20/10/2011
Comezan os ciclos paralelos que estenden as Xociviga fóra do seu calendario habitual
Despois dun período de incertidume pola continuidade do encontro, as Xornadas de Cine e Vídeo máis antigas de Galicia, as Xociviga, celebráronse no Carballiño. A semana grande tivo lugar no mes de setembro en Carballiño cunha estrutura ben diferente á súa programación habitual. Dentro das novidades desta edición figuraba estender o encontro máis alá dun mes a través de ciclos paralelos. O primeiro deles, que agrupa producións de animació, comeza este venres no Carballiño. Por diante queda un Ciclo de Cine Galego de Estrea a desenvolver en setembro; un de Curtametraxes entre febrero e marzo; un de Cine e Música en abril e, para rematar, outro de Cine na Ría en agosto. .
Amplía a nova>>
20/10/2011
O festival de cine Filminho analizará a crise social actual nesta edición
“O Nosso Tempo: Manual de Instruções” este ó título dunha das seccións da cuarta edición de Filminho, o festival de cinema galego e portugués. Baixo este epígrafe exhibiranse unha escolma de filmes que analizarán a inestabilidade social e a crise económica baseándose no caso de Grecia. Proxeccións de documentais e actividades musicais fan parte da programación dun festival que homenaxea a figura de Eliseo Alonso e se desenvolverá entre o 22 e o 30 de outubro..
Amplía a nova>>
18/10/2011
O Festival de Cine Iberoamericano de Huelva premia a Julio Fernández
O produtor Julio Fernández (Lugo, 1947) suma un novo premio no seu haber. O último é foi o que lle concedeu o Festival de Cine Iberoamericano de Huelva que lle outorgará o seu máximo galardón. Chámase Cidade de Huelva e recoñece a súa traxectoria profesional no sector audivoisual. A entrega terá lugar no transcurso da 37 edición do certame, que terá lugar entre os días 19 e 26 de novembro..
Amplía a nova>>
18/10/2011
O Festival de Ourense premia o audiovisual escolar
Apostar polos escolares foi un sinal de identidade nas últimas edición do Festival de Cine de Ourense. E este ano o certame mantivo esa liña. Once concedeu os premios para os escolares repartidos en dúas categorías: infantil-primaria dunha banda, e secundaria da outra. Os gañadores da primeira son “Ser máis libres” que fixo o CEIP O Foxo de Rubín da Estrada, e “Informativos Telecarballedo” segundo premio. Doutra banda, na categoría de Secundaria os gañadores foron “Love Sons” do colexio María Assumpta de Noite. E o segundo para “O xefe Seatle” do IES Illa de Arousa..
Amplía a nova>>
17/10/2011
V Televisión estrea unha serie sobre o patrimonio lendario do país
Presentada polo divulgador cultural Xosé Couñago, a serie
Lendas Vivas leva ás pantallas de V Televisión a dramatización dunha lenda do acervo cultural do país. Nunha viaxe por diferentes puntos de Galicia, a serie documental, producida por Imposíbel Producións e V Televisión, combina as entrevistas con historiadores e expertos coa interpretación das lendas. O primeiro episodio, que xa se pode ver en liña, emitiuse onte, domingo, pola noite, coa lenda "Floralba e o peregrino", orixinaria do Castelo de Sobroso (Ponteareas). .
Amplía a nova>>
14/10/2011
Cineuropa proxectará os filmes gañadores en Venecia e Berlín na súa edición número 25
O vindeiro mes de novembro dará comezo en Santiago Cineuropa. Unha cita fiel ao calendario que está a ultimar as súa programación de cara unha edición que celebrará as súas vodas de prata. Da programación sábense algúns títulos que estarán presentes nesta cita, como os filmes gañadores do León de Ouro da Mostra de Venecia (
Fausto, o filme que completa a tetraloxía de Alexandre Sokurov sobre o poder) ou o Oso de Prata da Berlinale (
Un cabalo Turinés de Béla Tarr). Haberá sorpresas para o público nunha edición que repetirá a fórmula habitual de “festival de festivais” con numerosas cintas procedentes de Asia, África e Latinoamérica. .
Amplía a nova>>
13/10/2011
Continental presenta wecoop, unha plataforma crowdsourcing para contidos audiovisuais
O sector audiovisual é consciente de que a nova realidade (tecnolóxica, económica, social) mudou o modelo de negocio. A semana pasada o produtor Pancho Casal (responsable de Continental, unha das empresas produtoras máis fortes do sector) apuntaba cara tres liñas do modelo de neocio: o branded content, a produción de videoxogos ligado a contido audiovisual e a produción colaborativa. Precisamente este último campo está relacionado co que hoxePancho Casal deu a coñecer a través do seu blog e das redes sociais. Chámase Wecoop e, baseándose na filosofía crowdsourcing, está dirixido a produtores, profesionais e afeccionados, para producir e comercializar contidos audiovisuais, nos que a rede é un factor determinante para traballar. Unha plataforma para porá en conexión a profesionais e afeccionados ao mercado do sector audiovisual con produtoras para ofrecer productos audiovisuais de calidade e orixinais..
Amplía a nova>>
11/10/2011
A produción cinematográfica e de ficción debátese hoxe en Correo TV
A realidade do sector audiovisual entra hoxe a debate en
Faladoiro, o programa de Correo TV (21:30 horas). O debate centrase en dous aspectos concretos do sector: o cine e a ficción galega. Para falar do tema, o programa presentado por Carlos Roma contará coa presenza de Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia; Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual; Ramón Varela, produtor executivo de Pórtico e Jorge Algora, director de cine e alto executivo de Adivina. .
Amplía a nova>>
11/10/2011
O festival Amal revalida a súa aposta polo cine árabe na súa novena edición
Se en 2010 se proxectaron 45 filmes, neste 2011 serán só 26. Este é o total de curtametraxes e longametraxes que se exhibirán entre o 24 e o 29 deste mes de outubro. O festival nota o impacto da crise no número pero non na calidade das producións a competición, que pretende dar conta a realidade do mundo árabe. En canto ás actividades paralelas, o certame contará con obradioros de caligrafia, cociña, danza árabe; coa semana gastronómica e con dúas actividades expresamente relacionadas co sector audiovisual (o ciclo de cine experimental eo certame Amal Express)..
Amplía a nova>>
11/10/2011
Clásicos independentes
“Tócache!”. Este é o eslogan da XVI edición do Festival de Cine de Ourense e toda unha declaración de intencións do que pretende ser este certame que abre as súas portas ao público o vindeiro venres. “O público é o auténtico leitmotiv, sen el non sería posible, e para el acometemos unha reestruturación dos ciclos, sección e demais programación ” asegura Diego G. López, voceiro dun festival que este ano se estrea sen director..
Amplía a nova>>