O vendedor do ano de Coté Soler, preseleccionado para os Óscars

É a segunda curtametraxe deste polifacético creador galego

O galego Coté Soler está moi curtido no ámbito audiovisua. Traballou con Pedro Almodóvar, Miguel Bardem ou Daniel Monzón como actor, pero ten tamén feito traballos como produtor, músico e director. Precisamente esta última faceta súa pode levalo a Los Angeles, á gala dos premios Óscar. A súa segunda curtametraxe, O vendedor do ano, acaba de pasar a primeira peneira para os óscar. Malia que non o saberá ata o 25 de xaneiro, o seu traballo continúa a trunfar en todos os certames nos que se presentou. A historia conta o enfrontamento entre un xefe e o seu traballador ao que lle vai anunciar o seu despedimento.

Ligazóns