Novas | 2451 a 2460 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/04/2010
Bota a andar o remodelado Consorcio Audiovisual de Galicia

Co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, como presidente e co Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, como vicepresidente do Consorcio Audiovisual de Galicia ponse fin a unha das polémicas do bipartido pola división de competencias nesta materia. O novo consorcio mantén na súa composición a administración autonómica (como novidade, incorpórase a consellaría de Traballo) e a local, a través das deputacións, e buscará a implicación do sector a través das “comisións asesoras”. A nova etapa do Consorcio botou a andar hoxe coa aprobación dos novos estatutos e o nomeamento de Anxo Quintanilla como director-xerente. Un nomeamento que chega, como o propio Cabaleiro asegurou, “escoitado o sector”. . Amplía a nova>>

23/04/2010
O programa Media concede unha axuda ao desenvolvemento do documental Querida Gina

Cincuenta anos despois de que dous amigos de Cans (Pontevedra) actuaran de extras nunha película protagonizada por Gina Lollobrigida Salomón y la reina de Saba mentres facían o servizo militar, deciden revisitar as lugares da rodaxe. Esa viaxe, que tamén os leva a Italia a coñecer a Gina Lollobrigida, servirá a Susana Sotelo para filmar un documental (Querida Gina) que contará o inicio da época do chamado Hollywood Español. O documental, producido por Artemática, acaba de recibir unha axuda a desenvolvemento do Programa Media e está en fase de busca de financiamento. . Amplía a nova>>

23/04/2010
Documenta Madrid selecciona un documental galego na súa sección competitiva

É unha das grandes citas co documental en toda España, chámase Documenta Madrid e no seu programa só hai un título galego. Chámase American Greyhounds e dá voz aos usuarios desta liña de autobuses de Estados Unido para preguntarlles sobre o soño americano. Moncho Fernández, Mario Arangures e Héctor Muniente son os tres autores deste traballo que foi selecionado na categoría competitiva de entre máis de mil traballos. A cita terá lugar en Madrid do 7 ao 16 de maio. . Amplía a nova>>

23/04/2010
Convocadas as axudas a promoción do talento audiovisual galego

É a liña de subvencións destinadas a facer que agromen novos creadores audiovisuais en Galicia, así como promover o uso de novas estéticas narrativas ou experimentais. Hoxe sae no DOG unha nova convocatoria desta liña de axudas para a escrita individual de guións, a realización de curtametraxes dixitais e/ou experimentais, así como longametraxes dixitais. Os particulares pódense presentar a esta liña de axudas que ten un orzamento de 300.000 euros.. Amplía a nova>>

22/04/2010
Comeza hoxe en Redondela a sexta edición do seu festival de curtametraxes

Coa presenza de Xavier Deive e Fernando Morán, actores da serie Matalobos, máis a actuación do grupo Beatus Ille arrinca esta noite en Redondela a sexta edición do seu festival de curtametraxes. Un encontro que conta con 16 finalistas que optan ao premio do xurado (dotado con 1.000 euros) e do público (500 euros). Este ano a cita redúcese a catro días e os organizadores alertaron do descenso de traballos galegos presentados nesta edición.. Amplía a nova>>

21/04/2010
Óliver Laxe presenta a súa primeira longametraxe na Quincena de Realizadores en Cannes

“Hoxe é o día máis grande do audiovisual galego”. As redes sociais fervían onte ante a publicación oficial de que o realizador coruñés, Oliver Laxe (París, 1982), participará na Quinzaine des Réalisateurs na que dá acubillo a novos talentos que agroman na diversidade cinematográfrica e no que Óliver é o único español seleccionado. Neste certame, organizado pola Societé des réalisateurs de films en Cannes, de xeito paralelo e independente ao prestixioso festival de cinema, participaron no seu momento Ken Loach, Manoel de Oliveira, Costa ou Francis Ford Coppola. Laxe presentará a súa primeira longametraxe Todos vós sodes capitáns que el dirixiu, produdiu e protagonizou. Un traballo de baxísimo orzamento que foi rodada en Marruecos que abre, pola porta grande, o seu paso por festivais. A cita, na localidade francesa, será do 12 ao 23 de maio.. Amplía a nova>>

19/04/2010
Adíase o Cartoon Dixital polas restricións do espazo aéreo europeo

Era un seminario de formación dixital que ía xuntar en Santiago a especialistas de diferentes partes do mundo. Pero as cancelacións de voos en toda Europa por mor das restriccións do espazo aéreo provadas cinzas do volcán Eyjafjalla, obrigou aos organizadores a adiar a cita. Segundo unha nota de prensa remitida pola Xunta, patrocinadora deste encontro, a cita non se suspende, senón que se adía, malia que non precisou as novas datas. . Amplía a nova>>

19/04/2010
As televisión públicas autonómicas seguirán emitindo publicidade

Os directores xerais das televisión públicas reunidas na FORTA (Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos) reuníronse a semana pasada en Santigo. Unha xuntanza na que acordaron, entre outras cousas, que as televisión autonómicas seguirán emitiendo publicidade. Xunto ao anuncio lanzaron unha menaxe ás televisión privadas (reunidas en Uteca) advertíndolles que están a elaborar “unha estratexia de grave e continua manipulación que persigue o desprestixio e a desaparición dos operadores autonómicos”.Para a FORTA han de ser os anunciantes os que decidan en que soportes sitúan as súas menaxes comerciais, dentro das alternativas que permita lexislación vixente. . Amplía a nova>>

19/04/2010
Alfonso Cabaleiro: “a política audiovisual virá marcada pola TVG, a internacionalización e a comercialización”

Nunca a reforma do sector audiovisual foi tan complexa e profunda como a actual. Por iso, Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, acaba de capitanear o reto de mudar a televisión analóxica, a de toda a vida, pola dixital. Con esta fronte aínda sen pechar e non exenta de problemas, a batalla continúa coa reforma lexislativa para a comunicación pública máis profunda da súa existencia: a lei do audiovisual, a da CRTVG, a de publicidade institucional. E para todo isto, Cabaleiro pide diálogo, consenso e unificación nesta entrevista.. Amplía a nova>>

16/04/2010
Cela 211 arrasa nos premios Mestre Mateo con dez estatuíñas

Mellor longametraxe, dirección de produción (Alicia Tellería), actor protagonista (Luis Tosar), actor de reparto (Luis Zahera), guión, montaxe (Mapa Pastor)…. así ata en dez ocasións subiu ao escenario o equipo de Cela 211. Foi a gran vencedora dunha noite na que Matalobos se impuxo a Padre Casares con tres estatuíñas entre as que figura mellor serie, mellor actriz de reparto (Camila Bossa) e realización (compartido ex aequo con O nordés). A gala, emitida en falso directo pola TVG, transcurriu entre as reivindicacións dos premiados e a homenaxe aos vinte e cinco anos da televisión pública.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org