O extonecho e coñecido presentador de televisión, Roberto Vilar, dá o salto a Telecinco. Despois dunha oferta para presentar un coñecido formato en Antena 3, ao final será Telecinco a cadea na que participará o showman lucense nos vindeiros meses. De momento, descoñécese o tipo de produto que se vai desenvolver na cadea de Paolo Vasile. O que si se sabe é que continuará o contrato que mantén coa produtora CTV para rematar os nove programas que ten asinado de Land Rober, o éxitoso programa da TVG.