01/12/2011
Bird Boy preseleccionado para os premios Goya
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas acaba de dar a coñecer os títulos das 30 curtametraxes preseleccionadas para os premios Goya. Entre eles destaca
Birdboy, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, na categoría de animación. Tamén figura entre os candidatos, no apartado documental,
Sea bites(Percebeiros), de David Berlain Amatriain. A sede da Academia proxectará en tres sesión (luns 5 para ficción, mércores 7 cos traballos animación e venres 9 os de documental) os traballos preseleccionados. Serán despois os académicos os que decidan, coas súas votacións, cales deles son os vencedores. .
Amplía a nova>>
01/12/2011
Jorge Coira dirixirá a adaptación audiovisual de Limpeza de Sangue
Un arquitecto trunfador e un drogadicto coñécense nunha sesión de diálese. Esta é a sinopse de
Limpeza de Sangue, a obra de teatro coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática e o ÁlvaroCunqueiro en 2005, e que Filmanova levará as pantallas. O proxecto contará con Jorge Coira como director e con guión de Jacobo Paz, que xa están a traballar no desenvolvemento do proxecto para o que conta cunha axuda de Agadic..
Amplía a nova>>
01/12/2011
Cineuropa en trailers: xoves 1
Penúltimo día de proxeccións desta edición de Cineuropa. Unha edición na que
The artist encabeza as votacións da sección oficial cun 8.46. No entanto, é a francolibanesa
Et maintenant on va oú? a que ten a puntuación máis alta cun 8.67. Hoxe última oportunidade para ver
Faust,
L´Apollonide e
La Guerre est Déclarée, tres cintas “imprescindibles” segundo o director do Festival, José Luis Losa..
Amplía a nova>>
01/12/2011
O Culturgal básico
Chega o Culturgal. Tres días de presentacións, conversas, produtos e todo tipo de propostas culturais concentradas. Un total de 130 actividades enchen a vindeira fin de semana o Pazo da Cultura e mais a Cidade de Pontevedra. Para evitar a saturación, achegámosche unha pequena guía de recomendacións e tendencias que han facilitar a orientación do visitante..
Amplía a nova>>
30/11/2011
Unha ducia de produtoras asisten a Ventana Sur, a cita co audiovisual latinoamericano
Malia ser un mercado de recente creación Ventana Sur reúne en Arxentina a 400 compradores e vendedores de produto audiovisual de todo o mundo. Unha cita na que haberá unha delegación de empresas galegas grazas ao apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Alén dos contactos que os empresarios realizarán nestes países para a produción, haberá pases de cinco producións galegas e a presentación do catálogo “Films from Galicia”, que contén os títulos máis recentes do audiovisual galego. A cita terá lugar do 2 ao 5 de decembro..
Amplía a nova>>
30/11/2011
Cineuropa en trailers: mércores 30
Hoxe aterra na carteleira
L´apollonide, a crónica cotiá dunhas mulleres que deciden non manter relacións cos seu maridos ata que os homes decidan axuda a subir a buscar a auga que elas levan traendo das montañas. Unha forma de reclamar igualdade entre homes e mulleres. Hoxe, tamén se proxectará unha sesión dobre de
O cabalo de Turín e o último pase de
O neno da Bicicleta. Ademais, o CGAC acollerá unha nova edición do audiovisual galego centrado en dous autores: Sonia Méndez e Lois Patiño. .
Amplía a nova>>
29/11/2011
Cineuropa en trailers: martes 29
Bela Tarr impresionou en Berlín coa súa novidosa
Turin Horse, na que narra a historia de casualidades, nas que un filósofo Friedrich Nietzsche abrázase a un cabalo exhausto en plena vía pública cando sente que a súa vida está chegando aos derradeiros días e confunde o real co imaxinario. Anos máis tarde, nalgún lugar no campo, un granxeiro e a mais a súa filla enfróntanse ás inclemencias do tempo e subsisten humildemente co vello cabalo como única posesión.. Canda este filme, hoxe chega tamén a esta recta final
La Guerra est Déclarée, na que conta unha grande historia de amor cunha grave enfermidade polo medio. Na recta final, The Artist encabeza as votacións da sección oficial cun 8.46, seguido de As neves do Kilimanjaro de Robert Guediguian cun 8.2. A nota máis alta desta edición é para a franco-lebanesa Et maintenant on va ou? cun 8.67. .
Amplía a nova>>
29/11/2011
Da pantalla para a páxina
Estamos afeitos a ver adaptacións para o audiovisual de obras literarias. No entanto, non é tan común, no noso país, observar o paso contrario. Producións pensadas para cinema ou televisión que desenvolven unha versión escrita. A editorial Galaxia está a dar os primeiros pasos nesta tendencia coa adaptación, ademais, de programas de carácter documental. Logo do enorme éxito colleitado polas receitas de
Larpeiros, amplía esta serie de libros e lanza a versión impresa de
Criaturas..
Amplía a nova>>
28/11/2011
Superviventes (e II)
Amantes do cine por riba de todo. Tanto que non importan as condicións climatolóxicas e os espazos nos que se proxectan as súas actividades. Da vintena de cineclubes que resisten en Galicia, destaca o de Chantada, que programa unha semana de cinema independente, de moi diferente orixe (iraní, romanés….) ata de 35 nacionalidades diferentes, que proxecta “aínda que chova”, asegura Lola González secretaria da federación que agrupa o traballo destas entidades. Pero non é a única singularidade da súa actividade que teñen desde cinematecas con rodas ata obradoiros..
Amplía a nova>>
28/11/2011
Cineuropa en trailers: luns 28
O festiva enfila a recta final e deixou para agora toda a súa artillería pesada. Hoxe chegan
O neno da Bicicleta, dos irmáns Dardenne (un clásico neste festival) e, nesta ocasión a súa cinta é unha das favoritas para gañar esta edición de Cineuropa. Na programación de hoxe tamén está
Fausto de Alexadr Sokurov, un controvertido filme que gañou no Festival de Venecia. Completa a programación os maxistrais e provocadores "Cold Fish" e "Guilty of romance" do xaponés Shion Sono..
Amplía a nova>>