O traballo de Luis Tosar en Cela 211 acaba de sumar un novo recoñecemento ao seu xa amplo palmarés. É o que lle concederon o seus propios compañeiros de profesión reunidos na Unión de Actores. Canda a interpetación de Tosar no filme coproducido por Vaca Films, Carlos bardem e Alberto Ammann recibiron os premios de mellor actor secundario e mellor actor revelación, respectivamente. O premio que recoñecÃa a interpretación feminina foi para Lola Dueñas polo seu traballo en Eu, tamén.