18/11/2011
Cineuropa en trailers: venres 18
Contra a morte é unha produción galega que pretende achegarse á figura de Lois Pereiro, homenaxeado no día das letras galegas neste 2011. Non é a única proposta galega que destaca na carteleira de hoxe, xa que a sede da Fundacion Novacaixagalicia-CSM exhibe novos títulos da sección dedicada a exhibir a filmografía de Alberte Pagán..
Amplía a nova>>
17/11/2011
Voz audiovisual abre unha escola para formar actores e guionistas
Os platós das series
Padre Casares e
Matalobos son os escenarios nos que Voz Audiovisual impartirá as clases da acabada de crear Escola de Interpetación e de Guión. A produtora ofrecerá dous cursos que acaban de abrir o seu prazo de inscrición, que comezarán o vindeiro mes de febreiro e contan con vinte prazas cada un. Segundo unha nota de prensa remitida pola produtora, a oferta formativa de Voz audiovisual empregará aos profesionais da casa como docentes deste centro. .
Amplía a nova>>
17/11/2011
Cineuropa en trailers: xoves 17
Elsa Sánchez, de ascendencia galega, é a viúva de Héctor Germán Oesterheld –guionista da obra cumio do cómic arxentino, El Eternauta–, e unha das vítimas da ditadura militar arxentina. Cineuropa acolle hoxe a estrea absoluta da longametraxe documental que reproduce a súa historia con guión de Diego Ameixeiras e a participación de Manuel Rivas. É unha das citas do día nunha programación na que tamén figura un clásico deste festival: a película sorpresa (22:15 horas)..
Amplía a nova>>
16/11/2011
O Culturgal das medras
Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galega, chega á súa cuarta edición. Pontevedra acolle un evento que, logo de diferentes mudanzas e orientacións, semella ter atopado o seu oco. Baixo a dirección de Sergio Lago, o proxecto enfronta agora a súa expansión como punto de encontro dos diferentes axentes do sector da cultura e que aposta por chegar para alén da cita anual. .
Amplía a nova>>
16/11/2011
Cineuropa en trailers: mércores 16
Despois da gala-concerto de Jorge Drexler, Cineuropa explora novos territorios. O audiovisual galego protagoniza unha xornada coa presenza de varios títulos de Xurxo Chirro, Borja Mucientes e Antonio Caeiro. Ademais, o Salón Teatro acollerá un coloquio logo da proxección de "Mercado de futuros", producida por Xosé Zapata. O CGAC, o Salón Teatro, a fundación da Novacaixagalicia-CSM e o Teatro Principal teñen programadas proxeccións nun dos días máis completos do certame..
Amplía a nova>>
15/11/2011
Cineuropa en trailers: martes 15
O Auditorio de Galicia acolle esta noite a terceira gran celebración desta edición de Cineuropa coa entrega do premio do festival a Jorge Drexler (Montevideo, 1954). O compositor e gañador dun Óscar pola banda sonora de Diarios de motocicleta recollerá un premio e ofrecerá un concerto para presentar o seu novo traballo,
Mundo Abisal. Malia ser o evento do día en Cineuropa, hoxe tamén hai espazo no Salón Teatro e no CGAC para as proxeccións cinematográficas..
Amplía a nova>>
14/11/2011
Ábrese o prazo de presentación de candidaturas para os Mestre Mateo 2011
Todas aquelas producións audiovisuais realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano poderán concorrer aos Mestre Mateo, os galardóns que recoñecen os mellores traballos do sector. A Academia Galega do Audiovisual acaba de convocar unha nova edición deste certame coa publicación das bases no seu sitio web. Mantéñense as mesmas categorías (un total de 26) que en edicións anteriores e a faise público o calendario desta edición. O vindeiro 24 de xaneiro publicaranse as candidaturas definitivas mentres que a gala terá lugar o 16 de abril de 2012..
Amplía a nova>>
14/11/2011
Cineuropa en trailers: luns 14
No marco da presentación de producións audiovisuais galegas hoxe é o momento de
Outro máis, a película para televisión dirixida por Ricardo Llovo. Un filme que ficciona as relacións veciñais despois dunha marea negra. Canda esta producion, continúa as proxeccións do ciclo alemán, da sección oficial. Ademais, completa a programación unha mesa redonda na que se debaterá sobre o papel e o futuro deste tipo de encontros..
Amplía a nova>>
11/11/2011
O Festival de Cine de Ourense tivo 10.000 espectadores na última edición
Dúas semanas despois do peche da 16 edición, o Consorcio do Festival de Cine de Ourense acaba de facer público as cifras de asistentes. Nesta ocasión pasearon por alí preto de 10.000 espectadores, que supón un 16% respecto á pasada edición. Deses espectadores, as proxeccións de Cinebox foron as máis seguidas (5.229) logo do Auditorio (3.191 euros) e do Teatro Principal (726). Por formatos, as longametraxes conseguiron captar a un maior número de público, menters que no caso dos ciclos o de comedia obtivo mellores resultados. Con todo, a presidenta do Consorcio e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, destacou a diminución dos escolares presente na gala do OUff Escola e, con todo, destacou a presenza “dos docentes nestes momentos difíciles para as actividades extraescolares”..
Amplía a nova>>
10/11/2011
A CTRVG empregará un terzo do seu orzamento de explotación no sector audiovisual
Coproducións audiovisuais, compras de dereitos, series de ficción, programas de entretemento, producións asociadas… en resumidas contas, os produtos que impulsan o sector audiovisual galego. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou onte no Parlamento que destinará a este fin unha terceira parte do orzamento de explotación da Televisión de Galicia. É unha das medidas na explicación do gasto dos fondos que disporá o ente para o vindeiro ano e que se reducen un 3.6% con respecto a 2011. En total, a CRTVG terá para o 2012 117 millóns de euros..
Amplía a nova>>