11/10/2011
A folga impide a emisión de sete programas da CRTVG
O espectadores de Televisión de Galicia, nas súas dúas canles, apreciaron onte que a cadea pública ofreceu unha programación “diferente” do habitual. Por mor da folga dos traballadores do ente, que protestaban contra o establecido no texto pactado entre PSdG-PSOE e PPdG ao respecto da Lei de Medios Públicos Audiovisuais, onte non se emitiu A Revista, A Solaina, Foro Aberto, Galicia noticias, o Telexornal Noite e os informativos locais. No seu lugar ofrecéronse productos enlatados. O outro programa que non se puido emitir, xa no segundo canal, foi o informativo cultural
Zig Zag. A folga tivo menos impacto na Radio Galega, onde só se suspenderon o Diario Cultural e o informativo local de Ourense. Os traballadores prepararon unha manifestación aberta para o vindeiro día 22 de outubro..
Amplía a nova>>
10/10/2011
Os traballadores da CRTVG decláranse en folga pola nova Lei dos Medios Públicos
Cando o Partido Popular gañou as eleccións anunciou un paquete de reformas de textos xurídicos que afectaban ao sector da comunicación, entre eles a da CRTVG (da que xa houbera intentos previos). Tralo coñecemento de que Partido Popular e PSOE de Galicia pactaran o texto da nova Lei dos Medios Públicos Audiovisuais, os traballadores responderon cunha convocatoria de folga. Hoxe é o primeiro día desa vaga de protestas que xustifican o parón en que o novo texto “deixa aberta a porta á privatización da CRTVG, ao despedimento de boa parte dos seus traballadores e traballadoras, e que ademais reforza o control político da información”..
Amplía a nova>>
07/10/2011
Tres filmes galegos compiten en Sitges
O Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, que comezaba onte, conta na súa 44 edición con tres filmes galegos a concurso. Por unha banda, está a xa comentada
Lobos de Arga de Vaca Films, que compite na sección oficial Fantàstic. Pola outra,
La mujer del eternauta de Frida Films e con dirección de Adán Aliaga tentará facerse co premio na categoría Noves Visións. Pola súa banda, o coruñés F. Calvelo entra a concurso coa curtametraxe
Carabás..
Amplía a nova>>
06/10/2011
Ourense reúne profesionais para explorar novas vías de circulación e distribución audiovisual
O vindeiro xoves e venres, 13 e 14 de outubro, o Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá dous seminarios técnicos destinados a analizar a distribución audiovisual e o intercambio entre festivais de cine. No primeiro caso, sobre distribución audiovisual, contarán coa presenza de destacados especialistas como Fréderic Cros, Director Xeral do Polo da Imaxe de Angouleme, especializado no sector da animación e os videoxogos. No seminario de intercambio de festivais participarán representantes de festivais franceses, galeses, portugueses e galegos. Os seminarios están promovidos dentro do proxecto IMAGINA ATLANTICA, que tenta promover a iniciativa empresarial transnacional no ámbito do audiovisual..
Amplía a nova>>
05/10/2011
A Xunta non convocará os certames Xuventude Crea este ano
Nin banda deseñada, nin premio Tesoira de novos deseñadores, nin teatro nin música nin poesía nin videocreación. Como xa temían moitos sectores por mor do atraso na súa convocatoria, Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos, non se convocará este ano en ningunha das súas categorías. Segundo confirma a Consellaría de Traballo e Benestar, os galardóns considerados dos máis importantes e mellor dotados do país nos seus diferentes ámbitos, sofren tamén os recortes orzamentarios e están nunha fase de reformulación. Desde a Consellaría sinalan que aínda non está decidida a fórmula da convocatoria para 2012, a contía nin as categorías que se desenvolverán..
Amplía a nova>>
04/10/2011
Unha produción galega pechará a XVI edición do Festival de Cine de Ourense
A neta do cineasta galego Carlos Velo, Lauga Gardos, dirixe a produción que poñerá o punto e final á XVI edición do Festival de Cine de Ourense. Trátase de
Anos despois, unha longametraxe que narra o reencontro de dous membros dunha familia a raíz da guerra. O filme está coproducido por Ringo Rango, Televisión de Galicia e o operador de cable R, xunto cos mexicanos, Imagina Senderos e Imcine – Foprocine. Rodado en Ourense, o festival xa ofrecera un adianto deste filme na súa última edición. A proxección terá lugar na gala de clausura que se desenvolverá o vindeiro 23 de outubro. .
Amplía a nova>>
04/10/2011
Vaca Films presenta no Festival de Sitges o seu último filme, Lobos de Arga
Rodada en Galicia, con equipo técnico e artístico galego e a cargo da produtora coruñesa Vaca Films (
Celda 211 ou
Cargo)
Lobos de arga inicia a súa andaina pública no Festival de Sitges. O certame especializado en cinema fantástico presenta este filme na súa sección oficial competitiva que contará con tres pases (os días 7 e 15 de outubro).
Lobos de arga é unha comedia de terror sobre lobishomes de gran orzamento (cinco millóns de euros) e chegará ás salas de cinema o vindeiro 28 de outubro. Canda esta película, pero no marco da sección panorama destaca
Mentras durmes, o thriller protagonizado por Luís Tosar e Marta Etura (contará con tres pases nos días 8 e 10 de outubro). .
Amplía a nova>>
29/09/2011
Estréase a tv movie da TVG sobre Pardo Bazán
O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña acollía onte a estrea da tv movie
A condesa rebelde, na que se retrata a Emilia Pardo Bazán. O filme, unha coprodución da TVG e de Zénit Televisión, está dirixido por Zaza Ceballos e protagonizado por Susana Dans. A Secretaría Xeral de Igualdade distribuirá por centros de ensino de todo o país 5.000 copias desta produción e editará material didáctico para afondar nos valores da igualdade a partir da figura esta esritora..
Amplía a nova>>
28/09/2011
O Festival de Cine de Ourense presenta o seu spot promocional
Serán 118 filmes de 48 países proxectados na sección oficial entre o 14 e o 23 de outubro en Ourense e onte presentou o seu spot oficial, que podes ver nesta nova. A decimosexta edición do Festival de Cine de Ourense abrirá con
A voz durmida e contará tamén con ciclos temáticos non oficiais que profundirán en problemáticas sociais e internacionais. Comedia, Igualdade, Visións de América Latina e Visións da Europa Atlántica. .
Amplía a nova>>
27/09/2011
Volta Curtocircuíto a Compostela
+Curtocircuíto é o nome do ciclo co que o coñecido festival de curtametraxes que se celebra en Compostela encara este outono. Os Centros Socioculturais da cidade acollerán ata o vindeiro mes de decembro cinco programas: Palmarés Curtocircuito 2011, Premios Goya 2011, Panorama Galicia, Os Superheroes Non Sempre Levan Capa e Best of Reino Unido. Ao tempo, outro veterán dos festivais galegos, o Play-Doc de Tui, acaba de abrir a convocatoria para os interesados en presentar traballos á súa vindeira edición. O prazo está aberto ata o 30 de novembro, e o festival celebrarase o vindeiro mes de marzo..
Amplía a nova>>