Cela 211 segue sumando premios mentres agarda polos Goya

A asociación de críticos latinoamericanos premiou a interpretación de Tosar

15/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A película producida por Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar e Luis Zahera,Cela 211, segue a sumar premios. A Asociación de críticos latinoamericanos de Nova York acaba de outorgar os seus premios a Luis Tosar, e á Carlos Bardem polas súas interpretacións na película dirixida por Daniel Monzón. O filme é un dos máis taquilleiros da produción española e leva recadado máis de 10 millóns de euros (6.288.206 segundo a web do Ministerio de Cultura). Ademais, é a gran favorita para os premios Goya con 16 candidaturas e que se resolverán o vindeiro 14 de febreiro en Madrid.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luis Zahera, Premios Goya, Ministerio de Cultura, Vaca Films...