11/11/2010
A Academia Galega do Audiovisual busca o lado positivo da crise
Transforma a crise en oportunidade. Isto é o que pretende a Academia Galega do Audiovisual a través dunha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión, e baixo a coordinación de Manolo González, o encontro pretende falar de novas formas de finaciamento, do aproveitamento das potencialidades de Internet para explotar e difundir obras audiovisuais e ver como lle afecta este contexto aos creadores. Tres xornadas (do 16 ao 18 de novembro) que se desenvolverán na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, e que se integran dentro do programa paralelo de actividades de Cineuropa. O produtor independente Luis Miñarro, o especialista en cine dixital Jorge Carrasco e o creador Albert Serra son algúns dos participantes deste encontro..
Amplía a nova>>
10/11/2010
As imprescindibles
Vaia por diante que é unha selección persoal de Jose Luis Losa, director artístico de Cineuropa, nesta edición. Son seis títlos que considera necesarios para coñecer a esencia deste ano. .
Amplía a nova>>
09/11/2010
Pilar López de Ayala e Óliver Laxe, premios Cineuropa
“Hai unha línea máxica de conexión entre Cineuropa (Festival de Cine de Santiago) e Pilar López de Ayala, actriz que stivo presente noutras edicións a través de numerosas peliculas, algunhas delas doutros premiados como José Luís Guerín ou Manuel de Oliveira” afirmaba Jose Luís Losa, director artítico de Cineuropa ao anunciar os premiados desta edición. Canda ela, o outro premiado é o galego Óliver Laxe, que regresa ao festival para presentar “Todos Vós sodes capitáns” (no 2009 presentou un avance do filme) co que foi galardoado co Fipresci, premio da crítica da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. A cita co cinema comeza mañá, mércores 10, coa proxección de
Neds, cuncha de Ouro en San Sebastián. .
Amplía a nova>>
08/11/2010
Martin Sheen e Emilio Estévez presentan en Santiago o seu filme sobre o Camiño
“Tiñamos unha boa historia universal, tiñamos as estrelas (Emilio Estévez e Martin Sheen) e a produtora (Fílmax) para poñer en marcha este proxecto”. Así de claro foi Julio Fernández, produtor do filme que se estrea esta noite en Santiago (Teatro Principal, 19:30 photocall, 20:00 proxección). Na rolda de prsentación previa á premiere Emilo Estévez, director do filme, e o seu pai, Martin Sheen, eloxiaron a vivencia e emoción do camiño de Santiago. O filme chegará as carteleiras o vindeiro día 19 e conta a historia dun oftalmólogo que decide facer o camiño de Santiago, logo de descubrir que o seu finado fillo tiña a intención de facelo. .
Amplía a nova>>
08/11/2010
Luís Tosar opta aos Premios de Cine Europeo
O papel de Malamadre na premiada
Cela 211 (Vaca Films, 2009) pódelle valer a Luís Tosar un novo premio. O actor lucense é candidato aos Premios de Cine Europeo na categoría de mellor actor, que concede a Academia de Cine Euroeo. Compite con Ewan McGregor por
O escritor, Elio Germano por
La nostra vita e Geroge Pistereanu por
If I want to whistle, I whistle. O resultado saberase o vindeiro 4 de decembro en Tallín (Estonia) nunha gala. .
Amplía a nova>>
08/11/2010
O ICAA concede a Galicia case tres millóns de euros para promover o cinema en galego
En virtude da coñecida Lei do Cine (a lei 55/2007 de 28 de setembro) creouse un fondo para a protección e fomento do cinema nas linguas cooficiais. A semana pasada, o Boletín Oficial do Estado publicou os convenios que o ICAA, o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, asinou coas diferentes comunidades a este fin. A Galicia chegarán, a través da consellaría de Cultura, 2.826.865,69 euros, case a metade do que o ICAA destina a Cataluña a través do ICIC (Instituto Catalán de Industrias Culturais) con 4.587.751,31 euros. Benefícianse deste fondo Navarra 143.652,00 euros e Valencia con 1.564.731,00 euros. .
Amplía a nova>>
03/11/2010
Entre o cinto apretado e a incerteza
Para alén da efectista substitución da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura por outra centrada na industria editorial, a presentación dos orzamentos da Consellaría de Cultura que fixo onte no Parlamento Roberto Varela, deu para moito máis. A Cultura enfróntase o vindeiro ano a un recorte de fondos considerable, no entanto, fica por ver como se desenvolve a execución real dunhas contas que deixan no ar moitas cuestións importantes..
Amplía a nova>>
02/11/2010
O filme O mensaxeiro gaña o VIII Festival Amal
O pasado sábado entregábanse os premios do VIII Festival de cine árabe Amal. Nesta ocasión, o iraniano Sharham Alidi levou o premio ao mellor filme coa obra
Whisper in the wind (O mensaxeiro), cuxo protagonista, Omar Chawshin, foi considerado mellor actor. O público, pola súa banda, seleccionou
Mashi, Trasi que Trasi, de Eduardo Alter, como obra preferida. Na categoría de mellor actriz foron escolleitas de xeito colectivo Hafsia Herzi, Sondos Belhassen e Wassila Dari polo seu traballo en
Buried Secrets (Secretos Enterrados).
My Ragdoll de Shereen Ghieth foi considerada a mellor curtametraxe documental, mentres na categoría de ficción impúxose
C’est Dimanche de Samir Guesmi. Elia Suleiman e Michel Khleifi compartiron o premio ao mellor director..
Amplía a nova>>
02/11/2010
Cultura creará unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da Consellaría de Cultura. O departamento será substituído pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se dedicará á promoción das industrias culturais do país..
Amplía a nova>>
28/10/2010
A película sobre o Camiño de Santiago presentarase en Santiago e Madrid
O Teatro Principal de Santiago acollerá o vindeiro luns 8 de novembro a estrea en Galicia de
The Way, a película sobre o Camiño de Santiago protagonizada por Martin Sheen e dirixida por Emilio Estévez. Lonxe está aquela idea inicial de Julio Fernández, responsable de Fílmax e unha das produtoras da estrea, de facer unha proxección no Obradoiro. Dous días despois, o 10, o equipo trasladarse a Madrid para facer alí a presentación antes de que chegue á carteleira o vindeiro 19 de novembro. O filme estreouse no festival de cine de Toronto e contou co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo e da Xunta a través de Semprecinema.
.
Amplía a nova>>