09/09/2011
Vaca Films rodará na Coruña a súa vindeira longametraxe
Un médico militar (Alberto Ammann) regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. Este é o argumento de
Invasor, o novo thriller que produce Vaca films.A produtora coruñesa rodará na cidade herculina o seu último filme, que dirixe Daniel Calparsoro e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros. A rodaxe terá lugar entre novembro e decembro e idea poder levar o título á Mostra de Venecia de 2012. .
Amplía a nova>>
09/09/2011
Roberto Vilar ficha por Telecinco
O extonecho e coñecido presentador de televisión, Roberto Vilar, dá o salto a Telecinco. Despois dunha oferta para presentar un coñecido formato en Antena 3, ao final será Telecinco a cadea na que participará o showman lucense nos vindeiros meses. De momento, descoñécese o tipo de produto que se vai desenvolver na cadea de Paolo Vasile. O que si se sabe é que continuará o contrato que mantén coa produtora CTV para rematar os nove programas que ten asinado de
Land Rober, o éxitoso programa da TVG..
Amplía a nova>>
09/09/2011
A Semana de Cine de Autor de Lugo lembra a figura de Antonio Casal
Foi un dos grandes actores do cinema xerado das décadas dos corenta e cincuenta do cinema español. E algúns dos filmes nos que ten participado poderanse ver en Lugo, no marco da Semana Internacional de Cine de Autor que se desenvolve entre o 18 e o 25 de setembro. Ademais, a filla deste actor, a tamén actriz María Casal participará neste encontro que tamén contará coa presenza de Óliver Laxe. Polo demais, o certame conta coas súas seccións habituais (sección oficial, curtametraxes, escolma das mellores películas do ano e o ciclo gastronómico e audiovisual). Ademais, esta edición tamén servirá para recuperar a figura de do cartelista Manuel Piñeiro e da escritora Marta Rivera de la Cruz..
Amplía a nova>>
08/09/2011
O Festival de cine de Ourense simplifica ciclos non competitivos
Comedia, Igualdade, Visións de América Latina, Visións da Europa Atlántica e Panorama Galiza son os novos ciclos paralelos do XVI Festival de Cine de Ourense. O encontro simplificou a estrutura da sección non competitiva pero mantendo un criterio de calidade, xa que todos gran parte dos títulos son coñecidos ao teren participados en festivais de todo o mundo. A cita do certame terá lugar entre o 14 e o 23 de outubro..
Amplía a nova>>
06/09/2011
O cinema de ciencia ficción chega á cidade da Coruña con Freakemacine
Curtametraxes e de ciencia ficción. Estas son as dúas características que teñen que ter os traballos que integran Freakemacine, o festival de ciencia ficción e terror en todas as súas variantes, que celebra a súa segunda edición. Terá lugar os días 23 e 24 de setembro na Coruña (entre a Fundación Luis Seoane e o CGAI) e, ademais das proxeccións de curtas deste xénero está prevista a primeira primeira zombie walk, á que están convocados todos os afecionados a este xénero que asistan caracterizados de zombies..
Amplía a nova>>
05/09/2011
Arrinca en Bueu a cuarta edición do Festival de Curtametraxes
A historia de dous cativos que soñan con mercar a camiseta do seu ídolo, o futbolista Cristiano Ronaldo (
Le maillot de Cristiano); unha viaxe na busca das raíces e do amor (
Tabu); ou unha aproximación á figura de Fina Casalderrey son as historias que centran a primeira xornada de Ficbueu. É a cita coa curtametraxe que arrinca hoxe en Bueu e que conta con 25 títulos na súa sección oficial. Alén das proxeccións, o sábado haberá unha gran gala na que repartirán os galardóns deste certame que xa cumpre catro anos exhibindo curtametraxes..
Amplía a nova>>
01/09/2011
Óliver Laxe presentará Todos vós sodes capitáns na Semana de Cine de Lugo
Do 18 ao 25 de setembro, Lugo volverá contar coa súa habitual Semana de Cine de Autor. Aínda que se descoñece os títulos e os nomes propios que participan nesta edición,
El Progreso publica hoxe que o realizador de orixe galega, Óliver Laxe, participará neste encontró para presentar
Todos vós sodes capitáns, o filme co que gañou o premio Fipresci da Quincena e Realizadores do festival cinematográfico de Cannes en 2010..
Amplía a nova>>
31/08/2011
Abano Producións levará ao cine o comic de Miguelanxo Prado Trazo de tiza
Non é a primeira vez que unha produtora se interesa por
Trazo de tiza, a historieta creada por Miguelanxo Prado. Antes fíxoo Miramax e despois foi Álex e David Pastor, en ambos casos sen se chegar a materializar. Agora, a produtora galega Chelo Loureiro, responsable de Abano Produccións, traballa no financiamento para a súa realización. De momento xa conta cunha axuda de desenvolvemento do Programa Media, mantivo pola Comisión Europea, máis ao nome de Manuel Gutiérrez Aragón, que está interesado no proxecto.
Trazo de tiza conta a historia dun viaxeiro que chega a unha illa do Atlántico despois dunha tormenta de verán..
Amplía a nova>>
31/08/2011
Agadic fai pública a relación de beneficiarios das axudas a producións audiovisual
A longametraxe cinematográfica de suspense
Non me deixes en paz desenvolvida por Adivina Produccións encabeza a contía máis alta (275.639 euros) dos proxectos de produción e coprodución que recibirán axudas de AGADIC. O web da Axencia facía público a relación dos 25 proxectos que recibirán 2.900.000 euros. Entre as contías máis alta destaca
Milhistorias a proposta de Continental para contar historias de violencia gratuíta contra indixentes, inmigrantes a partir dos ollos de Daniel, un mozo galego de clase acomodada, que contará con 225.250 euros; ou a superprodución épica ambientada no ano 137 a.C, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Junio Bruto -coñecido como Galaicus- e o seu comandante Máximo (recibe 244.688 euros), ou o filme que está a rodar Cuerda estes días,
Todo é silencio. Nos documentais haberá cintas para achegarse ás figuras de María Casares (Filmanova, 37.041 euros), David Cal (Pulsa Control, 27.818 euros) ou o pioneiro da fotografía José Gil (Produtora Faro Lérez, con 23.558 euros)..
Amplía a nova>>
30/08/2011
Terra con cine
Todo é silencio é o cuarto filme que Jose Luís Cuerda roda estes días en terras galegas. Chegou en 1987 para gravar
O bosque animado e repetiu experiencia ata en dúas ocasións máis:
A lingua das bolboretas(1999) e
Os xirasois cegos (2004). Agora volve para contar unha historia, baseada nunha novela de Manuel Rivas, que recrea a vida de contrabadistas que se coñecen desde pequenos. Ata hoxe son moitos e moi reputados os realizadores que estiveron en terras galegas preparando as súas películas..
Amplía a nova>>