06/10/2010
Ourense entrega os premios do concurso escolar no marco do Festival de Cinema
Os escolares abarrotaron onte o Auditorio Municipal e sede do Festival Internacional de Cine de Ourense. Non se trataba de meros asistentes, senón dos protagonistas dunha das seccións do encontro, o Concurso “OUF Escola” que pretendía divertir, formar e iniciar aos máis pequenos no mundo audiovisual a golpe de certame. O primeiro premio na categoría de Secundaria foi para o Instituto Europa de Ponferrada pola cita
Xemelgos; o gañador da categoría de Infantil e Primaria foi para o colexio de Primaria A Igrexa-Calo de Teo, A Coruña. O premio Blanco Amor ao mellor guión foi para
Un propósito constante do colexio de Carballedo de Pontevedra. En total, entregáronse 3.200 euros en metálico e outros tantos en agasallos audiovisuais (cámaras de vídeo, de foto e ordenadores). .
Amplía a nova>>
06/10/2010
A Barraca de Barriga Verde volve a Lugo despois de 46 anos
As festas de San Froilán locen desde este luns unha das súas barracas máis simbólicas: a de Barriga Verde. A compañía lalinensa Viravolta Títeress recuperou este espectáculo que ofrecerá funcións diarias (ás 12:00 horas) na Praza da Soidade. Fai parte dunha iniciativa entre a compañia de monicreques e a Deputación de Lugo (achegou 15.000 euros) que pretende sacar do esquecemento a figura de Barriga Verde, o último títere de feira. O proxecto inclúe tamén un documental (
Os mundos de Barriga Verde) que se rodará nas vindieras semanas que está coordinado pola produtora Tintimán Audiovisual e dirixido por Comba Campoy. .
Amplía a nova>>
04/10/2010
A Televisión de Galicia reforzará no 2011 a programación infantil
A día de hoxe a segunda canle da CRTVG ofrece un mínimo de oito horas diarias. Pero, para o propio director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a presenza non é suficiente despois do apagón analóxico. “Temos a preocupación seria de como mellorar a nosa capacidade de resposta diante da abrumadora presenza no televisor de programación infantil, o que é un dos problemas básicos e esenciais á protección e defensa da lingua galega” asegurou Izquierdo no Parlamento. Para iso, a CRTVG está en conversas coa consellaría de Educación e a súa Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter recursos complementarios que permitan incrementar a programación destinada aos pícaros no 2011..
Amplía a nova>>
04/10/2010
Os novenos premios Mestre Mateo entregaranse en Ourense por primeira vez
O vindeiro 16 de abril terá lugar a novena gala dos premios Mestre Mateo. E a cita co audiovisual será en Ourense. Así o anunciou o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira "Pico", no marco da celebración do Festival de Cine de Ourense. É a primeira vez que este galardón, que recoñece as mellores producións audiovisuais realizadas en Galicia, se concede na cidade da Burgas. .
Amplía a nova>>
01/10/2010
Responsables de cen canles de televisión reúnense esta fin de semana en Santiago
Coñecer o novo catálogo de programación para 2011 entre hai que hai máis de 120 producións cinematográficas premiadas nos Gya, ciclos de western e comedias, xunto con productos para público infantil. Este é o principal obxectivo da quinta convención anual da compañía Distrivisión (empresa de distribución de contidos audiovisuais para televisión locais e rexionais de titularidade privada que promove o empresario galego José María Besteiro) que se desenvolve hoxe e mañá en Compostela. .
Amplía a nova>>
01/10/2010
Comeza o Festival de Ourense coa proxección de 18 comidas, o último filme de Jorge Coira
Malia que a inauguración oficial terá lugar ás 21:30 horas, coa proxección do último filme de Jorge Coira
18 comidas, o festival arrincou xa pola mañá coa primeira das proxeccións do ciclo “cine nas aulas”. Por diante quedan nove días nas que se poderá ver filmes chegados de máis de 80 países (curtametraxes, longametraxes, documentais...), alén de numerosas actividades paralelas (exposicións, masterclass, encontros co público...). Unha cita co cinema que este ano ten un orzamento de 500.000 euros, 50.000 euros. .
Amplía a nova>>
29/09/2010
Secuestrados arrasa en Austin, no festival de cine de xénero máis importante de EEUU
En pleno lanzamento de
Retornos, a produtora coruñesa ten os ollos postos en
Secuestrados, o filme que coproduce con Blur, Attic e La Fabrique 2 (Francia) coa participación de Filmanova Invest, Xunta de Galicia, TVG e o Programa Media. A historia dunha familia secuestrada por tres encapuchados na nova vivenda que acaban de inaugurar acaba de trunfar no Festival de Cine de Austin, unha cita destacada deste xénero, onde se fixo co premio a mellor película e mellor dirección. O filme seguirá o seu percorrido en festivais e a seguinte recalada será en Sitges (o vindeiro 10 de outubro), no festival de cine de terror máis importante do Estado. .
Amplía a nova>>
29/09/2010
Onde nunca pasa nada
O vindeiro 29 de outubro chegará ás pantallas
Retornos, un dos últimos títulos da factoría coruñesa Vaca Films (
Cela 211,
Cargo) que conta a historia dun pai que regresa, logo de dez anos en Suíza, a unha vila que agocha escuros segredos. Rodada case integramente en Galicia fai parte desa liña da produtora de apoiar proxectos galegos, xa que alén do equipo técnico e artístico, Luis Avilés foi o coguionista e director desta longametraxe. O filme, rodado en galego e castelá, proxectarase fóra de Galicia en version orixinal con subtítulos..
Amplía a nova>>
28/09/2010
Festivais ¿para que?
O venres arrinca unha nova edición do Festival de Cine de Ourense. Son xa quince anos asistindo fieis ao outono cinematográfico de Galicia (adiantados no calendario para non coincidir con Cineuropa, o encontro santiagués) cos seus sinais de identidade: cinema independente, punto de encontro de cinematografías, presenza de producións audiovisuais galegas… Pero este ano, o encontro quere definir para qué sirve un festival de cine..
Amplía a nova>>
28/09/2010
Alexia Muíños presenta en Lugo a súa primeira longametraxe
Naceu na Coruña pero desde hai un tempo vive en Barcelona. Alexia Muíños está estes días en Lugo para presentar
Noite transfigurada, a súa primeira longametraxe. Un filme de autor, independente, inspirado no
After hours de Scorsese que conta a noite dunha muller (Laura Martuscelli) despois de que atope a súa parella na cama con outra. O filme escritor, dirixido e montado pola propia Muíños chega a lugo despois de recibir o premio do público no festival de Milán e participar en diferentes certames. .
Amplía a nova>>