Novas | 2471 a 2480 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

08/04/2010
Increméntase a contía das axudas automáticas do sector audiovisual

O DOG publica hoxe unha nova liña de axudas para o sector audiovisual. Trátase das axudas á produción e desenvolvemento de contidos interactivos. Canda estas, segundo remite Agadic, mañá sairá publicadas as axudas a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais. Unha liña que incrementa a súa contía nun 30%, pasando de 600.000 a 800.000 euros. Estas subvencións, de concesión automática ata esgotar a contía total reservada, están suxeitas ademais ao marco comunitario aplicable ás axudas destinadas a facilitar o acceso ao financiamento das empresas en situación de crise.. Amplía a nova>>

08/04/2010
Ernesto Chao recibe o premio de honra do Festival de Cans

O Pedrigre´10, premio que concede o Festival de Cans, recoñece na súa sétima edición ao actor Ernesto Chao pola súa ampla traxectoria e o compromiso coa profesión. O encontro recibiu este ano preto de 100 curtas e 30 videoclips de produción galega do que sairá a sección oficial do encontro que terá lugar do 19 ao 22 de maio. O actor Víctor Fábregas e o veciño Moncho, do Bar Moncho, reciben os chimpíns de prata polo seu apoio ao festival. . Amplía a nova>>

08/04/2010
123 curtas competirán nun Curtocircuito que homenaxe a Cuba, Rohmer e o cine fantástico

Malia que se adiantou cinco meses no calendario, a sección oficial de Curtocircuito recibiu maís de dúas mil curtametraxes das que só 123 pasaron a peneira do xurado e competirán polos premios desta edición. Un encontro que se ano contará cunha retrospectiva de Eric Rohmer, unha escolma de curtas de cine fantástico e as mellores curtametraxes do país convidado, Cuba. No aspecto formativo, esta edición de Curtocircuito ofrece, baixo a tutela de Juan Lesta e Belén Montero, un obradoiro para aprender unha forma de animación baseada na técnica stop-motion. O curso, Paleta Gráfica Codeco está dirixido a profesionais e estudantes e ten aberto o prazo de inscrición.. Amplía a nova>>

07/04/2010
O Festival de Cine de Ourense exhibe filmes de temática femenina

“Unha ferramenta máis para visibilizar o papel da muller na sociedade actual”. Estes son, en palabras de Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense, os obxectivos do ciclo 4 miradas de muller. Unha iniciativa pola que se proxectarán nas salas Cinebox as películas A muller sin piano, O club da Calceta, Miss Culag e Séraphne. Ao encontro, que este ano celebra os seus 15 anos de vida, xa se presentaron máis de 300 películas para a sección oficial. Ademais, esta é unha das iniciativas coas que o festival pretende estender a súa programación ao resto do ano.. Amplía a nova>>

05/04/2010
As mulleres cineastas debaterán en Santiago a desigualdade no seu traballo

Só un 7% dos directores de cine en España son mulleres, un 15% guionistas e un 20% produtoras. Estas cifras evidencian a desigualdade que se vive no sector audiovisual. Como solucinalo é o obxectivo do Encontro Internacional “Mulleres do Audiovisual Europeo” que organiza a Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais (CIMA) entre o 5 e o 7 de maio en Santiago. Foros de debate, mesas redondas son algunhas das actividades deste encontro ao que asistirán unhas corenta ponentes como Isabel Coixet e Iciar Bollaín e que contará con destacada presenza galega. . Amplía a nova>>

31/03/2010
Prodúcese o último apagado da televisión analóxica que afectará a un millón de galegos

En plena Semana Santa, 76 concellos da provincia de Pontevedra e Lugo serán os últimos en incorporarse ao plan de encendido dixital que comezou no 2008 coa experiencia piloto da Fonsagrada. En total, serán un millón de galegos os que pasen polo último tramo que inaugura unha nova etapa na historia da televisión. O 3 de abril é o día fixado polo goberno central para o cese das emisións analóxicas polo que a Secretaría Xeral de Medios da Xunta leva meses desenvolvendo un programa de desconexión e información co fin de chegar ao 100% da cobertura co novo sistema.. Amplía a nova>>

31/03/2010
Convocadas as axudas a produción de curtametraxes en galego

Tal e como estaba anunciado, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de convocar as axudas a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega. En total destinarán 200.000 euros (a mesma cifra que na convocatoria anterior) a financiar curtametraxes en soporte cinematográfico, de animación, innovadoras ou experimentais e videoclips. Pódense presentar a esta convocatoria produtoras independentes ou empresas discográficas legalmente constituídas. O texto establece ademais, que lle compte ao presidente do consello de dirección da AGADIC ditar a resolución da concesión da subvención.. Amplía a nova>>

30/03/2010
A Unión de Actores premia a interpretación de Cela 211

O traballo de Luis Tosar en Cela 211 acaba de sumar un novo recoñecemento ao seu xa amplo palmarés. É o que lle concederon o seus propios compañeiros de profesión reunidos na Unión de Actores. Canda a interpetación de Tosar no filme coproducido por Vaca Films, Carlos bardem e Alberto Ammann recibiron os premios de mellor actor secundario e mellor actor revelación, respectivamente. O premio que recoñecía a interpretación feminina foi para Lola Dueñas polo seu traballo en Eu, tamén. . Amplía a nova>>

29/03/2010
Un ciclo de cine galego no Bafici, no que compite Auga fría de mar

Despois dun intenso percorrido por festivais, chega a Bos Aires Auga fría de mar, a coprodución de Tic Tac que compite na sección oficial do Festival de Cine de Bos Aires, Bafici (que se desenvolverá do 7 ao 18 de abril). Canda este título, o cine galego terá abondosa representación grazas a un ciclo especial que o Centro Galego de Artes da Imaxe leva á capital arxentina para dar a coñecer as producións audiovisuais feitas en Galicia.. Amplía a nova>>

29/03/2010
A Xunta pretende que o Consorcio Audiovisual se reactive en abril

“O reto é que na semana que se entreguen os Mestre Mateo o Consorcio Audiovisual Galego xa esté en marcha”. Apuntou Alfonso Cabaleiro, na presentación da gala de entrega dos premios do audiovisual. Pero para que iso esté listo queda un trámite administrativo farragoso de por medio: a aprobación e actualización de numerosos decretos (a lei do audiovisual incluída) que posibiliten o que o goberno leva meses apuntando, que o Consorcio Audiovisual será a “fiestra única” do sector. A súa reactivación (leva máis de tres meses sen director e sen persoal) depende do encaixe xurídico e administrativo, así como a aprobación da Lei Xeral do Audiovisual estatal, que foron adiando o seu novo rumbo. Ademais, Cabaleiro anunciou que xa se enviaron ao DOG as axudas para o sector audiovisual que inclúen, como novidade, que as series de animación están dentro das subvencións a producións ou coproducións audiovisuais; así como que este ano tamén se recuperará a rehablitación das liñas de axudas a través do IGAPE. Cabaleiro tamen avanzou que a AGADIC será quen convoque as subvencións, pero que espera que se resolvan baixo o amparo do Consorcio. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org