Novas | 2191 a 2200 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

05/10/2011
A Xunta non convocará os certames Xuventude Crea este ano

Nin banda deseñada, nin premio Tesoira de novos deseñadores, nin teatro nin música nin poesía nin videocreación. Como xa temían moitos sectores por mor do atraso na súa convocatoria, Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos, non se convocará este ano en ningunha das súas categorías. Segundo confirma a Consellaría de Traballo e Benestar, os galardóns considerados dos máis importantes e mellor dotados do país nos seus diferentes ámbitos, sofren tamén os recortes orzamentarios e están nunha fase de reformulación. Desde a Consellaría sinalan que aínda non está decidida a fórmula da convocatoria para 2012, a contía nin as categorías que se desenvolverán.. Amplía a nova>>

04/10/2011
Unha produción galega pechará a XVI edición do Festival de Cine de Ourense

A neta do cineasta galego Carlos Velo, Lauga Gardos, dirixe a produción que poñerá o punto e final á XVI edición do Festival de Cine de Ourense. Trátase de Anos despois, unha longametraxe que narra o reencontro de dous membros dunha familia a raíz da guerra. O filme está coproducido por Ringo Rango, Televisión de Galicia e o operador de cable R, xunto cos mexicanos, Imagina Senderos e Imcine – Foprocine. Rodado en Ourense, o festival xa ofrecera un adianto deste filme na súa última edición. A proxección terá lugar na gala de clausura que se desenvolverá o vindeiro 23 de outubro. . Amplía a nova>>

04/10/2011
Vaca Films presenta no Festival de Sitges o seu último filme, Lobos de Arga

Rodada en Galicia, con equipo técnico e artístico galego e a cargo da produtora coruñesa Vaca Films (Celda 211 ou Cargo) Lobos de arga inicia a súa andaina pública no Festival de Sitges. O certame especializado en cinema fantástico presenta este filme na súa sección oficial competitiva que contará con tres pases (os días 7 e 15 de outubro). Lobos de arga é unha comedia de terror sobre lobishomes de gran orzamento (cinco millóns de euros) e chegará ás salas de cinema o vindeiro 28 de outubro. Canda esta película, pero no marco da sección panorama destaca Mentras durmes, o thriller protagonizado por Luís Tosar e Marta Etura (contará con tres pases nos días 8 e 10 de outubro). . Amplía a nova>>

29/09/2011
Estréase a tv movie da TVG sobre Pardo Bazán

O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña acollía onte a estrea da tv movie A condesa rebelde, na que se retrata a Emilia Pardo Bazán. O filme, unha coprodución da TVG e de Zénit Televisión, está dirixido por Zaza Ceballos e protagonizado por Susana Dans. A Secretaría Xeral de Igualdade distribuirá por centros de ensino de todo o país 5.000 copias desta produción e editará material didáctico para afondar nos valores da igualdade a partir da figura esta esritora.. Amplía a nova>>

28/09/2011
O Festival de Cine de Ourense presenta o seu spot promocional

Serán 118 filmes de 48 países proxectados na sección oficial entre o 14 e o 23 de outubro en Ourense e onte presentou o seu spot oficial, que podes ver nesta nova. A decimosexta edición do Festival de Cine de Ourense abrirá con A voz durmida e contará tamén con ciclos temáticos non oficiais que profundirán en problemáticas sociais e internacionais. Comedia, Igualdade, Visións de América Latina e Visións da Europa Atlántica. . Amplía a nova>>

27/09/2011
Volta Curtocircuíto a Compostela

+Curtocircuíto é o nome do ciclo co que o coñecido festival de curtametraxes que se celebra en Compostela encara este outono. Os Centros Socioculturais da cidade acollerán ata o vindeiro mes de decembro cinco programas: Palmarés Curtocircuito 2011, Premios Goya 2011, Panorama Galicia, Os Superheroes Non Sempre Levan Capa e Best of Reino Unido. Ao tempo, outro veterán dos festivais galegos, o Play-Doc de Tui, acaba de abrir a convocatoria para os interesados en presentar traballos á súa vindeira edición. O prazo está aberto ata o 30 de novembro, e o festival celebrarase o vindeiro mes de marzo.. Amplía a nova>>

