Rodada en Galicia, con equipo técnico e artÃstico galego e a cargo da produtora coruñesa Vaca Films (Celda 211 ou Cargo) Lobos de arga inicia a súa andaina pública no Festival de Sitges. O certame especializado en cinema fantástico presenta este filme na súa sección oficial competitiva que contará con tres pases (os dÃas 7 e 15 de outubro). Lobos de arga é unha comedia de terror sobre lobishomes de gran orzamento (cinco millóns de euros) e chegará ás salas de cinema o vindeiro 28 de outubro. Canda esta pelÃcula, pero no marco da sección panorama destaca Mentras durmes, o thriller protagonizado por LuÃs Tosar e Marta Etura (contará con tres pases nos dÃas 8 e 10 de outubro).