Novas | 2171 a 2180 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/08/2011
Ourense presenta a selección oficial que exhibirá 118 filmes chegados de 45 países

Isabel Pérez, a presidenta do Consorcio para o Festival de Cine de Ourense, entidade que mantén a cita audiovisual, presentou onte a selección oficial da XVI edición do Festival de Ourense. Unha cita que se desenvolverá do 14 ao 23 de outubro e que contará con 118 producións repartidas nas sección habituais (longametraxes, documentais, curtametraxes, animación e novos media). As cifras de participación son lixeiramente superiores que en edicións anteriores que peneirou un equipo de 12 visionadores coa supervisión fina de César Silva, Antonio Ginori e Óscar Iglesias. Trala destitución de Enrique Nicanor como director-xerente do festival polo seu elevado salario, o consorcio non cubrirá a vacante, aínda que conta cun administrador, Diego G. López que tamén exercerá as veces de voceiro. O orzamento desta edición será de 450.000 euros.. Amplía a nova>>

25/08/2011
Amal exhibirá 33 filmes na edición que se estende a outras localidades

Cando cumpre nova edicións, o Festival Amal estende a súa programación cara outras localidades. Serán A Coruña (no MACUF), Lugo (no Museo Provincial), Ourense (Centro Cultural da Deputación) e Vigo (Marco) as que exhibirán un ciclo de Cine Experimental que, fiel á temática árabe que dá coherencia ao festival, permitirán levar o certame fóra de Compostela. Con respecto á sección oficial, a organización deu a coñecer onte os 33 filmes que competirán polos premios, entre os que destacan abondosas coproducións Euroárabes, e obras procedentes de Pastelina, Arxelia e Marrocos. A organización tamén destacou nunha nota de prensa que “Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes”. A deseñadora exipcia Reem Naeim foi a gañadora do concurso de carteis deste ano. A cita do encontró terá lugar do 24 ao 29 de outubro en Santiago.. Amplía a nova>>

24/08/2011
A propósito dos encoros

Estes días Iberdrola e Gas Natural Fenosa anunciaban proxectos relativos aos encoros galegos en diferentes etapas dos ríos Miño e Si. Non son novas as actuacións destas compañías na xeografía galega, co correspondente impacto sobre zonas de alto valor ecolóxico, así como nas súas consecuencias no eido social. Desta volta, con este proxectos en curso, revisamos propostas audiovisuais que reflectiron esta situación moi repetida na historia do país.. Amplía a nova>>

24/08/2011
Isabel Coixet ultima un guión sobre as galegas que protagonizaron a primeira voda homosexual

Foi en 1901 e conseguírono grazas a que foron quen de enganar ao cura para conseguir o seu propósito. Marcela Gracia Ibeas e e Elisa Sánchez Loriga consumaron a principios do seculo XX o primeiro matrimonio homosexual. Agora, a súa historia será levada ao cinema da man de Isabel Coixet, tal e como publica hoxe El Progreso. Foi Antón Reixa quen mercou os dereitos para converter en película a historia que publicou no seu día Libros del Silencio. A Coixet gustoulle a historia que chegou a un acordo con Reixa para poder levar adiante este proxecto.. Amplía a nova>>

12/08/2011
O ICAA abre prazos das súas liñas de axudas

O BOE publicou estes días as convocatorias de axudas dunha serie de liñas de apoio do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA). Concretamente son as axudas para a produción de series de animación sobre proxecto (segunda convocatoria, prazo ata o 1 de setembro); formento de realización de películas en réxime de coprodución internacional (ata o 15 de setembro), a produción de filmes e documentais para televisión sobre proxecto (ata o 9 de setembro), e para a amortización de longametraxes (segunda convocatoria, prazo a ta o 20 de setembro).. Amplía a nova>>

12/08/2011
Comeza a rodaxe de Quérote pero, unha comedia pensada para a web

Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de Quérote pero, unha comedia formada por oito capítulos (dez minutos de duración) que conta as aventuras e desventuras dun grupo de amigos que rondan os trinta anos e non queren nin saber o que significa a palabra “adulto”. A serie está protagonizada pola actriz Tati García, que encarna a Berta, unha moza atractiva, divertida que chega a revolucionar a vida dun grupo de amigos. O proxecto está dirixido polo comunicador Carlos Gulías e entre as súas particularidades, destaca que está concibido para emitirse a través da rede. A rodaxe pódese seguir e comentar a través da súa propia web e as redes sociais. . Amplía a nova>>

03/08/2011
AGADIC resolve axudas por valor de 674.097 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais publicou a resolución de catro das cinco liñas de axudas de convocara este ano. En concreto, trátase dos subsidios destinados á promoción do talento audiovisual, á produción de curtametraxes e mais ao desenvolvemento de proxectos fílmicos e contidos interactivos, que se repartirán un total de 674.097 euros. Benefícianse destas axudas 55 proxectos audiovisuais presentados por 49 produtoras, sendo o maior porcentaxe, 209.239 euros, o destinado ao desenvolvemento de contidos interactivos. . Amplía a nova>>

01/08/2011
Ordes acolle a II edición do Cinestable

Logo do éxito da primeira edición, a casa da cultura de Ordes acolle os vindeiros 4 e 5 deste mes a segunda xeira do Cinestable. A iniciativa, centrada en curtametraxes feitas baixo licenza Creative Commons, contará coa presenza de Nicolás Alcalá, director do filme El Cosmonauta que desenvolve con este sistema e recadando fondos mediante crowdfunding. Canda a isto proxectaranse os corenta filmes que entraron a concurso nesta edición. O evento está organizado pola Asocición de Usuarios de Linux Inestable coa colaboración do Concello e de Radio Ordes.. Amplía a nova>>

21/07/2011
Un convenio permite dixitalizar quince anos da memoria audiovisual recente do país

Son 4.564 latas de cine que contén a memoria visual de Galicia entre 1971 e 1986, é dicir, dos últimos anos do franquismo e os primeiros anos da democracia. Un material que agora se catalogará e dixitalizará grazas a un acordo a catro bandas (Consello da Cultura, Secretaría Xeral de Medios, Fundación Cidade da Cultura e a Corporación RTVE) que se asinou hoxe coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Non hai prazos establecidos para fixar a elaboración deste traballo que recupera quince anos de imaxes, entrevistas e demais materiais que preservan a imaxe audiovisual do país e entre as que hai reportaxes, entrevistas, documentación de actividades oficiais, paisaxes ata mobilizacións sociais.. Amplía a nova>>

15/07/2011
As Xociviga non se desenvolverán no mes de agosto

Son as xornadas audiovisuais máis antigas de Galicia. A súa é unha historia de adiamentos, atrasos e mesmo de edicións sen celebrar, ao tempo que fan parte da historia do audiovisual deste país. Nesta ocasión, as Xociviga non se desenvolverán no mes de agosto. Tal e como publica hoxe La Región, o cambio de goberno fixo que o actual equipo non teña tempo para organizar a súa celebración que, segundo se recolle nese mesmo medio, os anteriores rexedores non deixaron organizado nin orzamentado. Con todo, o novo concelleiro de cultura, Rodrigo González, espera iniciar os trámites para organizar este encontro no mes de setembro.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org