10/11/2011
Cineuropa en trailers: xoves 10
A máis madrugadora das sección da programación deste Cineuropa é, coma sempre, a que está destinada aos máis pequenos. O filme Astro Boy é o encargado de abrir, ás 10:30 da mañá, as proxeccións de “Cine Miúdo””. E pola tarde, inaugura a sección oficial competitiva Tiranosaro, unha cinta premiada no Sundance sobre a relación entre Joseph (Peter Mullan), un viúvo alcohólico e dominado pola violencia, e unha traballadora dunha sociedade relixiosa(Olivia Colman). Joseph búrlase da fe de Hannah e da súa idílica existencia ata que descobre que a súa vida non ten nada de plácida. A sesión de hoxe complétase coas proxeccións na Sede Fundación Novacaixagalicia de filmes sobre Elvis Presley e aqueles filmes que marcaron a traxectoria deste festival..
Amplía a nova>>
09/11/2011
Sesión número 25
“Un festival é un ente orgánico que medra, cambia e mesmo algún desaparece” bromeou Jose Luis Losa na presentación da edición número vinte e cinco de Cineuropa. Sen embargo, o festival de Santiago segue fiel á fórmula que o veu nacer hai un cuarto de século. Cinema independente, de calidade, fóra dos circuítos comerciais e, por suposto, cintas premiadas noutros encontros de referencia. Nesta edición, o encontro cumpre vinte e cinco anos co anuncio de cambios no modelo de xestión e nos formatos..
Amplía a nova>>
09/11/2011
As imprescindibles de 2011
De entre a marabunta de filmes que conforman a programación desa edición de Cineuropa, Jose Luis Losa, o seu director selecciona para Culturagalega.org “as imprescindibles”. Son cinco títulos que non deben faltar na previsión do espectador e que resumen a esencia da programación deste ano. L`Apollonide (Bertrand Bonello), O cabalo de Torino (Bella Atar), A guerra foi declarada (Vallerie Donzelli), O neno da bicicleta (Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne) e Fausto (Alexandr Sokurov) son os títulos escollidos nesta edición de 2011..
Amplía a nova>>
08/11/2011
Cineuropa estreará Outro máis, un filme sobre as consecuencias da marea negra
É unha ficción pero podería ter acontencido perfectamente porque
Outro máis recrea como lle afecta as relacións dos veciños dunha vila costeira galega unha marea negra. A película para televisión de Filmanova é una das producións que se estrean no marco de Cineuropa, o festival de cinema de Santiago. A proxección, prevista para o luns, 14 de novembro ás 20:15 horas no Teatro Principal, está dirixida por Ricardo Llovo e protagonizada por María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde ou Toñito de Poi, entre outros..
Amplía a nova>>
08/11/2011
O filme Engurras é preseleccionado para os Óscars na categoría de animación
Despois da boa acollida no Festival de San Sebastián, onde obtivo un apoio unánime da crítica, o filme
Engurras figura entre o listado de cintas preseleccionadas aos Óscars. O filme producido pola produtora coruñesa Perro Verde Films, con guión de Ángel de la Cruz e música de Nani García, consiste na adaptación cinematográfica do cómic homónimo do ilustrador Paco Roca baseado no alzheimer.
Tintin,
Cars 2,
Chico y Rita son algúns dos traballos cos que compite e que poderán pasar a ter a categoría de candidatos unha vez sexan estreados neste ano nunha sala comercial en Los Ángeles. A partir de aí iniciarase o proceso de selección dos candidatos por parte dos membros da Academia de Cine. A produción chegará as carteleiras españolas no vindeiro 2012..
Amplía a nova>>
07/11/2011
Lobos de Arga gaña o premio do público da Semana de Terror de San Sebastián
Despois do de Sitges, a Semana de Cine Fantático e de Terror de San Sebastián é unha das citas imprescindibles do xénero en todo o Estado. E por primeira vez na súa historia, o certame premiou unha película española. Trátase de
Lobos de Arga, a coprodución de Vaca Films que conta unha historia de homes lobo en clave de comedia. O filme, de cinco millóns de euros de orzamento, rodouse nos arredores de Santiago e conta con gran equipo técnico e artístico galego. .
