Novas | 2481 a 2490 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/03/2010
A Academia do Audiovisual achegalle á sociedade os candidatos aos Mestre Mateo

Non son só os premios do Audiovisual Galego, senón que os Mestre Mateo son unha oportunidade para coñecer os traballos que se fixeron no noso país durante o ano anterior. Por iso, a Academia Galega do Audiovisual organiza, como actividade paralela á propia gala de entrega de premios (Pazo da Cultura de Narón, 15 de abril), actividades para dar a coñecer os traballos finalistas e a propia actividade audiovisual. Para o primeiro está a Semana do Audiovisual que permitirá proxeccións en 30 localidades (do 5 ao 11 e abril) e, para o segundo están os encontros que os profesionais manterán cos estudiantes para explicarlles o que é a realización ou a dirección de produción. Este ano, o premio Fernando Rey que recoñece a traxectoria dalgún profesional recaeu en Enrique Banet (Santiago, 1941). Ademais de director do Arquivo de Imaxe e Son de Galicia, Bonet ten traballado con director como Patricio Guzmán, Manuel Gutiérrez Aragón ou Basilio Martín Patino. Ultimamente, Banet fundou coa súa muller Mabel Rivera, a produtora especializada en traballos de carácter ambiental e social. . Amplía a nova>>

24/03/2010
Galiciadixital reforza os seus contidos para celebrar os 25 anos da CRTVG

A Compañía da Radio e Televisión de Galicia, é dicir, a TVG e a Radio Galega, cumpre 25 anos. Un cuarto de século que tanto o ente público como a secretaría xeral de Medios celebrarán cunha exposición. A mostra itinerante e interactiva Galiciadixital amplíase para acoller unha mostra fotográfica, un vídeo conmemorativo e aqueles materiais (cámaras, magnetoscopios, mesas de mistura de vídeos ou son...) que serven para ver a evolución tecnolóxica da sociedade galega e da CRTVG. A exposición, que conta cun plató Chroma-Key no que os usuarios poderán emular aos presentadores da televisión, estréase o venres no marco do Xuventude Galicia Net. Despois iniciará unha xira que a levará por 14 localidades galegas e que se poderá seguir e comentar a través das redes sociais. . Amplía a nova>>

22/03/2010
Redondela acurta a duración do festival de curtas con maior participación

Menos é máis. Isto deberon pensar desde oi festival de curtametraxes de Redondela que este ano tiveron que recurtar a programación, malia recibir 50 traballos máis que na anterior edición. ¿Os motivos? A crise económica que reduciu os patrocinios e fixo que o encontro se reduza a 4 días (do 22 ao 25 de abril). Madrid, Barcelona, País Vasco son os lugares dos que recibiron o maior número de traballos e nos que destaca o descenso da presenza galega (só recibiron 5 curtas, cando o habitual era recibir uns quince traballos). Entre as novidades destaca a sección “curtos alternativos”, que aínda está por definir.. Amplía a nova>>

22/03/2010
O Congreso dos Deputados aproba a Lei da Comunicación Audiovisual

Despois de seis anos, o pleno do Congreo dos Deputados aprobou a noa Lei da Comunicación Audiovisual. Un documento que regula a garantía dos dereitos dos ciudadáns, a adecuación dos contidos ao ordenamento constitucional vixente, o regulamento da publicidade, os dereitos e deberes dos operadores de televisión, entre outros. O texto supón tamén a trasposición ao noso ordenamento xurídico da Directiva Europea de Servizos de Comunicación Audiovisual de 2007, e implica a derogación de doce leis e outras cinco con carácter parcial. A lei intégrase no proxecto de reforma audiovisual do Goberno emprendida na lexislatura anterior coa aprobación da lei da radio e da televisión de titularidade estatal e complementanda coa lei de fianciamento da Corporación RTVE. . Amplía a nova>>

