Novas | 2201 a 2210 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

15/09/2011
Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa

No marco da súa liña de apoio a novos realizadores galegos, Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979). Curtido en curtametraxes e outros proxectos audiovisuais este vigués dirixirá Somos xente honrada, unha comedia social que a produtora galega coproducirá coa catalana El Terrat. “É unha idea que nos presentou o propio Alejandro, que ten unha mirada moi especial e fai parte da última fornada de curtametraxistas galegos” asegura Borja Pena, produtor do filme. A rodaxe está prevista para principios de 2012. . Amplía a nova>>

15/09/2011
Un acto institucional apoia a presenza de dúas producións galegas no Festival de San Sebastian

É un fito que na sección oficial dedicada a novos directores (Zabaltegi Novos Directores) haxa dúas producions galegas. Os traballos seleccionados son os de Sandra Sánchez (Tralas luces, que se verá en catro pases entre os días 17 e 20; e o de Ignacio Ferreras (a produción de Perro Verde Films Engurras) que se exhibirá en cinco pases entre o 19 e o 20. Canda iso, a súa presentación contará co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, que ofrece un acto institucional (domingo 18) ao que están convidados prensa e profesionais acreditados do festival. O apoio do Consorcio, deseñado específicamente para este festival, insírese dentro do Convenio que asinará esta entidade co IGAPE para a promoción e internacionalización do audiovisual galego.. Amplía a nova>>

15/09/2011
Unha de romanos… e outras historias

Hai un pouco de todo. Aldeas sustentables, invasións romanas, historias de superación persoal, revisións de contos clásicos como Polgariño… pero tamén moi deportivo, con historias de fútbol de rúa, de traíñas. En agosto saíu publicada a resolución da convocatoria de axudas para producir (ou coproducir) historias audiovisuais. Son filmes que chegarán á rúa nos vindeiros anos e dos que avanzamos os seus argumentos.. Amplía a nova>>

14/09/2011
Polonia celebra o 150 aniversario do nacemento de Sofía Casanova con actos culturais

Foi a primeira reporteira de guerra española, que cubriu algúns dos actos máis convulsos do século XX en Europa como as dúas guerras mundiais, a revolucion bolchevique e o estalinismo, entre outros conflictos. Sofía Casanova naceu hai 150 anos en Almeiras (Culleredo), desde onde se trasladou a Polonia tras casar cun filósofo. A súa historia recóllese no documental A maleta de Sofía que fai parte dunha da actividades convocadas no país polaco para festexar a efeméride do nacemento da xornalista. Un simposio e varias homenaxes fan parte das actividades para celebrar a efeméride do seu nacemento.. Amplía a nova>>

13/09/2011
Roberto Vilar continuará na TVG mentres prepara novos proxectos para Cuatro

“É imposible que sexa máis gracioso en castelán que en galego” afirmou Roberto Vilar nunha rolda de prensa convocada para explicar os novos proxectos que o extonecho terá no panorama televisivo logo de que se fixera pública a súa fichaxe por Mediaset (Cuatro e Telecinco). E será por partida doble, porque o humorista continuará co formato co que trunfou na Televisión de Galicia, Land Rober, que estrea nova temporada o vindeiro 29 de setembro. Iso non lle evitará, nas súas propias palabras “abrir novos mercados” e preparar en paralelo un programa para emitir en Cuatro. O propio Roberto confirmou que aínda está a traballar no formato pero avanzou que seguirá fiel aos seus sinais de identidade xa que “non vou finxir ser algo que non son”.. Amplía a nova>>

12/09/2011
A historia de dous mozos que foxen do comunismo gaña no FIC de Bueu

O gran vencedor do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu foi o traballo alemán Silent River. En total recibiu catro galardóns (son, montaxe, actor e dirección) que premian unha historia que conta as circunstancias de dous mozos que se teñen que axudar mutuamente para escapar do comunismo en Romanía. Canda este traballo, teñen unha presenza destacada no palmarés a polaca Esterhazy (mellor curta de animación) e Le pieaano (maquillaxe, perruquería e vestiario).. Amplía a nova>>

09/09/2011
Vaca Films rodará na Coruña a súa vindeira longametraxe

Un médico militar (Alberto Ammann) regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. Este é o argumento de Invasor, o novo thriller que produce Vaca films.A produtora coruñesa rodará na cidade herculina o seu último filme, que dirixe Daniel Calparsoro e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros. A rodaxe terá lugar entre novembro e decembro e idea poder levar o título á Mostra de Venecia de 2012. . Amplía a nova>>

09/09/2011
Roberto Vilar ficha por Telecinco

O extonecho e coñecido presentador de televisión, Roberto Vilar, dá o salto a Telecinco. Despois dunha oferta para presentar un coñecido formato en Antena 3, ao final será Telecinco a cadea na que participará o showman lucense nos vindeiros meses. De momento, descoñécese o tipo de produto que se vai desenvolver na cadea de Paolo Vasile. O que si se sabe é que continuará o contrato que mantén coa produtora CTV para rematar os nove programas que ten asinado de Land Rober, o éxitoso programa da TVG.. Amplía a nova>>

09/09/2011
A Semana de Cine de Autor de Lugo lembra a figura de Antonio Casal

Foi un dos grandes actores do cinema xerado das décadas dos corenta e cincuenta do cinema español. E algúns dos filmes nos que ten participado poderanse ver en Lugo, no marco da Semana Internacional de Cine de Autor que se desenvolve entre o 18 e o 25 de setembro. Ademais, a filla deste actor, a tamén actriz María Casal participará neste encontro que tamén contará coa presenza de Óliver Laxe. Polo demais, o certame conta coas súas seccións habituais (sección oficial, curtametraxes, escolma das mellores películas do ano e o ciclo gastronómico e audiovisual). Ademais, esta edición tamén servirá para recuperar a figura de do cartelista Manuel Piñeiro e da escritora Marta Rivera de la Cruz.. Amplía a nova>>

08/09/2011
O Festival de cine de Ourense simplifica ciclos non competitivos

Comedia, Igualdade, Visións de América Latina, Visións da Europa Atlántica e Panorama Galiza son os novos ciclos paralelos do XVI Festival de Cine de Ourense. O encontro simplificou a estrutura da sección non competitiva pero mantendo un criterio de calidade, xa que todos gran parte dos títulos son coñecidos ao teren participados en festivais de todo o mundo. A cita do certame terá lugar entre o 14 e o 23 de outubro.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org