01/12/2010
Sucédense as mobilizacións polo desaloxo da Casa das Atochas
Unha recente orde xudicial obrigará a desaloxar antes do 9 de decembro o Centro Social A Casa das Atochas, situado no barrio coruñés de Monte Alto. A posibilidade de que este espazo ocupado feche logo de case tres anos de actividades está a provocar diferentes iniciativas de apoio. Entre elas, destaca a proposta dun grupo de creadores que desenvolverán un filme colectivo sobre esta experiencia. Entre os nomes que xa confirmaron o seu apoio atopamos algúns coma Alberte Pagán, Miguel Castelo, Marcos Nine, Xurxo González, Ramiro Ledo ou Xiana Arias, entre outros..
Amplía a nova>>
29/11/2010
O Consorcio Audiovisual creará un circuito propio de exhibición de películas galegas
“As cousas levan o seu tempo” afirma a
El País Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual, ao referirse a reunificación das políticas públicas neste sector. No marco dunha entrevista publicada hoxe nese xornal, explica que desde o seu nomeamento está a solucionar problemas legais para a configuración do plantel da entidade, así como a posta en marcha do seu plan estratéxico (inclúe accións de cara a internacionalización, promoción, formación e programa audiovisual nas aulas e, enter as novidades, un circuíto propio de exhibición do produto galego). Entre os primeiros movimentos da nova etapa do consorcio, a vindeira semana asinará un convenio coa Facultade de Ciencias Sociais para que o centro do campus proxecte filmes galegos mensualmente..
Amplía a nova>>
29/11/2010
Política Lingüística lanza un web con vídeos sobre o galego
Linguagalega.tv é o web que presentou o pasado sábado a Secretaría Xeral de Política Lingüística no Culturgal. O proxecto, realizado por Acuarela Comunicación, permite ollar videos nos que se reflexiona sobre a situación da nosa lingua. Segundo adianta Política Lingüística, os programas
Lingua, cámara, acción e mais
A lingua galega na sociedade pretenden dar a coñecer iniciativas de promoción do galego, públicas no primeiro caso e xurdidas da cidadanía no segundo, amosando tamén os servizos e produtos que existen na nosa lingua..
Amplía a nova>>
29/11/2010
Óliver Laxe suma un galardón máis ao gañar o Premio do Xurado novo en Xixón
Todos vós sodes capitáns iniciou no festival de Xixón o seu percorrido por España. Fíxoo con honores, porque na cita asturiana conseguiu o Premio Cajastur Xurado da Mocidade da 48 edición, compartido co filme
Blue Vantine de Dereck Cianfrance. O festival de Xixón premiou o cinema romanés, xa que o filme
Mati, dupa Craciun (Martes, despois de Nadal) recibiu o premio á mellor longametraxe. Mañá martes, Óliver Laxe fará recalada en Santiago para recibir o premio Cineuropa por
Todos vós sodes capitáns, que se proxectará nun único pase. .
Amplía a nova>>
29/11/2010
Os resultados de Culturgal auguran a continuidade do evento
Preto de 11.000 persoas pasaron ao longo da fin de semana polo Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra. Segundo sinalaron os organizadores do evento, a falta de cifras definitivas, este resultado supón unha satisfacción e, segundo apuntou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, "despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011". Do mesmo xeito, responsables de diferentes colectivos da industria cultural recolleron o compromiso do sector de continuar coa celebración deste evento nos vindeiros anos. .
Amplía a nova>>
26/11/2010
Dispoñible na rede o filme completo Radiografía dun autor de tebeos
O festival Canariasmediafest acaba de seleccionar na súa sección de documental a obra
Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine. O filme adéntrase no proceso creativo de David Rubín, e está dispoñible íntegro a baixa resolución no web do festival. O director do filme fálanos polo miúdo deste proxecto.
.
Amplía a nova>>
24/11/2010
A Academia Galega do Audiovisual pídelle celeridade ao Consorcio
Xosé Manuel Olveira “Pico”, presidente da Academia do Audiovisual Galego, e Anxo Quintanilla, como director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, mantiveron onte a primeira xuntanza sobre a actividade desta última entidade. Tal e como publica hoxe
Xornal , a Academia transmitiulle a lentitude coa que está a traballar o Consorcio malia que insistiron na boa relación entre ambos organismos. .
Amplía a nova>>
20/11/2010
Cineuropa en trailers: sábado 20
Despois dunha efectista película (
Na onda) baseada no experimento da Terceira Ola, Dennis Gansel situase na estética de series como True Blood ou a saga Crepúsculo en
Wir Sind Die Nacht (Wa are the the Night). Unha historia de sedutoras vampirescas na noite berlinesa. A xornada conta tamén cunha nova entrega de documentais sobre artistas contemporáneos no que destaca a ollada sobre a artista lucense Mónica Alonso (
Construindo o descanso por Elena López). .
Amplía a nova>>
18/11/2010
Cineuropa en trailers: xoves 18
Alejandro Goris trae hoxe a Cineuropa
Cancións de pedra, un documental que conta a vida de cinco artistas musicais atrapados polas rúas de Compostela. A visión do sexo de cinco novos realizadores arxentinos compón
Cinco. E canda a programación do día,
aita, unha nova película producida por Luís Miñarro e dirixida por José María de Orbe. Inclúese na sección que pon o foco nos traballos realizador por este produtor independente. .
Amplía a nova>>
17/11/2010
Os emerxentes
Non coinciden na temática pero amosan un espírito inquedo, no que crean sen prexuízos, sen ataduras, rachando cos códigos dominantes, mesturan xéneros, traballos que van dos 3 minutos a ás cinco horas…son a renovación do audiovisual galego. Non forman parte nin da mesma década pero hai quen os chama a “nova xeración”. Non lles importa a etiqueta e viven á marxe de calquera crise, en parte porque case todos autoproducen o seu traballo. Chámanse Óliver Laxe, Marcos Nine, Alberte Pagán, Lois Patiño, Peque Varela…. e os que virán..
Amplía a nova>>