Novas | 2091 a 2100 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

27/11/2011
Cineuropa en trailers: domingo 27

O metacine de cine Road to nowhere e o asoballante thriller Essential killing (premiado no festival de Venecia e no de Mar de Plata) traen á carteleira de Cineuropa o rexurdir de dous veteráns: Monte Hellman e Jerzy Skolimowsky. E destaca, a comedia A raíña das mazás, Valérie Donzelli, ópera prima desta realizadora que opta a ser a gañadora desta edición co filme A guerra declarouse, que se proxecta o martes. Completa a proposta do día os maxistrais e provocadores Cold Fish e Guilty of romance do xaponés Shion Sono.. Amplía a nova>>

26/11/2011
Cineuropa en trailers: sábado 26

O filme de contido político, O estudante protagoniza hoxe a carteleira de Cineuropa. Logo de trunfar nos festivais de Locarno e de Bos Aires, incorpórase á recta final de Cineuropa. O programa de hoxe tamén permite ver o último filme de Robert Redford, O conspirador (inspirado no asesinato de Abraham Lincoln) e de Ken Loach Route Irish (sobre a guerra de Iraq). Ademais, hoxe é o último pase de O artista, que xunto con O neno da bicicleta e A guerra está declarad", son as favoritas para o Premio do Público. Ademais, a partir das 18:00 horas, o maratón sobre Elvis Presley en Hollywood na sede da Fundación NovacaixaGalicia.. Amplía a nova>>

25/11/2011
Cineuropa en trailers: venres 25

Malia que o festival entra na recta final, queda ainda espazo para novos traballos. A de hoxe é unha xornada dedicada ao Novo Cinema Galego, que permite a presentación dos últimos traballos dos realizadores: Alberte Pagán e Xurxo Chirro. O primeiro deles rematará o ciclo dedicado a exhibir os seu traballos con A pedra do lobo, mentres que os segundo presentara Vikingland despois de participar nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Os dous charlarán co público ao remate das súas sesións. Ademais, na cita de hoxe continúan as proxeccións do ciclo dedicado a Andrés Veiel (no CGAC), con dúas novas proxeccións.. Amplía a nova>>

24/11/2011
Cineuropa en trailers: xoves 24

O filme de Ricardo Llovo, Outro máis, ficciona as consecuencias dunha marea negra.Non é a única produción galega do día en CIneuropa, que ofrecerá varias producións de Seném Outeiro. Entre elas “O espirito das trincadeiras”, que narra o movimento veciñal na defensa das Trincadeiras, nunha zona pontevedresa que se expropiaron uns terreos para construír a autovía Vigo-O Porriño. Pecha a sesión un traballo de Uqui Permui e unha nova cita co ciclo de cinema alemán e o achegamento á figura de Andrés Veiel.. Amplía a nova>>

23/11/2011
Cineuropa en trailers: mércores 23

Son mulleres, galegas e pertencen a diferentes xeracións. Os seus nomes son Margarita Ledo, Sonia Méndez, Olaia Sendón, Adriana Páramo e Silvia Roca. Todas elas participan hoxe nunha mesa redonda que pretende dar a coñecer a situación da creación audiovisual desde o punto de vista da muller no marco da sección “Panorama Audiovisual galego”. Alén do coloquio, a partir das 20:00 horas proxectarase unha selección de títulos elaborados por moitas delas. . Amplía a nova>>

22/11/2011
Os problemas ambientais centran a Semana de Cine Submarino de Vigo

Os problemas económicos tamén chegan ao fondo do mar. A Semana de Cine Submarino de Vigo arrinca mañá cun programa que inclúe a proxección de catro filmes internacionais, entre eles Océanos, considerado o documental máis caro da historia. No entanto, non haberá desta volta no evento ningunha produción galega. A retirada de apoio económico da Xunta de Galicia impediulle aos organizadores do evento, o Club Subacuático Bahía de Vigo e mais a Universidade de Vigo, colaborar na realización de producións do noso país como viña sendo habitual e as incluír na programación.. Amplía a nova>>

22/11/2011
Cineuropa en trailers: martes 22

O festival de cine atravesa o seu ecuador cunha nova sesión de proxeccións na que destaca o último filme dirixido por Roberd Reford, O conspirador,no que fai un achegamento á personaxe e aos feitos que acabaron coa vida do presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln. Canda este título, hoxe é a última oportunidade para ver A muller do eternauta, longametraxe documental de produción galega con guión de Diego Ameixeiras e coa participación de Manuel Rivas, que recolle a vida de Elsa Sánchez. Elsa Sánchez, de ascendencia galega, é a viúva de Héctor Germán Oesterheld -guionista de cómic arxentino, autor de O Eternauta- . A súa traxectoria persoal serve para personalizar a barbarie da ditadura militar arxentina que ela sufriu en carne propia ao perder as catro fillas e mais o seu marido. . Amplía a nova>>

21/11/2011
Superviventes (I)

Hai un fío común que une os 22 cineclubes que existen a día de hoxe en Galicia, e é unha paixón desmedida polo cinema. É tamén a única explicación que permite xustificar por qué existen estas asociacións que ofrecen unha loita constante (contra as distribuidoras, as exhibidoras e as diferentes administracións) por ofrecer un cinema diferente, moi afastado do que se amosa nos circuítos comerciais e que fala de persoas, sentimentos e ofrece temáticas moi distintas ao cinema hollywoodiense. Estas pequenas illas no deserto aférranse a unha promesa: a da Agadic, que lles aboará en xaneiro os 30.000 euros que precisan para sobrevivir.. Amplía a nova>>

20/11/2011
Cineuropa en trailers: domingo 20

Malia ser día de votacións Cineuropa continúa na súa liña e o festival programa para hoxe máis dunha decena de títulos. Os filmes de Arturo Ripstein (As razón do corazón), Sarah Polley (Take this waltz), e Gerardo Naranjo (Miss Bala) para encher os seus catro escenarios: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e a Sede Fundación Caixa Galicia. Amplía a nova>>

19/11/2011
Cineuropa en trailers: sábado 19

En plena xornada de reflexión, Cineuropa programa preto dunha quincena de títulos nos que destaca o último filme de Sarah Polley, Take this waltz, ou a recuperación de dous clásicos Once upon a time de Sergio Leone ou Merci pour le chocolat de Claude Chabrol. Mentres faltan numerosos títulos da sección oficial por chegar a carteleira, encabeza as votacións o filme de Robert Guediguian cun 8.2. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org