Novas | 2191 a 2200 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

23/06/2011
A figura de Álvaro Cunqueiro protagoniza un documental que se emite en TVE 2

A serie Imprescindibles emite mañá venres (TVE 2, 22:00 horas) un documental sobre a figura de Álvaro Cunqueiro. Imaxes de arquivo nas que o propio Álvaro Cunqueiro fala da súa literatura, dos seus amigos e dos seus gustos. Iso, completado coa visión del a cargo de familiares, escritorse, amigos e especialistas como César Antonio Molina, Francisco Fernández del Riego ou Nélida Piñón, máis un ensaio dunha das pezas máis importantes da súa produción, Don Hamlet. Con este material, Miguel Anxo Murado escribe o guión dunha produción que ten a Antón Reixa como director. . Amplía a nova>>

23/06/2011
Ángel de la Cruz dirixirá a adaptación audiovisual das historias do detective Frank Soutelo

Un nicho para Marilyn(Galaxia) é a novela que veu nacer a personaxe de Frank Soutelo, un particular detective que naceu en California pero de pais galegos. Agora, cando a personaxe vive a súa cuarta aventura (a cuarta novela está titulada Lume de cobiza) relacionada coa especulación urbanística relacionada coa vaga de lumes do ano 2006, anúnciase a súa versión audiovisual. Será Ángel de la Cruz o encargado de transformar en imaxes as aventuras de Soutelo. Terá forma de 33 capítulos a modo de road movie e o proxecto está en fase de busca de financiamento.. Amplía a nova>>

20/06/2011
FAPAE premia a Cela 211 como película española con máis traxectoria internacional en 2011

No transcurso da presentación da nova edición do "Madrid de Cine" que organiza FAPAE (Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles), a entidade anunciou que o Premio FAPAE á película española con máis traxectoria internacional en 2011 foi Cela 211, producida por Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar. . Amplía a nova>>

15/06/2011
As emisións monolingües marcan o límite dos nacionalistas para sumarse ao pacto da CRTVG

O BNG saliu onte, en palabras do seu voceiro Guillerme Vázquez, a denunciar “presións” para sumarse ao consenso do PPdeG e PSdeG sobre a reforma da CRTVG. Vázquez deixou moi claro que un dos desencontros entre o seu partido e o resto para aceptar ese texto pasan pola defensa do idioma. “Se a CRTVG non é monolingüe en galego non sei que papel vai poder xogar” alegou Vázquez. Pola súa banda, Ana Pontón criticou o poder “ilimitado” que se lle dará ao director xeral do ente e lamenta que non apareza a creación do Consello Galego do Audiovisual.. Amplía a nova>>

15/06/2011
BNG e PSdeG piden que AGADIC asuma formalmente as competencias no sector audiovisual

Ana Pontón, deputada do BNG, propuxo onte no Parlamento unha iniciativa que pedía a disolución do Consorcio Audiovisual de Galicia (e que as súas competencias as asuma a Agadic), incrementar os investimentos da Xunta nesta materia, cumprimento da obriga legal da CRTVG de invertir no financiamento, recuperar o proxecto de Flocos.tv e elaborar un Plan Estratéxico para o sector, entre outras medidas. A súa proposta contou co apoio do PSdeG, pero non co do PP que fixo valer a súa maioría para desbotar a moción. O deputado popular de Cultura, Ignacio López-Chaves, aproveitou a súa intervención para cifrar en 42 os proxectos audiovisuais que están en marcha neste 2011, fronte os 42 do ano anterior. . Amplía a nova>>

10/06/2011
Un coruñés trunfa na República Dominicana cunha serie de terror

Despois de traballar na TVG, na BBC (como produtor de varias edicións do concurso Wildlife Photographer of the Year) e mesmo para o grupo Inditex, o produtor Gus Sención está a trunfar na República Dominicana cunha serie para televisión. Chámase O límite da realidade e consiste nunha docu-serie de terror con historias que o público lle remitiu ao equipo do programa e que está a bater marcas de audiencia. Por outra banda, a produtora viguesa Verbe Audiovisual é a empresa que firma ovídeo co que unha coñecida marca de bebidas enerxéticasque recibiu en Youtube preto de 77.000 visitas.. Amplía a nova>>

10/06/2011
Vaca Films estrea Secuestrados en Estados Unidos, Xapón e Rusia

Naceu co obxectivo de facilitar a promoción e as vendas do cinema español no estranxeiro. Cun recorte orzamentario do 35% pretenden exhibir 45 filmes españoles nos visionados (cen títulos máis na plataforma dixital Veospain) diante de 75 compañías internacionais. Esta edición de Madrid de Cine-Spanish Film Screenings contará coa presenza da produción galega 18 comidas. Quen xa ten acordada a súa presenza nas pantallas de numerosos países é Secuestrados que logo de chegar a Turquía esta fin de semana e ocupar o posto número 5 das películas máis vistas da semana en Hong Kong, proxectarse nos cinemas de Estados Unidos , Rusia (200 copias), Xapón (10 copias) e outros cincuenta países. . Amplía a nova>>

09/06/2011
PP e PSdG chegan a acordo para reformar a lei da CRTVG

Malia que o BNG abandonou a ponencia parlamentaria que acometía a redacción do texto da futura Lei da CRTVG, os outros partidos (a saber, PP e PSdG) chegaron a un principio de acordo. Entre os futuros cambios destacan principalmente catro: en primeiro lguar que TVG e RG confluirán nunha única entidade; en segundo lugar que o seu director será escollido por maioría de dous terzos no Parlamento (tres quintos se é en segunda votación); terceiro, que se reducirá notablemente o Consello de Administración, que xa non contará con cargos políticos. E, por último, contará cun consello de redacción para velar pola información independente. O documento queda pendente do visto bo dos dirixentes dos dous partidos, mentres que BNG anunciou que presentará un texto propio nos vindeiros días.. Amplía a nova>>

08/06/2011
A Academia do Cine premia un programa de audiovisual escolar que non se realizou este ano

Audiovisual nas aulas é un programa que o Consorcio Audiovisual de Galicia mantén desde o ano 2003 co obnxectivo de introducir aos escolares de ensinos non universitarios nocións de linguaxe audivisual. Pois ben, a iniciativa pola que teñen pasado preto de 6.000 alumnos acaba de ser galardoada co Premio González Sinde que concede a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Acontece que o galardón chega no curso académico no que o Consorcio non organizou este programa. Fontes desta entidade aseguran que se está a preparar a edición de 2011-2012 coa mesma orientación e obxectivos.. Amplía a nova>>

07/06/2011
Unha vintena de títulos compoñen a Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo

O Museo do Pobo tivo desde as súas orixes, unha acusada querencia polo cinema. De feito, arrincou co primeiro presidente do padroado, Xoaquín Lorenzo Xocas, quen lle legou ao centro os dereitos de o Carro e o home. Desde moi cedo, o Museo aproveitou toda oportunidade para dar a coñecer as tradición, costumes e formas de vivir e pensar a través do audiovisual. Entre as actividades desta materia destaca a Mostra de Cinema Etnográfico, cuxa edición de 2011 arrinca hoxe con 19 títulos en 9 sesións. O proxecto arrincará coa sección de Cinema Histórico dedicada este ano a José Val del Omar con presentación a cargo de Pepe Coira. Seguirá a sección Carlos Velo onde se pasarán cintas escollidas desde o Museo con importante peso das realizacións galegas, e conta tamén coa Sección Espiello formada polos documentais gañadores no festival de mesmo nome. A cita desenvólvese ata o vindeiro 15 de xuño.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org