Amplía a nova>>
04/11/2011
Aitana Sánchez Gijón e Jorge Drexler reciben os premios da XXV edición de Cineuropa
Producións independentes, de calidade e premiadas nos principais festivais de cinema de referencia. Estes son os ingredientes do éxito de Cineuropa, unha cita imprescindible no calendario cultural do mes de novembro en Santiago que cumpre neste 2011, vinte e cinco anos de existencia. “Sen o respaldo do público non tería sentido” aseguraba o seu director e alma máter, Jose Luis Losa, que presentou a sección oficial, os ciclos temáticos e as galas de entrega dos premios. Aitana Sánchez Gijón recibe o premio Cineuropa na gala que abrirá esta edición do certame o vindeiro mércores 9. O outro premio recae en Jorge Drexler, que ofrecerá un concerto especial (martes 15) e que para o director Jose Luis Losa, “é un regalo que lle fai o concello ao seu público pola súa asistencia”. Ademais, “xuntando a celebración do 800 aniversario da Catedral e as vodas de prata de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia interpretara música de Shostakovich” engadiu o concelleiro de Cultura, Ángel Currás. O prezo mantense en 3 euros a entrada individual e 20 euros o bono de 10 filmes. .
Amplía a nova>>
03/11/2011
Zircocine ficciona unha historia sobre as FARC en Operación E
O campesino cocaleiro José Crisanto (Luís Tosar) recibe o encargo de coidar de Enmanuel, o fillo que a Clara Rojas (Martina García) tivo cun guerrilleiro mentres estaba secuestrada. A FARC anuncian a liberación da nai e do fillo, pero o día previsto a guerrilla non sabe onde está o neno. Esta é a historia que conta
Operación E, o último filme da produtora xestionada por Luís Tosar e Farruco Castromán, Zircozine. Ademais, ambos produtores son tamén actores neste trhiller. A rodaxe comeza agora na selva colombiana con Miguel Cuortois Paternina, realizador hispano-francés coñecido polos seus dous filmes sobre terrorismo: GAL e El Lobo, como director. O filme ten un orzamento de 3 millóns de euros, conta co apoio do ICAA e está coproducido coa española Tormenta Films e a francesa A.J.O.Z. Films, coa participación de Televisión Española e Canal + Francia..
Amplía a nova>>
02/11/2011
Manolo Paz, Quico Cadaval ou Rogelio Groba, entre os galardoados cos Premios da Cultura Galega
Son os galardóns máis destacados da cultura galega. Creados polo bipartido, modificados (perderon a etiqueta de nacionais máis a dotación económica, así como reduciron o número de premios) polo actual goberno recoñecen os mellores creadores do país. Nesta ocasión, os gañadores son Arcadio López Casanova na categoría de Letras, Manolo Paz en Artes Plásticas, Quico Cadaval en Artes Escénicas, a Fundación ‘Aquae Querquennae’ na de Patrimonio Cultural, Carlos Núñez en Promoción Cultural de Galicia, Rogelio Groba en Música e María Pujalte en Creación Audiovisual..
Amplía a nova>>
02/11/2011
A CRTVG convértese en corporación pública
Elección do Director Xeral por maioría cualificada no Parlamento, redución do Consello Asesor de 12 a 6 membros, elexido tamén por maioría de dous terzos, e mandato de 5 anos para ambas as dúas entidades; simplificación das tres sociedades (CRTVG, TVG e Radio Galega) que se converten en Corporación e coa cualificación de “medio público” con financiamento público. Estas son algunhas das características da nova Lei de Medios Públicos de Galicia que se aprobou hoxe no Parlamento con 61 votos a favor e 12 en contra, pertencentes ao Bloque Nacionalista Galego que presentou 85 emendas, todas elas rexeitadas. A lei aprobouse despois dunha serie de manifestacións e unha xornada de folga convocada polos traballadores do ente que denunciaban que o texto abre a porta á privatización do ente..
Amplía a nova>>