02/11/2011
Os Cineclubes denuncian que o desamparo administrativo afoga as súas actividades
No bienio 2010-2011, os 22 cineclubes galegos proxectaron 559 producións audiovisuais que chegaron de 35 nacionalidades diferentes cunha media de cen espectadores por sesión. “As cifras evidencian a nosa liña de traballo, que dá conta da diversidade cinematográfica e o cinema non comercial e independente” explica Manuel Precedo, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia. Sen embargo, este volumen de actividade non conta co respaldo administrativo xa que a Xunta non renovou o convenio que viñan asinado desde hai quince anos “por falta de financiamento” o que pon a entidade nunha difícil situación. Con todo, a Federación presentou o “Encontro de Cineclubes” que terá lugar esta fin de semana (5-6 de novembro) para intercambiar experiencias con entidades homólogas de Portugal e de Cataluña..
Amplía a nova>>
28/10/2011
Cineuropa comezará o 9 de novembro fiel á fórmula de "festival de festivais"
"O cabalo de Turín" (de Bela Tarr, galardoado co Oso de Prata en Berlín), "Le Havre" (de Aki Kaurismaki, Premio da Crítica en Cannes), "Fausto" (de Aleksandr Sokurov, León de Ouro en Venecia), "Route Irish" de Kean Loach, "L’Apollonide" de Bertrand Bonello, ou acontrovertida "Hors Satan" de Bruno Dumontson algúns dos títulos que se poderán ver nesta edición de Cineuropa. Nesta ocasión, o festival dirixido por Jose Luís Losa, cumpre 25 anos fiel á súa liña de traballo de cinema independente e de traer filmes premiados noutros festivais internacionais. O vindeiro 4 de novembro presentarase ao público o programa completo, os gañadores do premio Cineuropa deste ano e "sorpresas" para celebrar as vodas de prata. O Teatro Principal, o Salón Teatro , o CGAC e os espazos da Fundación NovaCaixaGalicia serán a sede deste festival..
Amplía a nova>>
27/10/2011
Mudan os hábitos
Os galegos están a mudar os seus hábitos culturais. A crise económica, a integración das novas tecnoloxías ou mesmo as modas están a facer que algunhas das opcións máis habituais neste campo teñan que compartir espazo con novos xeitos. Tanto na asistencia a espectáculos como, de xeito especial, nas actividades artísticas que desenvolven os galegos, detéctase que estamos ante novos tempos. O Observatorio da Cultura Galega explota os datos da enquisa de hábitos e prácticas culturais en España do Ministerio de Cultura e amósanos, entre outras cousas, a pegada que teñen os videoxogos no noso país..
Amplía a nova>>
26/10/2011
Un documental recupera imaxes dos anos vinte gravadas polo xuíz Bellver
Case cinco décadas despois de que o xuíz José Bellver falecera na súa casa de Pontevedra, na súa casa repousaba un dos seus segredos. Coñecíase a súa afición á fotografía (autor do album de postais “Estampas de Galicia”), pero non á cinematográfica polo que o achado tivo un valor dobre. Agora, as 29 latas que rexistraron estampas de feiras, peiraos, e rúas de todos aqueles lugares nos que o maxistrado viviu descansan no Centro Galego de Artes da Imaxe. Espazo no que hoxe se presenta o documental
Milímetros, no que o director Xes Chapela aproveita as ese material para por en valor o patrimonio audiovisual e, ao mesmo tempo, trasladarnos á Galicia dos anos vinte. .
Amplía a nova>>
26/10/2011
Sinbad chega o venres a 6 salas de cinema
Rodouse entre Ribeira, Santiago, Ames e conta a historia dun home, Sinbad, que conta, entre a imaxinación e a lembranza, as experiencias das súas viaxes pasadas. Protagonizada por Xosé Olveira “Pico”, no papel de Sinbad, conta con outros actores como Sara Casasnovas, Luís Zahera, César Cambeiro, Antonio Durán “Morris” ou Camila Bossa, dirixidos por Antón Dobao. O filme inclúese dentro das actividades previstas para celebrar o centenario do nacemento de Cunqueiro e o cincuenta aniversario da publicación que inspira o filme,
Se o vello Sinbad volvese ás illas..
