formativas como proxeccións” así de claro fala Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes da Imaxe, sobre descentralizar a actividade deste centro que ten a súa sede na Coruña. E a primeira localidade que acolla programación semanal (a intención é que haxa unha proxección á semana) é Santiago. Malia que aínda faltan moitos flocos por concretar, a cita terá lugar na facultade de Ciencias da Información. Despois virán Vigo, Pontevedra e outras cidades nas que se está buscar un espazo para poder facelo. Pero non serán exclusivamente proxeccións, xa que tamén se pretende desenvolver cursos formativos, como o que desenvolverán en Ferrol para conmemorar o centenario de Torrente Ballester que “foi guionista de moitos títulos” tal e como apuntou Escrigas.. Amplía a nova>>

15/03/2010
Curtocircuito adiántase a maio

Mesma estrutura, mesma programación e mesma calidade pero cinco meses antes. A Concellaría de Cultura de Santiago adianta ata maio (a semana oficial terá lugar do 23 ao 30) a celebración de Curtocircuíto. ¿A explicación? “Detectamos que existía unha saturación de actividades de cinema no mes no outono co Festival Amal e con Cineuropa e decidimos movelo no calendario” explican desde o gabinete de prensa. A sétima edición de curtocircuíto xa está en marcha co peche do prazo de recepción de candidaturas. Malia o adianto das datas que recurtaba os prazos, a organización recibiu 2.303 curtametraxes de países tan dispares como Azerbaiyán, Colombia, Xordania ou Filipinas, segundo figura no web oficial do certame.. Amplía a nova>>

12/03/2010
Cela 211 é a gran favorita dos premios Mestre Mateo

Quince candidaturas, entre elas a de mellor longametraxe, mellor dirección, mellor actor protagonista (Luis Tosar), doblete no de reparto (Carlos Bardem e Luis Zahera). Cela 211 parte como favorita para os Mestre Mateo 09, os galardóns de cine e de televisión que concede a Academia Galega de Audiovisual. Séguenlle as series de Voz Audiovisual, Matalobos e Padre Casares con dez e nove candidaturas respectivamente. A longametraxe de Continental, Galadas conta con oito candidaturas, entre as que destaca a de mellor película e a interpetación de Celso Bugallo. Nesta edición presentáronse 101 producións, un 30% menos que no ano anterior o que demostra o descenso da produción audiovisual. O presidente da Academia, Xosé Manuel Olveira “Pico”, asegurou que “se nota a crise, aínda que o sector das artes sempre está en crise”. Ademais, nos vindeiros días poñerase en marcha a semana do audiovisual galego para dar a coñecer as producións finalistas antes da gala que este ano terá lugar en Narón. . Amplía a nova>>

12/03/2010
Un seminario analiza as imaxes de Galicia recollidas no NO-DO

Son moitos máis que imaxes de Galicia entre os anos corenta e setenta. As trinta horas do NO-DO cedidas en copia dixital no Centro Galego de Artes da Imaxe no 2007 documentan imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. Por iso, un equipo interdisciplinar do Departamento de Ciencias da Comunicación está a estudar este material centrado na análise do discurso sobre Galicia ao tempo que alerta da riqeuza historiográfica e antropolóxica dos fondos audiovisuais. Esta investigación faise pública no seminario que ten lugar hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O catedrático José luis Castro de paz, Julio Pérez Perucha, e Margarita Ledo Andión son algúns dos investigadores e participantes neste seminario.. Amplía a nova>>

10/03/2010
Doce concellos apagan hoxe a televisión analóxica co comezo da terceira fase da dixitalización

Cinco concellos da provincia d’A Coruña situados no Barbanza – Ribeira, A Pobra, Rianxo, Dodro e Boiro- , catro da provincia de Lugo- Monterroso, Antas de Ulla, Taboada e Palas de Rei-, e outros tres de Pontevedra –Cangas, Oia e Bueu- dan hoxe o paso definitivo á TDT. No que é o comezo da III Fase, última do proceso de implantación da televisión dixital, apáganse ás sinais analóxicas nos correspondentes repetidores destes concellos seguindo despois polos concellos que aínda restan ata o 2 de abril data na que, co apagado das áreas técnicas de Domaio e Páramo a maior parte das provincias de Lugo e Pontevedra , incluíndo as súas capitais e Vigo, deixarán de recibir sinais analóxicos de televisión. En total máis de un millón de cidadáns estarán afectados nesta fase do apagón.. Amplía a nova>>

04/03/2010
Proxectos no camiño

Estreas, rodaxes, desenvolvemento…. A falta da convocatoria de axudas deste ano, a reorganización do Consorcio Audiovisual de Galicia como entidade que coordine a política administrativa da Xunta, as produtoras seguen co seu traballo. Tic Tac Producións presenta o luns en Santiago Que Culpa ten o tomate, Ringo Rango roda en marzo Anos despois, Filmanova Doentes e Continental ultima a gravación de O sexo dos anxos. Son só un anticipo da produción deste 2010, repasamos algunhas das historias.. Amplía a nova>>

01/03/2010
Varios galegos no comité asesor de axudas do ICAA

Xosé Zapata (IB Cinema), Xurxo González (Xunta de Galicia) e Susana Maceiras (Adivina Produccións) son os tres galegos que figuran na listaxe de vogais dos comité de axudas á produción cinematográfica do Instituto da Cienamatografía e as Artes Audiovisuais (ICAA). Pero non son os únicos, xa que canda estes nomes, figuras outros vogais noutros comités como Dolores Ben para a produción de películas para televisión e series de animación sobre proxecto e María Yáñez para a realización de obras audiovisuais con novas tecnoloxías. Os seus nomeamentos teñen unha duración de dous anos.. Amplía a nova>>

26/02/2010
O Consorcio Audiovisual continúa á espera dun decreto para desenvolver as súas funcións

A piques de cumprise un ano do cambio de goberno, a Xunta aínda non ten fixado o organigrama administrativo en materia audiovisual. O presidente da Xunta de Galicia ten manifestado en diferentes ocasións, onte volveuno repetir na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta, que estará nun único organismo e que este será o Consorcio Audiovisual de Galicia (entidade interadministrativa no que están desde diferentes departamentos da Xunta ata as deputacións). Pero a día de hoxe este organismo está sen director e sen persoal desde o pasado mes de decembro, á espera dun novo decreto que o lexitime para desenvolver composición e funcións. O gabinete da Secretaría Xeral de Medios asegura que o decreo está moi avanzado pero non aclara cando estará listo para levar o consello da Xunta para a súa posterior aprobación.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org