Novas | 2371 a 2380 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

26/11/2010
Dispoñible na rede o filme completo Radiografía dun autor de tebeos

O festival Canariasmediafest acaba de seleccionar na súa sección de documental a obra Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine. O filme adéntrase no proceso creativo de David Rubín, e está dispoñible íntegro a baixa resolución no web do festival. O director do filme fálanos polo miúdo deste proxecto. . Amplía a nova>>

24/11/2010
A Academia Galega do Audiovisual pídelle celeridade ao Consorcio

Xosé Manuel Olveira “Pico”, presidente da Academia do Audiovisual Galego, e Anxo Quintanilla, como director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, mantiveron onte a primeira xuntanza sobre a actividade desta última entidade. Tal e como publica hoxe Xornal , a Academia transmitiulle a lentitude coa que está a traballar o Consorcio malia que insistiron na boa relación entre ambos organismos. . Amplía a nova>>

20/11/2010
Cineuropa en trailers: sábado 20

Despois dunha efectista película (Na onda) baseada no experimento da Terceira Ola, Dennis Gansel situase na estética de series como True Blood ou a saga Crepúsculo en Wir Sind Die Nacht (Wa are the the Night). Unha historia de sedutoras vampirescas na noite berlinesa. A xornada conta tamén cunha nova entrega de documentais sobre artistas contemporáneos no que destaca a ollada sobre a artista lucense Mónica Alonso (Construindo o descanso por Elena López). . Amplía a nova>>

18/11/2010
Cineuropa en trailers: xoves 18

Alejandro Goris trae hoxe a Cineuropa Cancións de pedra, un documental que conta a vida de cinco artistas musicais atrapados polas rúas de Compostela. A visión do sexo de cinco novos realizadores arxentinos compón Cinco. E canda a programación do día, aita, unha nova película producida por Luís Miñarro e dirixida por José María de Orbe. Inclúese na sección que pon o foco nos traballos realizador por este produtor independente. . Amplía a nova>>

17/11/2010
Os emerxentes

Non coinciden na temática pero amosan un espírito inquedo, no que crean sen prexuízos, sen ataduras, rachando cos códigos dominantes, mesturan xéneros, traballos que van dos 3 minutos a ás cinco horas…son a renovación do audiovisual galego. Non forman parte nin da mesma década pero hai quen os chama a “nova xeración”. Non lles importa a etiqueta e viven á marxe de calquera crise, en parte porque case todos autoproducen o seu traballo. Chámanse Óliver Laxe, Marcos Nine, Alberte Pagán, Lois Patiño, Peque Varela…. e os que virán.. Amplía a nova>>

17/11/2010
Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores

A Consellaría de Cultura facía públicos na tarde de onte os Premios da Cultura Galega deste ano. Menchu Lamas nas artes Plásticas, Eduardo Alonso nas escénicas, a Fundación Barrié no apartado de patrimonio, Galaxia como mellor labor de promoción cultural, a Orquestra Sinfónica de Galicia en música e Vaca Films en Creación Audiovisual foron os galardoados con este recoñecemento. A sorpresa da xornada foi o anuncio de Agustín Fernández Paz, recoñecido co premio no apartado das letras, de que renunciaba ao seu galardón. Nun comunicado remitido aos medios, o recoñecido autor lembraba a súa oposición a esta convocatoria e afirmaba que por coherencia, non aceptaba a distinción. Ademais, remitía ao comunicado que a plataforma ProLingua fixo público no pasado mes de outubro e no que reclamaba que non se aceptasen estes premios pola política lingüística da Xunta.. Amplía a nova>>

17/11/2010
Os Popus veñen de Lugo

Despois do éxito internacional de Battle of Puppets a empresa lucense Small Wondes presenta o seu novo videoxogo. World of Popus é un xogo de habilidade no que o usuario de iPad ou iPhone debe dirixir unhas pequenas criaturas asustándoas co seu dedo a través de quince escenarios diferentes. Logo dunhas primeiras críticas positivas, a empresa traballa xa nunha ampliación que sairá a comezos do vindeiro ano, entre outros proxectos. Eduardo Veiga, director deste proxecto, explícanos polo miúdo as súas características e as dificultades do xogo.. Amplía a nova>>

15/11/2010
Tres producións galegas asisten á cita do cine independente español, o Festival Internacional de Xixón

Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe (coa que gañou o Premio Fipresci na Quincena de realizadores de Cannes), Gato encerrado de Peque Varela, e Fantasmas #1 de Ángel Santos son as tres producións que estarán presentes na programación do Festival Internacional de Xixón. É a cita do cinema independente español máis importante do Estado. Dos títulos galegos só o de Óliver Laxe estará na sección competitiva e entre os seus rivais estará Todas as cancións falan de min de Jonás Trueba, fillo do coñecido director Fernando Trueba. O Festival, que comeza o venres, desenvolveráse ata o vindeiro día 27.. Amplía a nova>>

15/11/2010
Cineuropa en trailers: Luns 15

Día breve en Cineuropa. Soamentes seis proxeccións entre as que destaca Elisa K, de Judith Colell e Jordi Cadena. Baseada no conto Elisa Kiseljak de Lolita Bosch, conta a historia duna moza que descobre un terrible feito da súa infancia con 25 anos. Hoxe despídense da carteleira os filmes de de Vinterberg, Paskaljević e os irmáns Duplas.. Amplía a nova>>

12/11/2010
O Culturgal presenta a súa edición máis lusófona

Cos nomes de Galicia.br e Galicia.pt, a nova edición de Culturgal presenta dúas noites temáticas dedicadas aos principais países da Lusofonía. Actuacións de Érika Machado, Kiko Klaus e Carlos Blanco o día 26 e de Deolinda e Budiño o 27, canda á celebración do Foro Creativa, dedicado ao encontro entre industrias culturais das dúas bandas do Miño, marcan a edición máis lusófona do evento. Canda a isto, a organización prepara un programa no que o teatro cobra unha especial relevancia. Actuacións musicais, un espazo para as novas tecnoloxías ou zonas para os máis cativos completan un evento no que está prevista a presenza de preto de medio cento de expositores das diferentes industrias culturais galegas.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org