Son autores nados a finais dos setenta, a maior parte deles comparten o denominador común de se formar fóra de Galicia. Manteñen unha actitude crÃtica coa ficción, máis próximos ao documental e unha plasticidade que evidencia que proceden de campos alleos ao cinematográfico. Son o “novo cinema galego” unha etiqueta que lle conceden J. M Sande, MartÃn Pawley e Xurxo González, os tres directores dun curso homónimo que se desenvolve todos os venres en pontevedra. É aà onde se poderán ver os traballos de creadores como Oliver Laxe, Susana Rei, Ramiro Ledo, Alberte Pagán ou Carlos Alberto Alonso que completarán a proxección cun coloquio. O ciclo desenvólvese na Casa das Campás ata o vindeiro 3 de decembro.
Programación do Novo Cinema Galego.