Amplía a nova>>
25/10/2011
A relación entre Valle-Inclán e o cinema abre o congreso sobre a súa figura
O catedrático da USC e membro da Real Academia Española , Darío Villanueva, será o encargado de abrir hoxe o congreso “Valle-Inclán e as artes”. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago co apoio doutras entidades para afondar na relación que o creador pontevedrés tivo en todas as disciplinas creativas. Durante tres días afondarase na súa relación coa música (Carlos Villanueva e Dru Dougherty), coa pintura simbolista (Carmen López Fernández) ou os seus leigados manuscritos (MargaritaSantos Zas, Javier Serrano y Amparo de Juan), así como a análise dalgunha das súas obras. Como acto de colofón a este congreso, que se desenvolve ata o venres en Santiago, o Museo de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición
Retratos de Valle-Inclán..
Amplía a nova>>
24/10/2011
A utopía posible
“Estou pensando en poñer á venda as oficinas de Continental Produccions” aseguraba Pancho Casal a Culturagalega.org hai uns días. Non é que a empresa peche, senón todo o contrario, xa que a produtora está nun bo momento (no Festival de Cine de Ourense presentaron Barreiros, unha película para televisión e esta fin de semana estrearon en TVG) o motivo é moito máis simple. Pancho está convencido que o modelo de negocio para as produtoras como a súa (independentes, non asociadas a ningún grupo de comunicación) teñen que ver Internet como aliado e han de facelo xa. As respostas a todas as preguntas están en Wecoop..
Amplía a nova>>
24/10/2011
O mundo árabe é protagonista en Santiago da man do Festival Amal
Os irmáns Joubran abriron onte coa súa música (son coñecidos baixo o nome Le Trio Joubran) unha nova edición do Festival de Cine Euroárabe. Un encontro que pretende achegar a realidade árabe ao público e que co actual contexto político e social está máis en boga que nunca. Malia que as actividades paralelas do certame comezaron a fin de semana (cursos de gastronomía, baile e caligrafía árabe, entre outros) hoxe arrinca sección competitiva. Faino coas curtametraxes pensadas para público infantil en sección de mañá, e con filmes que recollen as revoltas exipcias de xaneiro (
Erhal. Diario de la Plaza Tahrir), a historia dos músicos na república do Yemen (
Yemen) ou o obradoiro que Óliver Laxe rodou en Tánxer con menores dun centro de acollida (
Todos vós sodes capitáns).O certame, que se desenvolve ata o domingo, conta cun apoio de 16.878,70 euros grazas a un acordo que os organizadores subscribiron coa Consellaría de Cultura..
Amplía a nova>>
24/10/2011
Siberia Monamour, unha historia sobre a supervivencia, gaña o Festival de Cine de Ourense
Iván e o seu neto Leshia viven nunha aldea abandonada á que o tío Yuri lles leva comida. Un día, os cans salvaxes da zona matan o tío e, con el, o suministro dos únicos habitantes que se enfrontan á súa situación de xeito diferente. Esta é a historia que conta
Siberia Monamour, o filme premiado nesta edición do Festival de Cine de Ourense. Ademais do premio grande do certame, a Calpurnia, recibiu tamén o premio do público a mellor longametraxe, o premio a mellor actor (para Nikolai Kozak) e o premio do xurado universitario. No palmarés desta edición de 2011 destacan tres referencias galegas: Marcos Nine foi recoñecido como o mellor director de documentais por
Radiografía dun autor de tebeos; Félix Fernández recibiu o premio ao mellor filme na categoría de Novos Media por
Ich Allein Auf Fremde Wegen e o público premio a busca das raíces brasileiras de Carlos Núñez no documental
Brasil somos nós..
Amplía a nova>>
21/10/2011
Quiosco: Papeis da Academia
O último número de
Papeis da Academia, a publicación da Academia Galega do Audiovisual, é o primeiro que presenta Antonio Mourelos como presidente. Alén de contar con formato dixital que incrementa os contidos, a publicación dá conta das actvidades da Academia o Foro e os Premios Mestre Mateo) alén de lembrar neste número unha celebración ben simbólica: o vinte aniversario do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Ademais, diferentes profesionais do sector audiovisual ofrecen a súa opinión sobre o contexto do sector e un amplo obituario lembra os compañeiros finados entre xuño e 2010 e xullo de 2011, datas que abrangue este número..
Amplía a nova>>