Cincuenta anos despois de que dous amigos de Cans (Pontevedra) actuaran de extras nunha pelÃcula protagonizada por Gina Lollobrigida Salomón y la reina de Saba mentres facÃan o servizo militar, deciden revisitar as lugares da rodaxe. Esa viaxe, que tamén os leva a Italia a coñecer a Gina Lollobrigida, servirá a Susana Sotelo para filmar un documental (Querida Gina) que contará o inicio da época do chamado Hollywood Español. O documental, producido por Artemática, acaba de recibir unha axuda a desenvolvemento do Programa Media e está en fase de busca de financiamento.