Novas | 2331 a 2340 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

17/11/2010
Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores

A Consellaría de Cultura facía públicos na tarde de onte os Premios da Cultura Galega deste ano. Menchu Lamas nas artes Plásticas, Eduardo Alonso nas escénicas, a Fundación Barrié no apartado de patrimonio, Galaxia como mellor labor de promoción cultural, a Orquestra Sinfónica de Galicia en música e Vaca Films en Creación Audiovisual foron os galardoados con este recoñecemento. A sorpresa da xornada foi o anuncio de Agustín Fernández Paz, recoñecido co premio no apartado das letras, de que renunciaba ao seu galardón. Nun comunicado remitido aos medios, o recoñecido autor lembraba a súa oposición a esta convocatoria e afirmaba que por coherencia, non aceptaba a distinción. Ademais, remitía ao comunicado que a plataforma ProLingua fixo público no pasado mes de outubro e no que reclamaba que non se aceptasen estes premios pola política lingüística da Xunta.. Amplía a nova>>

17/11/2010
Os Popus veñen de Lugo

Despois do éxito internacional de Battle of Puppets a empresa lucense Small Wondes presenta o seu novo videoxogo. World of Popus é un xogo de habilidade no que o usuario de iPad ou iPhone debe dirixir unhas pequenas criaturas asustándoas co seu dedo a través de quince escenarios diferentes. Logo dunhas primeiras críticas positivas, a empresa traballa xa nunha ampliación que sairá a comezos do vindeiro ano, entre outros proxectos. Eduardo Veiga, director deste proxecto, explícanos polo miúdo as súas características e as dificultades do xogo.. Amplía a nova>>

15/11/2010
Tres producións galegas asisten á cita do cine independente español, o Festival Internacional de Xixón

Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe (coa que gañou o Premio Fipresci na Quincena de realizadores de Cannes), Gato encerrado de Peque Varela, e Fantasmas #1 de Ángel Santos son as tres producións que estarán presentes na programación do Festival Internacional de Xixón. É a cita do cinema independente español máis importante do Estado. Dos títulos galegos só o de Óliver Laxe estará na sección competitiva e entre os seus rivais estará Todas as cancións falan de min de Jonás Trueba, fillo do coñecido director Fernando Trueba. O Festival, que comeza o venres, desenvolveráse ata o vindeiro día 27.. Amplía a nova>>

15/11/2010
Cineuropa en trailers: Luns 15

Día breve en Cineuropa. Soamentes seis proxeccións entre as que destaca Elisa K, de Judith Colell e Jordi Cadena. Baseada no conto Elisa Kiseljak de Lolita Bosch, conta a historia duna moza que descobre un terrible feito da súa infancia con 25 anos. Hoxe despídense da carteleira os filmes de de Vinterberg, Paskaljević e os irmáns Duplas.. Amplía a nova>>

12/11/2010
O Culturgal presenta a súa edición máis lusófona

Cos nomes de Galicia.br e Galicia.pt, a nova edición de Culturgal presenta dúas noites temáticas dedicadas aos principais países da Lusofonía. Actuacións de Érika Machado, Kiko Klaus e Carlos Blanco o día 26 e de Deolinda e Budiño o 27, canda á celebración do Foro Creativa, dedicado ao encontro entre industrias culturais das dúas bandas do Miño, marcan a edición máis lusófona do evento. Canda a isto, a organización prepara un programa no que o teatro cobra unha especial relevancia. Actuacións musicais, un espazo para as novas tecnoloxías ou zonas para os máis cativos completan un evento no que está prevista a presenza de preto de medio cento de expositores das diferentes industrias culturais galegas.. Amplía a nova>>

11/11/2010
A Academia Galega do Audiovisual busca o lado positivo da crise

Transforma a crise en oportunidade. Isto é o que pretende a Academia Galega do Audiovisual a través dunha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión, e baixo a coordinación de Manolo González, o encontro pretende falar de novas formas de finaciamento, do aproveitamento das potencialidades de Internet para explotar e difundir obras audiovisuais e ver como lle afecta este contexto aos creadores. Tres xornadas (do 16 ao 18 de novembro) que se desenvolverán na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, e que se integran dentro do programa paralelo de actividades de Cineuropa. O produtor independente Luis Miñarro, o especialista en cine dixital Jorge Carrasco e o creador Albert Serra son algúns dos participantes deste encontro.. Amplía a nova>>

10/11/2010
As imprescindibles

Vaia por diante que é unha selección persoal de Jose Luis Losa, director artístico de Cineuropa, nesta edición. Son seis títlos que considera necesarios para coñecer a esencia deste ano. . Amplía a nova>>

09/11/2010
Pilar López de Ayala e Óliver Laxe, premios Cineuropa

“Hai unha línea máxica de conexión entre Cineuropa (Festival de Cine de Santiago) e Pilar López de Ayala, actriz que stivo presente noutras edicións a través de numerosas peliculas, algunhas delas doutros premiados como José Luís Guerín ou Manuel de Oliveira” afirmaba Jose Luís Losa, director artítico de Cineuropa ao anunciar os premiados desta edición. Canda ela, o outro premiado é o galego Óliver Laxe, que regresa ao festival para presentar “Todos Vós sodes capitáns” (no 2009 presentou un avance do filme) co que foi galardoado co Fipresci, premio da crítica da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. A cita co cinema comeza mañá, mércores 10, coa proxección de Neds, cuncha de Ouro en San Sebastián. . Amplía a nova>>

08/11/2010
Martin Sheen e Emilio Estévez presentan en Santiago o seu filme sobre o Camiño

“Tiñamos unha boa historia universal, tiñamos as estrelas (Emilio Estévez e Martin Sheen) e a produtora (Fílmax) para poñer en marcha este proxecto”. Así de claro foi Julio Fernández, produtor do filme que se estrea esta noite en Santiago (Teatro Principal, 19:30 photocall, 20:00 proxección). Na rolda de prsentación previa á premiere Emilo Estévez, director do filme, e o seu pai, Martin Sheen, eloxiaron a vivencia e emoción do camiño de Santiago. O filme chegará as carteleiras o vindeiro día 19 e conta a historia dun oftalmólogo que decide facer o camiño de Santiago, logo de descubrir que o seu finado fillo tiña a intención de facelo. . Amplía a nova>>

08/11/2010
Luís Tosar opta aos Premios de Cine Europeo

O papel de Malamadre na premiada Cela 211 (Vaca Films, 2009) pódelle valer a Luís Tosar un novo premio. O actor lucense é candidato aos Premios de Cine Europeo na categoría de mellor actor, que concede a Academia de Cine Euroeo. Compite con Ewan McGregor por O escritor, Elio Germano por La nostra vita e Geroge Pistereanu por If I want to whistle, I whistle. O resultado saberase o vindeiro 4 de decembro en Tallín (Estonia) nunha gala. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org