A película sobre o Camiño de Santiago presentarase en Santiago e Madrid

O filme está protagonizada por Martin Sheen e dirixida por Emilio Estévez

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Teatro Principal de Santiago acollerá o vindeiro luns 8 de novembro a estrea en Galicia de The Way, a película sobre o Camiño de Santiago protagonizada por Martin Sheen e dirixida por Emilio Estévez. Lonxe está aquela idea inicial de Julio Fernández, responsable de Fílmax e unha das produtoras da estrea, de facer unha proxección no Obradoiro. Dous días despois, o 10, o equipo trasladarse a Madrid para facer alí a presentación antes de que chegue á carteleira o vindeiro 19 de novembro. O filme estreouse no festival de cine de Toronto e contou co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo e da Xunta a través de Semprecinema.

Rodada ao longo do Camiño de Santiago nestas datas de 2009, a película narra a historia de Tom Avery, un reputado oftalmólogo que vive en California e un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel faleceu nun temporal nos Pirineos. Desolado, Tom viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo e descubre que Daniel comezara o Camiño de Santiago. Entón, decide facelo por el.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Madrid, Cine, Teatro...