20/09/2011
Unha historia sobre a supervivencia gaña o concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade

Unha muller vaga polas rúas dunha cidade, un periplo que nos axuda a descubrir a arquitectura dese espazo. Este é o argumento de Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia, curtametraxe que acaba de gañar dous dos premios do concurso que organizan a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), o estudo de arquitectura k2c arquitectas e a empresa de illamentos Tripomant¬. Este traballo realizado por Carlos di Felice e Marcos Hermida, gañou o primeiro premio (1.500 euros) e o do público (500 euros). O segundo premio (1.000 euros) foi para Tie Lapses 2, de Jesús Antonio Ben , realizado con imaxes aceleradas do ensache de Santiago de Compostela. A entrega de premios e proxección dos traballos a concurso terá lugar na sede da Fundación Novacaixagalicia- de Santiago (rúa do Vilar, 19), o mércores, 5 de outubro, ás 20:00 horas.. Amplía a nova>>

19/09/2011
Catorce salas galegas únense ao programa A Festa do Cinema

Fílmax, Yelmo Cines, Cinesa, Cinebox e outros multicines galegos acaban de unirse ao programa Festa do cinema. Trátase dunha proposta que premia a asistencia ao cinema, de tal xeito que se vai ao cine entre o 19 e o 25 de setembro, o asistente recibirá unha acreditación nominal para ir ao cinema entre os días 26 e 28 a 2 euros. En total serán 14 as salas galegas adheridas a este programa que inclúe, ademais un manifesto que este ano leva o título “Contra o aburrimento". Todos os asinantes entrarán no sorteo de 3 tarxetas de 52 semanas de cine de balde para 2 persoas.. Amplía a nova>>

19/09/2011
Óliver Laxe prensa a súa premiada ópera prima na Semana de Cine de Autor de Lugo

Hoxe é un día de homenaxe no marco do Festival de Cine de Autor de Lugo. En primeiro lugar porque Óliver Laxe está na cidade das murallas para presentar o seu primeiro filme,Todos vós sodes capitáns, co que marcou un fito na historia do audivisual galego ao gañar o premio Fipresci. Canda a el, estará María Casal, no marco da homenaxe que o certame fai á figura do seu pai, destacado actor durante a década dos cincuenta. E para rematar o día, a xornada recupera a figura do artista local Manuel Piñeiro, que foi cartelista de moitos cines lucenses.. Amplía a nova>>

16/09/2011
A voz dormida inaugurará o festival de Cine de Ourense

Unha produción española e agora moi popular pola súa recente candidatura a representar a España nos Óscar será a encargada de abrir a XVI edición do Festival de Cine de Ourense. O acto de apertura, con convite, terá lugar o vindeiro 14 de outubro na cidade das Burgas. O filme supón o retorno de Benito Zambrano á dirección logo dun lapso de 6 anos, cunha historia ambientada no Madrid da posguerra, no que unha muller loita para pospoñer a execución da súa irmá, Hortensia, preñada e encadeada. A sección oficial deste festival conta só con seis producións galegas. En documentais exhibirase Radiografía dun autor de tebeos; na sección de curtametraxes hai tres traballosm, El grifo de Denis Rovira, Garabolis de Alfredo Pardo e Tourettes de Martín Fiallega. Na categoría de animación preséntase Gato encerrado de Peque Varela e Vicenta de Sam. No que afecta a novos medios media compiten dous traballos galegos: Ich allein auf fremde wegen (Yo en caminos ajenos) do artista Félix Fernández e Canto de permanencia de Carlos Seijo Canosa.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org