08/11/2010
O ICAA concede a Galicia case tres millóns de euros para promover o cinema en galego
En virtude da coñecida Lei do Cine (a lei 55/2007 de 28 de setembro) creouse un fondo para a protección e fomento do cinema nas linguas cooficiais. A semana pasada, o Boletín Oficial do Estado publicou os convenios que o ICAA, o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, asinou coas diferentes comunidades a este fin. A Galicia chegarán, a través da consellaría de Cultura, 2.826.865,69 euros, case a metade do que o ICAA destina a Cataluña a través do ICIC (Instituto Catalán de Industrias Culturais) con 4.587.751,31 euros. Benefícianse deste fondo Navarra 143.652,00 euros e Valencia con 1.564.731,00 euros. .
Amplía a nova>>
03/11/2010
Entre o cinto apretado e a incerteza
Para alén da efectista substitución da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura por outra centrada na industria editorial, a presentación dos orzamentos da Consellaría de Cultura que fixo onte no Parlamento Roberto Varela, deu para moito máis. A Cultura enfróntase o vindeiro ano a un recorte de fondos considerable, no entanto, fica por ver como se desenvolve a execución real dunhas contas que deixan no ar moitas cuestións importantes..
Amplía a nova>>
02/11/2010
O filme O mensaxeiro gaña o VIII Festival Amal
O pasado sábado entregábanse os premios do VIII Festival de cine árabe Amal. Nesta ocasión, o iraniano Sharham Alidi levou o premio ao mellor filme coa obra
Whisper in the wind (O mensaxeiro), cuxo protagonista, Omar Chawshin, foi considerado mellor actor. O público, pola súa banda, seleccionou
Mashi, Trasi que Trasi, de Eduardo Alter, como obra preferida. Na categoría de mellor actriz foron escolleitas de xeito colectivo Hafsia Herzi, Sondos Belhassen e Wassila Dari polo seu traballo en
Buried Secrets (Secretos Enterrados).
My Ragdoll de Shereen Ghieth foi considerada a mellor curtametraxe documental, mentres na categoría de ficción impúxose
C’est Dimanche de Samir Guesmi. Elia Suleiman e Michel Khleifi compartiron o premio ao mellor director..
Amplía a nova>>
02/11/2010
Cultura creará unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da Consellaría de Cultura. O departamento será substituído pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se dedicará á promoción das industrias culturais do país..
Amplía a nova>>
28/10/2010
A película sobre o Camiño de Santiago presentarase en Santiago e Madrid
O Teatro Principal de Santiago acollerá o vindeiro luns 8 de novembro a estrea en Galicia de
The Way, a película sobre o Camiño de Santiago protagonizada por Martin Sheen e dirixida por Emilio Estévez. Lonxe está aquela idea inicial de Julio Fernández, responsable de Fílmax e unha das produtoras da estrea, de facer unha proxección no Obradoiro. Dous días despois, o 10, o equipo trasladarse a Madrid para facer alí a presentación antes de que chegue á carteleira o vindeiro 19 de novembro. O filme estreouse no festival de cine de Toronto e contou co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo e da Xunta a través de Semprecinema.
.
Amplía a nova>>
26/10/2010
Os actores tamén reflexionan sobre a crise nunha xornada
“Xornadas terapéuticas en busca dun tratamento eficaz”. Baixo este título tan gráfico, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAG) convoca unha xornada para falar de como lle afecta a crise aos actores. Terá lugar mañá mércores 27 e pola mañá analizarase a situación no teatro mentres que pola tarde se centrarán no sector audiovisual. A cita será no Consello da Cultura Galega onde a vindeira semana Escena Galega ten convocado a profesionais e analistas para abordar o mesmo tema pero enfocado só ao eido teatral. .
Amplía a nova>>
25/10/2010
O Festival de Cans leva os seus traballos a Madrid e Barcelona
O agroglamour que desprende o festival de curtametraxes de Cans (Porriño) chegou onte á capital do Estado. No marco do 13º Festival Internacional de Curtametraxes, La Boca de Lobo, presentábanse dous traballos premiados no certame pontevedrés (
Xeonllo e
A nena que tiña unha soa orella). Fai parte da estratexia do certame de expendir o traballos dos novos realizadores fóra do marco do propio festival. Nesta liña, o Festival de Cans tamén se achegará mañá a Bruxelas onde participa por terceira vez na proxección que terá lugar no cine Vendome. .
Amplía a nova>>
22/10/2010
Santiago prepárase para unha nova edición de Amal, o festival de cine euroárabe
A temática do encontro está clara: a cultura árabe. Pero o festival ábrese cada ano máis a diferentes manifestacións para achegar a cultura árabe. Empezou sendo un encontro exclusivamente cinematográfico, pero foi incorporando música, gastronomía e danza a medida que foron sucedéndose as edicións. A última arrinca mañá coa proxección do filme
Zindeeq, de Michel Khleifi, gañador en 1987 do premio da crítica internacional no Festival de cananes e da Cuncha de Ouro de San Sebastián. Por diante quedan seis días no que haberá oco para ficción, documentais e numerosas actividades paralelas. .
Amplía a nova>>
21/10/2010
Preséntase en Pontevedra a nova edición de Culturgal
O recinto feiral de Pontevedra acollerá entre o 26 e o 28 de novembro a nova edición de Culturgal, a feira das industrias culturais. O evento está organizado pola Asociación Culturgal, que agrupa as principais industrias da cultura do país e conta como principal patrocinador coa Axencia Galega das Industrias Culturais. Nesta edición, a feira fai parte do programa Creativa, que busca favorecer a conexión entre industrias do sector galegas e portuguesas. Os organizadores aseguraron que agardan manter o nivel do encontro malia á crise, e Juan Carlos Fernández Fasero, responsabel de AGADIC, anunciou que a súa entidade ten previsto o apoio á edición 2011. As entidades interesadas en participar teñen aberto ata o 29 de outubro o prazo de inscrición..
Amplía a nova>>
20/10/2010
O Festival de Cine de Ourense tivo preto de 14.000 espectadores
“Ourense punto de encontro e de desenvolvemnto da industria cinematográfica galega” así resumiu o director do festival de Cine, Enrique Nicanor, a valoración desta décimoquinta edición. En canto ás cifras, a organización facilitou un desglose detallado de participación xeral (13.964), dos profesionais (999), de escolares (1.275) e, ata do impacto económico que supuxo a cidade (355 noites de hotel repartidas en 6 establecementos hotaleiros). No lado das análises cualitativas, a presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, apuntou a implicación de Luís Tosar, o anuncio da celebración en Ourense da gala dos Mestre Mateo así como a presentación dos filmes “A esmorga” e “Anos Despois” dirixida pola neta de Carlos Velo, Laura Gardós. .
Amplía a nova>>