Novas | 2181 a 2190 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

14/07/2011
A Comisión Europea propón fusionar todos os seus programas culturais

O actual proxecto cultural da Unión Europea remata en 2013. Por iso, a Comisión Europea está a elaborar o seu programa para o seguinte sexenio. A súa proposta chámse “Creative Europe” e unificaría os programas Cultura, Media (destinado a promoción do sector audiovisual) e Media Mundus, e contaría cun orzamento de 1.600 millóns de euros. A proposta debe ser negociada entre a Comisión, o Parlamento Europeo e o Consello da UE para o vindeiro marco orzamentario.. Amplía a nova>>

13/07/2011
A CRTVG renova o seu sitio web apostando por un "formato multisoporte"

Nun acto celebrado hoxe á mañá no Estudo 5 da Televisión de Galicia, a CRTVG presentou o novo web da compañía. A nova versión levaba en fase "beta" (en probas) desde o 17 de maio, pero foi hoxe cando iniciou oficialmente as súas actividades substituíndo á anterior. Cunha importante reforma de deseño, o novo web reestrutura os contidos e incorpora outros novos, como unha canle temática da escultura onde se amosan vídeos e reportaxes que identifican a cada concello galego, ou unha base de datos coa información das producións audiovisuais participadas pola compañía. Ademais, o servizo incorpora máis contidos á carta. "Atendemos ás demandas dos usuarios do servizo e incorporamos todos os capítulos de series antigas como Mareas Vivas ou Pratos Combinados. Sánchez Izquiero, director xeral da CRTVG, destacou o éxito dalgunhas das novas propostas, como a canle deportiva, e enfatizou que o novo web está optimizado tamén para teléfonos e tablets. Para Esther Medina, un dos elementos importantes é a aposta da nova versión pola integración coas redes sociais e "a gran conversa" que é Internet. . Amplía a nova>>

07/07/2011
Mundos Dixitais premia o proxecto Libro de Pedra cun 3D Award

A proposta da empresa coruñasa Ilux Visual Technologies e Video Lab, co Grupo de Visualización Avanzada da Universidade da Coruña acaba de gañar un dos premios 3D Awards, un dos máximos galardóns en infoarquitectura. Foi na categoría de Real –Time Presentation (presentación dun espazo en tempo real), na que proxecto galego permite facer un paseo virtual pola Catedral de Santiago. Ademais, dentro da programación de Mundos Dixitais, hoxe é o día no que o sector profesional galego ten máis relevancia, xa que tres empresas galegas (Perro Verde Films, Otiiplanet e Moonbite Games) presentarán os seus últimos traballos.. Amplía a nova>>

01/07/2011
A TVG regula a forma na que lle cheguen os proxectos e ideas para programas e contidos

Hoxe entran en vigor as regras que a dirección xeral da CRTVG estableceu para regular a forma na que os creadores e empresas presenten ideas para programas de interese para a empresa. Cada proxecto (que presentar unha copia en papel e outra en dixital) contará cun número de entrada, ha de incluír unha memoria que inclúa unha serie de apartados establecidos nas bases (calidade, identidade, difusión da lingua, promoción, innovación e tecnoloxía, reponsabilidade na xestión), así como unha serie de datos formais comúns a todos eles (títulos, xéneros, propostas de programación e multiplataforma, orzamento…) e específicos por proxecto. . Amplía a nova>>

30/06/2011
O Clúster Audiovisual aproba unhas contas que dán por superada a crise financeira interna

Hai un ano, o Clúster Audiovisual Galego atravesou por unha difícil situación financiera. E embargo, tal e como anunciaron na asamblea xeral na que aprobaron por unanimidade a súas contas, superaron ese momento. A asamblea, que ratificou a entrada de tres novos socios, presentou oas vindeiras asistencias a mercados (IBC Amsterdam, en setembro; Broadcast en Madrid en outubro; e cun stand compartido ao FICOD, tamén en Madrid, para novembro). Na xuntanza destacaron a conveniencia para o futuro do sector audiovisual a súa aproximación ás TIC, e a necesidade de transmitirle ás diferentes administracións teñan en consideración o carácter industrial do sector audiovisual galego.. Amplía a nova>>

30/06/2011
O Festival de Ourense exhibirá o audiovisual chegado das mellores escolas de cine

Non son producións escolares ao uso, son os traballos dos centros formativos de referencia no audiovisual estatal. A Escola Superior de Cine e Audiovisual de Cataluña (ESCAC), e a Escola de Cine e Audiovisual de Madrid (ECAM) presentarán escolmas dos seus traballos no marco de Baixo as estrelas, o programa de exhibición cinematográfica do festival de cine de Ourense para os meses de verán. As proxeccións terán lugar cada venres (ás 23:00 horas, na praza de San Martiño) e serán de balde.. Amplía a nova>>

29/06/2011
O Ministerio de Cultura contabiliza de forma oficial espectadores fóra das salas de cinema

O visionado remunerado dun filme a través de Internet contará como espectadores oficiais do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais. E, polo tanto con validez no cómputo establecido no acceso ás axudas estatais para a amortización de longametraxes. Así figura na Orde Ministerial que onte saíu publicada no BOE que revisa e actualiza os procedementos para a acreditación e certificación doutras formas de visionados (internet, soportes físicos e accesos a festivais e certames remunerados).. Amplía a nova>>

29/06/2011
Estes clips soan

Por número, por calidade e por relevancia, o videoclip galego está a vivir un bo momento. Sábeo ben Alfonso Pato, ideólogo do festival de Cans e do extinto programa Onda Curta, que cada ano se sorprende pola calidade deste tipo de traballos. “O clip non é só meterlle unhas imaxes á música dun grupo, poñer a banda audiovisual a unha canción, o clip é algo máis: ten que ter actitude e estética”. Revisamos algúns dos creadores que están a despuntar neste xénero.. Amplía a nova>>

28/06/2011
Empresas galegas anticiparán os seus traballos en Mundos Dixitais

O vindeiro 7 de xullo terá lugar, no marco de Mundos Dixitais, unha xornada centrada no cinema e na aniamción. Unha cita na que haberá presentación de tres empresas galegas. Destaca Perro Verde Films, que despois de facelo no festival de curtametraxes de Cans, achegará un adianto de Enrugas (a adaptación cinematográfica en 2D sobre a banda deseñada de Paco Roca co que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008). Canda esta, Otiiplanet exhibirá fragamentos de de Rascayú, a serie de animación na que actualmente traballa Juan Nouche. Completa a presentación galega Moonbite Games, outra spin off da Universidade de Santiago de Compostela.. Amplía a nova>>

27/06/2011
O cofundador de Pixar é un dos reclamos do festival Mundos Dixitais

O X Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital quenta motores. Á falta dunha semana, xa se coñece o programa definitivo dun encontro que ten como principal reclamo a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar que recibirá o Premio Especial do festival e ofrecerá unha conferencia (sábado o, ás 18:00 horas). O encontro seguirá fiel ao seu estilo e programa 35 actos entre conferencias, proxeccións, charlas dirixidas ao sector da animación, o deseño e as novas tecnoloxías. Haberá tamén xornadas de “recrutamento” para que profesionais “fichen” a talentos descoñecidos e outras de exhibición. A cita arrincará o vindeiro 6 de xullo na Coruña.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org