Non son só os premios do Audiovisual Galego, senón que os Mestre Mateo son unha oportunidade para coñecer os traballos que se fixeron no noso paÃs durante o ano anterior. Por iso, a Academia Galega do Audiovisual organiza, como actividade paralela á propia gala de entrega de premios (Pazo da Cultura de Narón, 15 de abril), actividades para dar a coñecer os traballos finalistas e a propia actividade audiovisual. Para o primeiro está a Semana do Audiovisual que permitirá proxeccións en 30 localidades (do 5 ao 11 e abril) e, para o segundo están os encontros que os profesionais manterán cos estudiantes para explicarlles o que é a realización ou a dirección de produción. Este ano, o premio Fernando Rey que recoñece a traxectoria dalgún profesional recaeu en Enrique Banet (Santiago, 1941). Ademais de director do Arquivo de Imaxe e Son de Galicia, Bonet ten traballado con director como Patricio Guzmán, Manuel Gutiérrez Aragón ou Basilio MartÃn Patino. Ultimamente, Banet fundou coa súa muller Mabel Rivera, a produtora especializada en traballos de carácter ambiental e social.