Cela 211 é a gran favorita dos premios Mestre Mateo

Descendeu nun 30% o número de producións presentadas

Imaxe corporativa desta edicion dos Premios Mestre Mateo
Imaxe corporativa desta edicion dos Premios Mestre Mateo
Quince candidaturas, entre elas a de mellor longametraxe, mellor dirección, mellor actor protagonista (Luis Tosar), doblete no de reparto (Carlos Bardem e Luis Zahera). Cela 211 parte como favorita para os Mestre Mateo 09, os galardóns de cine e de televisión que concede a Academia Galega de Audiovisual. Séguenlle as series de Voz Audiovisual, Matalobos e Padre Casares con dez e nove candidaturas respectivamente. A longametraxe de Continental, Galadas conta con oito candidaturas, entre as que destaca a de mellor película e a interpetación de Celso Bugallo. Nesta edición presentáronse 101 producións, un 30% menos que no ano anterior o que demostra o descenso da produción audiovisual. O presidente da Academia, Xosé Manuel Olveira “Pico”, asegurou que “se nota a crise, aínda que o sector das artes sempre está en crise”. Ademais, nos vindeiros días poñerase en marcha a semana do audiovisual galego para dar a coñecer as producións finalistas antes da gala que este ano terá lugar en Narón.

Finalistas dos premios Mestre Mateo 09.
Ligazóns