22/03/2010
O Xurado de Play DoC premia ex-aequo a Sweetgrass e Snaya y Pardal

“Todos os títulos premiados expresan a vitalidade do documental contemporáneo, a súa enorme riqueza lingüistica e a súa capacidade para implicar ao público”, así recoñecía o xurado de Play DOC o bo momento que vive o documental. Algo que se confirmou nos 7.000 espectadores que tivo o certame nesta edición. O xurado fixo que as producións Sweetgrass e Snaya y Pardal compartisen o primeiro premio desta edición. Na categoría galega Alberte Pagán gañou o premio con Tanyaradzwa.. Amplía a nova>>

18/03/2010
Un taller audiovisual abre o programa Creativa 2010

“O retrato filmado #02, o retrato memoria” é o nome co que se inicia Creativa 2010, o programa de creación transfronteiriza con base cultural no que traballa tanto Agadic como a Direccão Regional de Cultura do Norte. Esta primeira actividade intégrase dentro da programación de Play-DOC, o festival de documental de autor que se desenvolve estes días en Tui e supón tanto proxeccións (película colectiva Ida e volta) como concertos (o grupo portugués La Batida). Outras iniciativas que se integran dentro de Creativa 2010 son o Festival de Cans (O Porriño), o I Foro Galego-Portugués de Clown e Novo Circo (A Estrada), a exposición Camiño Sonoro (Ourense), accións de danza en Pontevedra ou unha nova edición do foro empresarial sectorial como o que se desenvolveu no outono pasado en Vigo.. Amplía a nova>>

17/03/2010
Feijóo confirma os prazos da Cidade da Cultura para este Xacobeo

Tal e como estaba xa anunciada, neste ano 2010, abriranse a biblioteca, o arquivo e o edificio de servizos centrais da Cidade da Cultura. Así o corroborou onte no Parlamento o presidente, Alberto Núñez Feijóo, no marco do debate sobre o Estado da Autonomía. Unha primeira sesión na que non se fixo ningunha mención ao sector audiovisual (si á modificación da Lei da CRTVG que xa iniciou o seu traballo) malia que é declarado estratéxico por lei. Pola súa banda, na sesión de hoxe, o BNG solicitou a retirada do Decreto do Plurilingüismo alén de denunciar os descensos dos orzamentos de normalización lingüística (nun 20%) e políticas culturais (15%). Pola súa banda, os socialistas volveron demandar que se defina a política cultural dun departamento ao que cualificaron de “surrealista”. . Amplía a nova>>

17/03/2010
Luís Tosar presenta Os Crebinsky, o seu último filme

Miguel de Lira, Sergio Zaerreta e Luis Tosar protagonizan Os Crebinsky, unha produción integramente galega que se presentou oficialmente onte en Lugo. O proxecto, producido por Zircozine (produtora que teñen Tosar e Farruco) contará cunha estrea peculiar, xa que contará a proxección con actuacións en vivo da banda dos Crebinsky que intepretará a banda sonora da película e na que Tosar participará de xeito intermitente. Unha particular estratexia de promoción coa que pretenden “facer ruído”, en palabras de Tosar, para poder chamar a atención das distribuidoras e o filme poida verse en salas no outono.. Amplía a nova>>

17/03/2010
Clase de pilotos

O IES Audiovisual de Vigo é o ultimo centro educativo en materia audiovisual en saír á escena no noso país. E os alumnos do centro presentan hoxe dous capítulos piloto para series e ficción que poñen a disposición de produtores e televisións para o seu desenvolvemento. A Clínica narra as aventuras dun grupo de científicos dirixidos polo estravagante Dr. Álvarez, mentres que Os clocló é unha peculiar familia que ten a súa peculiar receita contra a crise: vivir a conta do resto. As dúas se0ries, das que te ofrecemos un adianto, son a carta de presentacion da nova fornada de creadores. . Amplía a nova>>

17/03/2010
Historias do real

Son dúas das referencias do documental contemporáneo. Dunha banda, Jay Rosenblatt (Nova York, 1923), creador con estilo propio que ten unha capacidade particular para contar historias a través de imaxes de arquivo; da outra, Raymond Depardon (Villefranche-sur-Saône, 1942), fotógrafo membro da Axencia Magnum que chega ao documental na procura dun traballo directo, honesto que se vai convertendo máis plástico e estético co paso do tempo. Os dous estarán presentes na VI edición do Play Doc que arrinca hoxe en Tui.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org