15/04/2010
O desenvolvemento de contidos para dipositivos móbiles centra o Cartoon Dixital
É o gran seminario de formación dixital que imparten profesionais de recoñecido prestixio (produtores e directores de estudio, de desenvolvemento, de animación 3D, canles de empresas como Disney, Youtube ou Google) e no que asistirán uns 80 profesionais europeos. O Cartoon Forum centrarse nos últimos avances en animación dixital pensado para plataformas móbiles. A cita, organizada pola Asociación Europea de Filmes de Animación e a Xunta, terá lugar do 20 ao 22 de abril no Hostal dos Reis Católicos (Santiago)..
Amplía a nova>>
15/04/2010
A Navalla Suíza gaña en Cannes un certame de novas experiencias de video na rede
Xeoposicionamento, realidade aumentada e cine. Esta innovadora mestura levou á empresa
A Navalla Suiza (desenvolvedora de Flocos ou Eufalo.tv) a gañar o certame Content 360º na categoría de
Next Generation Online Video Experiencie que se desenvolve no MIPTV de Cannes, o mercado de televisión máis destacado de Europa. O premio consiste en asinar un contrato co National Fim Board para desenvolver o proxecto que chamaron
Candian Augmented Films, que é unha aplicación para móbiles e web que permite relacionar os edificios, prazas e lugares físicos coas películas que se rodaron nel e ter, polo tanto, unha experiencia e implicación diferente co mundo no que nos movemos..
Amplía a nova>>
15/04/2010
O Festival de Ourense repite a experiencia de achegar os escolares ao cinema
Naceu co obxectivo de incentivar a utilización do galego, das novas tecnoloxías e facer pequenos proxectos audiovisuais entre os escolares. Pero, ademais, é unha das iniciativas para achegar ao ámbito educativo o Festival de Cine de Ourense (Ouff). Por iso, o OUFF Escola terá unha segunda edición e, como novidade, está aberto tamén á zona do Bierzo, onde o galego é materia optativa. Todos os proxectos audiovisuais que se presenten a este certame deben ser enviados antes do 15 de maio..
Amplía a nova>>
15/04/2010
A Academia do Audiovisual entrega esta noite os premios Mestre Mateo
O sector audiovisual galego ten hoxe unha festa en Narón. Ás 22:00 horas (TVG comezará a emitir ás 22:36) dará comezo a festa dos premios Mestre Mateo que, ademais de premiar as mellores producións feitas en Galicia no 2009, celebrará os 25 anos da creación da CRTVG. Presentada polo humorista Xosé Antón Touriñán, contará coa presenza especial de Xosé Ramón Gayoso e Enrique Banet (galardoado co premio de honra Fernando Rey) que compartirán o protagonismo dos gañadores nas 25 categorías coas que conta o certame. Entre as favoritas destaca
Cela 211, con quince candidaturas, seguida das series de Voz Audiovisual
Matalobos e
Padre Casares con dez e nove, respectivamente. .
Amplía a nova>>
14/04/2010
Estratexia para animar libros
Traballan con historias, son empresas editoras pero buscan novo futuro para esas creacións. Despois de tímidos intentos, Oqo e Galaxia dan o salto ao mundo audiovisual, iso si, sen perder o referente do libro. .
Amplía a nova>>
13/04/2010
As curtas gañadoras en Cans serán preseleccionadas para os premios Goya
Para ser preseleccionado para os premios Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción é requisito “sine qua non” ter gañando nalgún festival recoñecido pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Pois ben, os gañadores do festival de curtas de Cans (Porriño) cumpren con ese requisito xa que a Academia acaba de recoñecer a este encontro organizado pola Asociación Cultural Arela. Segundo unha nota de prensa remitida polo festival de Cans, afirman que “esta decisión garante a presenza de curtas galegas na preselección ao máximo galardón do cine español, xa que todas as creacións a concurso no Festival de Cans son producións galegas”..
Amplía a nova>>
13/04/2010
A peregrinación a través do cine
“Son moitos os motivos que levan a emprender unha viaxe: propostas, retos persoais, crenzas relixiosas, promesas ou buscas interiores”. Así reza o cartel de “Camiños”, o último ciclo de cine programado pola Fundación Caixa Galicia. Unha iniciativa que pretende recuperar a ollada de cineastas como Sean Penn (máis coñecido pola súa faceta de actor), Jean François Castell, Wes Anderson ou Zhang Yimou. O ciclo conta con 8 filmes que se proxectarán en versión orixinal (subtitulada en castelán) nas diferentes sedes que a entidade ten por toda Galicia. Unha proposta cinematográfica para celebrar o Xacobeo 2010..
Amplía a nova>>
13/04/2010
Lugopress repasa a historia “extravagante” de Galicia en 240 curtametraxes
O estradense que inventou a primeira calculadora do mecánica do mundo (e que agora está no museo do IBM) ou o primeiro coche que houbo en Arxentina e que foi construído por un galego. Estes son algúns dos contidos de
Calendario extravagante, o proxecto audiovisual da produtora Lugopress coa que pretende facer unha historia de Galicia a partir de feitos e persoeiros descoñecidos, excéntricos, raros ou extravagantes. En total gravaranse 240 microrreportaxes que se emitirán diariamente na TVG a partir do 3 de xaneiro de 2011. .
Amplía a nova>>
12/04/2010
A hora do audiovisual
Chega para converterse na pedra angular da política audiovisual da Xunta. O Consorcio Audiovisual será o organismo único que xestione as competencias do sector audiovisual, pero leva meses de retraso. Parece que será neste mes de abril cando se poña a andar e atoparase cun sector en crise cun futuro incerto. .
Amplía a nova>>
09/04/2010
Unha delegación galega acudirá ao mercado da televisión de Cannes
Amparadas baixo o “paraugas” do Clúster Audiovisual Galego, Filmanova, Voz Audiovisual, Perro Verde Films, Ficción Producciones, Filmax e a Televisión de Galicia acudirán o vindeiro luns a unha nova edición do MIPTV, ou o que é o mesmo, o mercado dos formato e produtos para televisión. Un encontro que se desenvolve no Palais des Festivals de Cannes e que contará coa participación de 15.000 profesionais de todo o mundo. A cita é imprescinble para facer contactos de vendas e de compras..
Amplía a nova>>