20/10/2010
Un manifesto pide o mantemento das axudas a desenvolvemento do talento
Era a a liña de axudas que permitía premiar a particulares, non a empresas, que lle daba a posibilidade de desenvolver a súa creatividade. Beneficiouse delas, entre outros, Óliver Laxe, que lle permitiu facer
Todos vós sodes capitáns, coa que gañou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2010. Este ano viron reducidas a súa contía a 300.000 euros, polo que un grupo de profesionais promoveron un manifesto de “Defensa das axudas de talento”. O texto, está colgado no web actodeprimavera.blogaliza.org, pide non só que se manteña esta convocatoria, senón tamén un incremento para chegar a máis beneficiarios. .
Amplía a nova>>
19/10/2010
O xurado do Festival de Sitges concede unha mención especial a Vicenta de IB Cinema
É unha mediametraxe, unha adaptación do clásico Frankenstein en clave de comedia e en stop motion. O traballo
Vicenta de IB Cinema recibiu onte unha mención especial do xurado do Festival de Sitges “pola súa orixinal homenaxe a unha obra maestra do cinema fantástico”.
Vicenta conta coas voces de Santiago Segura, Esperanza Elipe e Marta Poveda. .
Amplía a nova>>
18/10/2010
Un ciclo de proxeccións exhibe as creacións do “novo cinema galego”
Son autores nados a finais dos setenta, a maior parte deles comparten o denominador común de se formar fóra de Galicia. Manteñen unha actitude crítica coa ficción, máis próximos ao documental e unha plasticidade que evidencia que proceden de campos alleos ao cinematográfico. Son o “novo cinema galego” unha etiqueta que lle conceden J. M Sande, Martín Pawley e Xurxo González, os tres directores dun curso homónimo que se desenvolve todos os venres en pontevedra. É aí onde se poderán ver os traballos de creadores como Oliver Laxe, Susana Rei, Ramiro Ledo, Alberte Pagán ou Carlos Alberto Alonso que completarán a proxección cun coloquio. O ciclo desenvólvese na Casa das Campás ata o vindeiro 3 de decembro..
Amplía a nova>>
15/10/2010
Rodrigo Cortés dirixirá a Robert de Niro e a Sigourney Weaver
O seu
Soterrador encandilou a crítica e público no Sundance, non para de colleitar premios (o último, o Méliès d´or ao mellor filme fantástico do ano en Sitges), pero a gran revelación deste 2010, o ourensá Rodrigo Cortés, xa está a preparar o seu seguinte traballo. Chamarase
Red light e contará con Sigourney Weaver, que encarga a unha piscóloga cuxos estudos a levan a investigar a un coñecido parasicólogo, protagonizado por Robert de Niro. Ademais de director, Cortés estrearase como guionista. O filme comezará a rodarse en febreiro en Barcelona (sete semanas) desde onde se trasladarán a Canadá. .
Amplía a nova>>
15/10/2010
A Seminci proxecta en sesións non competitivas tres filmes galegos
Retornos (na sección Punto de encontro),
Cela 211 (no apartado Spanish Cinema) e
A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol conforma a participación galega na Seminci, o festival de cine de Valladolid. O certame sufriu este ano un severo recorte (500.000 euros) no seu orzamento, pero mantese fiel ás súas principais sinais de identidade, desde homenaxear a figuras representativas (este ano Antonio Banderas) ata o de achegar películas diferentes que poucas veces chegan a carteleira tanto no panorama internacional como nacional. Non será o caso das producións galegas xa que
Retornos (Vaca Films) chegará a salas o 23 de outubro e unha semana despois (o 29) estará
A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (Abano e Continental Producións), que se converte no primeiro filme 3D español en estrearse na carteleira..
Amplía a nova>>
13/10/2010
45 filmes proxectaranse no Festival de Cine Euroárabe Amal
A longametraxe palestina
Zindeeq abrirase a oitava edición de Amal. Un festival de cine “necesario” en palabras do seu director, Ghaleb Jaber, co que pretende achegar máis información e coñecemento sobre a cultura árabe. Nesta edición proxectaranse 45 filmes entre o 23 e o 30 de outubro que son unha escolma da cinematografía de países como Xordania, Marrocos, Qatar, Exipto, Francia, Italia Siria ou Líbano. O encontro medra tamén en actividades paralelas que van desde a gastronomía, ata o cinema infantil, o concurso Amal Expess ou o programa Informa. Na súa aposta polas novas tecnoloxías, .
Amplía a nova>>
11/10/2010
A relixiosa portuguesa recibe o Gran Premio Calpurnia do Festival de Cine de Ourense
O xurado concedeu o premio grande ao filme do neoiorquino Eugène Greeen
A relixiosa portuguesa que conta a historia dunha actriz que chega a Lisboa para actuar nunha película e que queda fascinada cunha monxa. O xurado recoñeceu tamén o traballo colectivo de actores do filme dirixido por Jorge Coira,
18 comidas cun galardón especial. De feito, o filme de Coira foi a cita máis valorada polo público, que lle deu o seu premio. No palmarés destaca os galardóns para Maria Tasende polo seu traballo na curta
Illa Pedra, que tamén recibiu o premio Calpurnia na súa categoría. O traballo
A nena que tiña unha soa orella de Álvaro León recibiu tamén o premio á mellor película de animación..
Amplía a nova>>
07/10/2010
Os festivais sacan peito
En España hai recoñecidos uns 381 festivais de cinema. Pero non todos son iguais porque hai mostras, encontros, xornadas, semanas… “Hai espazo para todos eles pero non han de apoiarse da mesma maneira” asegura Enrique Nicanor, director do Festival de Cine Independente de Ourense e coordinador dunha mesa redonda que debatía para que serven e como se financian este tipo de encontros. A necesidade dunha política audiovisual definida no caso dos festivais, a implicación da administración e a profesionalización destas citas foron algunhas das principais ideas apuntadas..
Amplía a nova>>
07/10/2010
O vendedor do ano de Coté Soler, preseleccionado para os Óscars
O galego Coté Soler está moi curtido no ámbito audiovisua. Traballou con Pedro Almodóvar, Miguel Bardem ou Daniel Monzón como actor, pero ten tamén feito traballos como produtor, músico e director. Precisamente esta última faceta súa pode levalo a Los Angeles, á gala dos premios Óscar. A súa segunda curtametraxe,
O vendedor do ano, acaba de pasar a primeira peneira para os óscar. Malia que non o saberá ata o 25 de xaneiro, o seu traballo continúa a trunfar en todos os certames nos que se presentou. A historia conta o enfrontamento entre un xefe e o seu traballador ao que lle vai anunciar o seu despedimento. .
Amplía a nova>>
07/10/2010
O Festival de Cine de Ourense rende homenaxe ao actor Abelardo Pérez Gabriel
Ademais de actor, Abelardo Pérez estivo moi vencellado ao Festival de Cine de Ourense (OUFF). Por iso, non era de extrañar que este certame lle dedicara unha homenaxe logo da súa morte a principios de xuño. O OUFF concedeulle o premio
Toda unha vida a título póstumo cunha mesa redonda na que estaban familiares, a súa representante e outros profesionais que lembraron a quen foi coñecido na pequena pantalla nas series
Libro de familia e
Ao saír de clase..
Amplía a nova>>