20/12/2011
O Consorcio Audioviusal negociou en Arxentina os fondos de coprodución Raíces e Ancine
A principios de mes, o Consorcio Audiovisual participou en “Ventana Sur”, un mercado de recente creación, promovido polo INCAA (Instituto Nacional de Cine y Artes Audivisuales) de Arxentina en asociación coa organización responsable do Marché du Film de Cannes, o maior mercado audiovisual a nivel mundial. A cita aproveitouse para a renovación do fondo de coprodución cinematográfica entre o Consorcio e a Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) que se concretará no primeiro semestre de 2012. Non foi o único fondo de coprodución do que se falou, xa que se aproveitou para falar do convenio Raíces e outros acordos de colaboración, como
Cinemas de Galicia, un ciclo itinerante de cine galego polo territorio arxentino, ademais de establecer contacto con outras cinematografías, como Chile e Uruguai, para futuras relacións de cooperación..
Amplía a nova>>
19/12/2011
O Consorcio Audiovisual tentará implicar a Deputación ourensá malia súa saída do organismo
O pasado venres, a Deputación de Ourense aprobou en pleno a súa saída do Consorcio Audiovisual de Galicia. Unha situación que se producirá, tal e como figuran nos estatutos da entidade, no ano 2013. Con todo, o director-xerente do Consorcio, Anxo Quintanilla, afirma que coñecía a intención da Deputación é que “buscaremos outra formas de colaboración ao longo de 2012 e de que siga implicada na actividade do Consorcio”. Quintanilla sitúa esta decisión no contexto de crise económica e de “necesidade de conseguir unha maior eficacia na xestión” e asegurou que esta decisión non implica a outras das entidades que integran o Consorcio..
Amplía a nova>>
19/12/2011
A CRTVG estrea producións audiovisuais co gallo do Ano Cunqueiro
Esta fin de semana a CRTVG proxectou o documental
O Señor das Palabras, que serviu de repaso da vida e obra de Álvaro Cunqueiro. Foi a primeira das dúas proxeccións que a entidade programou co gallo do centenario do escritor mindoniense. A segunda está prevista para este xoves, 22 de decembro, cando se cumpre a data exacta da efeméride, e para a que está programada a estrea de
Sinbad, o filme coproducido entre a TVG e Ficción Producións. Dirixida e guionizada por Antón Dobao conta con Xosé Manuel Olveira, Pico, no papel protagonista..
Amplía a nova>>
16/12/2011
A Deputación de Ourense abandona o Consorcio Audiovisual Galego
O pleno da Deputación de Ourense aprobou esta mañá, segundo publica a edición local de
La Voz de Galicia, unha serie de propostas que afectan ao sector audiovisual. Dunha banda, decidiu solicitar a saída do Consorcio Audiovisual Galego que, segundo establecen os estatutos desta entidade farase efectivo no vindeiro ano. Da outra, deixará de apoiar económicamente o Festival de Cine de Ourense. .
Amplía a nova>>
16/12/2011
1.500 escolares da comarca ferrolá participarán no ciclo “en galego, de película”
Levan xa once edicións dun ciclo que naceu co obxectivo de dar a acceso ao cinema feito en galego. Nesta ocasión, os filmes escollidos son
A tropa de trapo, para escolares de Infantil e Primaria;
Pradolongo, para alumnado da ESO; e
Crebinsky, para o de Bachalerato e Ciclos Formativos. Os pases serán nos cines Dúplex en dúas sesións, ás 10.00 horas e ás 12.00 horas, os días 15, 16, 19 e 20 de decembro. En total, participan nesta iniciativa organizada polo departamento de normalización lingüística do concello de Ferrol, 1.500 alumnos pertencentes a unha vintena de centros. .
Amplía a nova>>
14/12/2011
A Deputación de Ourense votará este venres a súa saída do Consorcio Audiovisual
A Deputación de Ourense ten a intención de deixar de formar parte do Consorcio Audiovisual de Galicia. Trátase dunha iniciativa do grupo do Partido Popular que se debaterá no Plano da Deputación que terá lugar este venres. Na proposta, o PP xustifica que se trata dunha "área de actuación que non se corresponde coas competencias legalmente asinadas á Deputación Provincial de Ourense”. .
Amplía a nova>>
09/12/2011
Antón Reixa preséntase á presidencia da SGAE
Segundo informa El País, o produtor e creador Antón Reixa presentará este luns formalmente a súa candidatura á presidencia da Sociedad General de Autores e Editores (SGAE). A lista leva o eslogan "Devolvamos la SGAE a l@s soci@s" e vaise presentar no Círculo de Belas Artes de Madrid. O galego competirá coa candidatura DOM (De Otra Manera), que lidera o compositor José Miguel Fernández Sastrón. As eleccións serán o 7 de febreiro de 2012 e nelas poderán votar 21.000 socios da SGAE. .
Amplía a nova>>
07/12/2011
O Instituto Cervantes de Nova York achégase á figura de Torrente Ballester
Entre 1966 e 1973 Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) realizou numerosas visitas a Estados Unidos. Daquela era profesor convidado da Universidade do Estado de Nova York, en Albany. Alí deu clases, mantivo tertulias, escribiu varias das súas novelas e mesmo naceron as súas fillas. Agora, o Instituto Cervantes de Nova York aproveita esta relación para achegarse a súa figura. Ata o 13 de decembro a súa sede acolle a exposición
Os mundos de GTB que recolle obxectos persoais, primeiras edicións, manuscritos e fotografías. .
Amplía a nova>>
05/12/2011
The artist vence nas vodas de prata dun Cineuropa que bateu todas as marcas
Máis películas ca nunca colgaron o cartel de “esgotadas as localidades”, máis público asistiu ás actividades paralelas programadas (os dous concertos), as actividades infantís e o maratón durou 16 horas, converténdose no máis longo destes vintecinco anos. O “festival de festivais” Cineuropa cumpriu as súas vodas de prata superando os seus rexistros anteriores. Nesta edición, o premio do público foi para
The artist, cun 8.46. No panorama internacional, a vencedora foi
Et maintenant on va oú? cun 8.67, en Mundo asia Amor baixo o espiño branco cun 8.06 e na conexión Bos Aires,
Noivas, madriñas, 15 anos recibiu un 5.15..
Amplía a nova>>
02/12/2011
Cineuropa en trailers: Venres 02
Hoxe remata en Compostela a vixésimoquinta edición de Cineuropa e faino, como vén sendo habitual, co tradicional maratón. Desta volta nove longametraxes (unha dela sorpresa) e dúas curtas poñen o broche final a un certame que colgou o cartel de “non hai localidades” en diferentes proxeccións. A falta do reconto das votacións de onte e hoxe, a vencedora é
The artist cun 8.46. No entanto, é a francolibanesa Et maintenant on va oú? a que ten a puntuación máis alta cun 8.67. .
Amplía a nova>>