20/09/2011
Unha historia sobre a supervivencia gaña o concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade
Unha muller vaga polas rúas dunha cidade, un periplo que nos axuda a descubrir a arquitectura dese espazo. Este é o argumento de
Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia, curtametraxe que acaba de gañar dous dos premios do concurso que organizan a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), o estudo de arquitectura k2c arquitectas e a empresa de illamentos Tripomant¬. Este traballo realizado por Carlos di Felice e Marcos Hermida, gañou o primeiro premio (1.500 euros) e o do público (500 euros). O segundo premio (1.000 euros) foi para
Tie Lapses 2, de Jesús Antonio Ben , realizado con imaxes aceleradas do ensache de Santiago de Compostela. A entrega de premios e proxección dos traballos a concurso terá lugar na sede da Fundación Novacaixagalicia- de Santiago (rúa do Vilar, 19), o mércores, 5 de outubro, ás 20:00 horas..
Amplía a nova>>
19/09/2011
Catorce salas galegas únense ao programa A Festa do Cinema
Fílmax, Yelmo Cines, Cinesa, Cinebox e outros multicines galegos acaban de unirse ao programa
Festa do cinema. Trátase dunha proposta que premia a asistencia ao cinema, de tal xeito que se vai ao cine entre o 19 e o 25 de setembro, o asistente recibirá unha acreditación nominal para ir ao cinema entre os días 26 e 28 a 2 euros. En total serán 14 as salas galegas adheridas a este programa que inclúe, ademais un manifesto que este ano leva o título “Contra o aburrimento". Todos os asinantes entrarán no sorteo de 3 tarxetas de 52 semanas de cine de balde para 2 persoas..
Amplía a nova>>
19/09/2011
Óliver Laxe prensa a súa premiada ópera prima na Semana de Cine de Autor de Lugo
Hoxe é un día de homenaxe no marco do Festival de Cine de Autor de Lugo. En primeiro lugar porque Óliver Laxe está na cidade das murallas para presentar o seu primeiro filme,
Todos vós sodes capitáns, co que marcou un fito na historia do audivisual galego ao gañar o premio Fipresci. Canda a el, estará María Casal, no marco da homenaxe que o certame fai á figura do seu pai, destacado actor durante a década dos cincuenta. E para rematar o día, a xornada recupera a figura do artista local Manuel Piñeiro, que foi cartelista de moitos cines lucenses..
Amplía a nova>>
16/09/2011
A voz dormida inaugurará o festival de Cine de Ourense
Unha produción española e agora moi popular pola súa recente candidatura a representar a España nos Óscar será a encargada de abrir a XVI edición do Festival de Cine de Ourense. O acto de apertura, con convite, terá lugar o vindeiro 14 de outubro na cidade das Burgas. O filme supón o retorno de Benito Zambrano á dirección logo dun lapso de 6 anos, cunha historia ambientada no Madrid da posguerra, no que unha muller loita para pospoñer a execución da súa irmá, Hortensia, preñada e encadeada. A sección oficial deste festival conta só con seis producións galegas. En documentais exhibirase
Radiografía dun autor de tebeos; na sección de curtametraxes hai tres traballosm,
El grifo de Denis Rovira,
Garabolis de Alfredo Pardo e
Tourettes de Martín Fiallega. Na categoría de animación preséntase
Gato encerrado de Peque Varela e
Vicenta de Sam. No que afecta a novos medios media compiten dous traballos galegos:
Ich allein auf fremde wegen (Yo en caminos ajenos) do artista Félix Fernández e
Canto de permanencia de Carlos Seijo Canosa..
Amplía a nova>>
15/09/2011
Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa
No marco da súa liña de apoio a novos realizadores galegos, Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979). Curtido en curtametraxes e outros proxectos audiovisuais este vigués dirixirá
Somos xente honrada, unha comedia social que a produtora galega coproducirá coa catalana El Terrat. “É unha idea que nos presentou o propio Alejandro, que ten unha mirada moi especial e fai parte da última fornada de curtametraxistas galegos” asegura Borja Pena, produtor do filme. A rodaxe está prevista para principios de 2012. .
Amplía a nova>>
15/09/2011
Un acto institucional apoia a presenza de dúas producións galegas no Festival de San Sebastian
É un fito que na sección oficial dedicada a novos directores (Zabaltegi Novos Directores) haxa dúas producions galegas. Os traballos seleccionados son os de Sandra Sánchez (
Tralas luces, que se verá en catro pases entre os días 17 e 20; e o de Ignacio Ferreras (a produción de Perro Verde Films
Engurras) que se exhibirá en cinco pases entre o 19 e o 20. Canda iso, a súa presentación contará co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, que ofrece un acto institucional (domingo 18) ao que están convidados prensa e profesionais acreditados do festival. O apoio do Consorcio, deseñado específicamente para este festival, insírese dentro do Convenio que asinará esta entidade co IGAPE para a promoción e internacionalización do audiovisual galego..
Amplía a nova>>
15/09/2011
Unha de romanos… e outras historias
Hai un pouco de todo. Aldeas sustentables, invasións romanas, historias de superación persoal, revisións de contos clásicos como Polgariño… pero tamén moi deportivo, con historias de fútbol de rúa, de traíñas. En agosto saíu publicada a resolución da convocatoria de axudas para producir (ou coproducir) historias audiovisuais. Son filmes que chegarán á rúa nos vindeiros anos e dos que avanzamos os seus argumentos..
Amplía a nova>>
14/09/2011
Polonia celebra o 150 aniversario do nacemento de Sofía Casanova con actos culturais
Foi a primeira reporteira de guerra española, que cubriu algúns dos actos máis convulsos do século XX en Europa como as dúas guerras mundiais, a revolucion bolchevique e o estalinismo, entre outros conflictos. Sofía Casanova naceu hai 150 anos en Almeiras (Culleredo), desde onde se trasladou a Polonia tras casar cun filósofo. A súa historia recóllese no documental
A maleta de Sofía que fai parte dunha da actividades convocadas no país polaco para festexar a efeméride do nacemento da xornalista. Un simposio e varias homenaxes fan parte das actividades para celebrar a efeméride do seu nacemento..
Amplía a nova>>
13/09/2011
Roberto Vilar continuará na TVG mentres prepara novos proxectos para Cuatro
“É imposible que sexa máis gracioso en castelán que en galego” afirmou Roberto Vilar nunha rolda de prensa convocada para explicar os novos proxectos que o extonecho terá no panorama televisivo logo de que se fixera pública a súa fichaxe por Mediaset (Cuatro e Telecinco). E será por partida doble, porque o humorista continuará co formato co que trunfou na Televisión de Galicia, Land Rober, que estrea nova temporada o vindeiro 29 de setembro. Iso non lle evitará, nas súas propias palabras “abrir novos mercados” e preparar en paralelo un programa para emitir en Cuatro. O propio Roberto confirmou que aínda está a traballar no formato pero avanzou que seguirá fiel aos seus sinais de identidade xa que “non vou finxir ser algo que non son”..
Amplía a nova>>
12/09/2011
A historia de dous mozos que foxen do comunismo gaña no FIC de Bueu
O gran vencedor do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu foi o traballo alemán
Silent River. En total recibiu catro galardóns (son, montaxe, actor e dirección) que premian unha historia que conta as circunstancias de dous mozos que se teñen que axudar mutuamente para escapar do comunismo en Romanía. Canda este traballo, teñen unha presenza destacada no palmarés a polaca
Esterhazy (mellor curta de animación) e
Le pieaano (maquillaxe, perruquería e vestiario)..
Amplía a nova>>