Novas | 2211 a 2220 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

06/09/2011
O cinema de ciencia ficción chega á cidade da Coruña con Freakemacine

Curtametraxes e de ciencia ficción. Estas son as dúas características que teñen que ter os traballos que integran Freakemacine, o festival de ciencia ficción e terror en todas as súas variantes, que celebra a súa segunda edición. Terá lugar os días 23 e 24 de setembro na Coruña (entre a Fundación Luis Seoane e o CGAI) e, ademais das proxeccións de curtas deste xénero está prevista a primeira primeira zombie walk, á que están convocados todos os afecionados a este xénero que asistan caracterizados de zombies.. Amplía a nova>>

05/09/2011
Arrinca en Bueu a cuarta edición do Festival de Curtametraxes

A historia de dous cativos que soñan con mercar a camiseta do seu ídolo, o futbolista Cristiano Ronaldo ( Le maillot de Cristiano); unha viaxe na busca das raíces e do amor (Tabu); ou unha aproximación á figura de Fina Casalderrey son as historias que centran a primeira xornada de Ficbueu. É a cita coa curtametraxe que arrinca hoxe en Bueu e que conta con 25 títulos na súa sección oficial. Alén das proxeccións, o sábado haberá unha gran gala na que repartirán os galardóns deste certame que xa cumpre catro anos exhibindo curtametraxes.. Amplía a nova>>

01/09/2011
Óliver Laxe presentará Todos vós sodes capitáns na Semana de Cine de Lugo

Do 18 ao 25 de setembro, Lugo volverá contar coa súa habitual Semana de Cine de Autor. Aínda que se descoñece os títulos e os nomes propios que participan nesta edición, El Progreso publica hoxe que o realizador de orixe galega, Óliver Laxe, participará neste encontró para presentar Todos vós sodes capitáns, o filme co que gañou o premio Fipresci da Quincena e Realizadores do festival cinematográfico de Cannes en 2010.. Amplía a nova>>

31/08/2011
Abano Producións levará ao cine o comic de Miguelanxo Prado Trazo de tiza

Non é a primeira vez que unha produtora se interesa por Trazo de tiza, a historieta creada por Miguelanxo Prado. Antes fíxoo Miramax e despois foi Álex e David Pastor, en ambos casos sen se chegar a materializar. Agora, a produtora galega Chelo Loureiro, responsable de Abano Produccións, traballa no financiamento para a súa realización. De momento xa conta cunha axuda de desenvolvemento do Programa Media, mantivo pola Comisión Europea, máis ao nome de Manuel Gutiérrez Aragón, que está interesado no proxecto. Trazo de tiza conta a historia dun viaxeiro que chega a unha illa do Atlántico despois dunha tormenta de verán.. Amplía a nova>>

31/08/2011
Agadic fai pública a relación de beneficiarios das axudas a producións audiovisual

A longametraxe cinematográfica de suspense Non me deixes en paz desenvolvida por Adivina Produccións encabeza a contía máis alta (275.639 euros) dos proxectos de produción e coprodución que recibirán axudas de AGADIC. O web da Axencia facía público a relación dos 25 proxectos que recibirán 2.900.000 euros. Entre as contías máis alta destaca Milhistorias a proposta de Continental para contar historias de violencia gratuíta contra indixentes, inmigrantes a partir dos ollos de Daniel, un mozo galego de clase acomodada, que contará con 225.250 euros; ou a superprodución épica ambientada no ano 137 a.C, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Junio Bruto -coñecido como Galaicus- e o seu comandante Máximo (recibe 244.688 euros), ou o filme que está a rodar Cuerda estes días, Todo é silencio. Nos documentais haberá cintas para achegarse ás figuras de María Casares (Filmanova, 37.041 euros), David Cal (Pulsa Control, 27.818 euros) ou o pioneiro da fotografía José Gil (Produtora Faro Lérez, con 23.558 euros).. Amplía a nova>>

30/08/2011
Terra con cine

Todo é silencio é o cuarto filme que Jose Luís Cuerda roda estes días en terras galegas. Chegou en 1987 para gravar O bosque animado e repetiu experiencia ata en dúas ocasións máis: A lingua das bolboretas(1999) e Os xirasois cegos (2004). Agora volve para contar unha historia, baseada nunha novela de Manuel Rivas, que recrea a vida de contrabadistas que se coñecen desde pequenos. Ata hoxe son moitos e moi reputados os realizadores que estiveron en terras galegas preparando as súas películas.. Amplía a nova>>

26/08/2011
Ourense presenta a selección oficial que exhibirá 118 filmes chegados de 45 países

Isabel Pérez, a presidenta do Consorcio para o Festival de Cine de Ourense, entidade que mantén a cita audiovisual, presentou onte a selección oficial da XVI edición do Festival de Ourense. Unha cita que se desenvolverá do 14 ao 23 de outubro e que contará con 118 producións repartidas nas sección habituais (longametraxes, documentais, curtametraxes, animación e novos media). As cifras de participación son lixeiramente superiores que en edicións anteriores que peneirou un equipo de 12 visionadores coa supervisión fina de César Silva, Antonio Ginori e Óscar Iglesias. Trala destitución de Enrique Nicanor como director-xerente do festival polo seu elevado salario, o consorcio non cubrirá a vacante, aínda que conta cun administrador, Diego G. López que tamén exercerá as veces de voceiro. O orzamento desta edición será de 450.000 euros.. Amplía a nova>>

25/08/2011
Amal exhibirá 33 filmes na edición que se estende a outras localidades

Cando cumpre nova edicións, o Festival Amal estende a súa programación cara outras localidades. Serán A Coruña (no MACUF), Lugo (no Museo Provincial), Ourense (Centro Cultural da Deputación) e Vigo (Marco) as que exhibirán un ciclo de Cine Experimental que, fiel á temática árabe que dá coherencia ao festival, permitirán levar o certame fóra de Compostela. Con respecto á sección oficial, a organización deu a coñecer onte os 33 filmes que competirán polos premios, entre os que destacan abondosas coproducións Euroárabes, e obras procedentes de Pastelina, Arxelia e Marrocos. A organización tamén destacou nunha nota de prensa que “Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes”. A deseñadora exipcia Reem Naeim foi a gañadora do concurso de carteis deste ano. A cita do encontró terá lugar do 24 ao 29 de outubro en Santiago.. Amplía a nova>>

24/08/2011
A propósito dos encoros

Estes días Iberdrola e Gas Natural Fenosa anunciaban proxectos relativos aos encoros galegos en diferentes etapas dos ríos Miño e Si. Non son novas as actuacións destas compañías na xeografía galega, co correspondente impacto sobre zonas de alto valor ecolóxico, así como nas súas consecuencias no eido social. Desta volta, con este proxectos en curso, revisamos propostas audiovisuais que reflectiron esta situación moi repetida na historia do país.. Amplía a nova>>

24/08/2011
Isabel Coixet ultima un guión sobre as galegas que protagonizaron a primeira voda homosexual

Foi en 1901 e conseguírono grazas a que foron quen de enganar ao cura para conseguir o seu propósito. Marcela Gracia Ibeas e e Elisa Sánchez Loriga consumaron a principios do seculo XX o primeiro matrimonio homosexual. Agora, a súa historia será levada ao cinema da man de Isabel Coixet, tal e como publica hoxe El Progreso. Foi Antón Reixa quen mercou os dereitos para converter en película a historia que publicou no seu día Libros del Silencio. A Coixet gustoulle a historia que chegou a un acordo con Reixa para poder levar adiante este proxecto.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org