Roberto Vilar continuará na TVG mentres prepara novos proxectos para Cuatro

A vindeira temporada de Land Rober comezará o 29 de setembro

“É imposible que sexa máis gracioso en castelán que en galego” afirmou Roberto Vilar nunha rolda de prensa convocada para explicar os novos proxectos que o extonecho terá no panorama televisivo logo de que se fixera pública a súa fichaxe por Mediaset (Cuatro e Telecinco). E será por partida doble, porque o humorista continuará co formato co que trunfou na Televisión de Galicia, Land Rober, que estrea nova temporada o vindeiro 29 de setembro. Iso non lle evitará, nas súas propias palabras “abrir novos mercados” e preparar en paralelo un programa para emitir en Cuatro. O propio Roberto confirmou que aínda está a traballar no formato pero avanzou que seguirá fiel aos seus sinais de identidade xa que “non vou finxir ser algo que non son”.