11/01/2012
O proxecto Sete Camiños reivindica o patrimonio cun documental
A importancia patrimonial e ambiental da área dos Sete Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro animou hai xa varios anos a vinte asociacións da zona a reivindicar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A seguir con este traballo, preséntase agora o documental
Sete Camiños: encrucillada no tempo, realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións. O proxecto fai un repaso polos principais valores da área, e preséntase publicamente ás 20:30 horas do vindeiro venres 13 no Teatro Principal de Pontevedra..
Amplía a nova>>
10/01/2012
A animación galega despunta nos premios Goya
A animación galega segue a ser un referente no audiovisual. A XXVI edición dos Goya ten entre os seus finalistas tres títulos galegos deste xénero: un na categoría de curtametraxe,
Birdboy (que tamén foi preseleccionado para os Óscars) e dous títulos na de longametraxe deste xénero (
Engurras e
O mago dubidoso). Canda o resto das producións, destaca outro nome galego, o de Luís Tosar, que opta a conseguir a súa cuarta estatuíña con
Mentras durmes, producida pola empresa do galego Julio Fernández, Filmax. Os grandes favoritos desta edición son a última produción de Pedro Almodóvar, rodada en Galicia,
La piel que habito con 16 candidaturas;
No habrá paz para los malvados con 14; a coprodución catalá
Eva con 12 e
Blackthorn (sin destino) con 11.
La voz dormida de Benito Zambrano opta a 9 premios..
Amplía a nova>>
09/01/2012
O Festival de Cine de Ourense e o Padre Feijoo presentan +Cine, programación estable
Melancolía de Lars Von Trier (mércores 11), O neno da bicicleta (mércores 18) e a Árbore da Vida (mércores 25) son os tres títulos que inauguran +Cine. Trátase da colaboración estable que pretenden por en marcha o Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff) e o Cineclube Padre Feijóo, tralos bos resultados da colaboración que ambas entidades mantiveron o ano pasado. Esta sección pretende ofrecer unha programación estable de cine alternativo ao circuito comercial para as sesión dos mércores. .
Amplía a nova>>
29/12/2011
A CRTVG inicia emisións en probas de televisión conectada
A televisión conectacta, baseada na implantación da tecnoloxía híbrida de televisión de banda ancha (HbbTV) terá no 2012 o seu ano de implantación. Neste camiño, a CRTVG acaba de iniciar as probas experimentais de emisión. A televisión conectada consiste nunha plataforma á carta cunha especie de barra lateral con múltiples funcións como escoller contidos de catálogo, participar en votacións, comentar en tempo real e ampliar información do programa que se está a emitir, entre otras opcións. .
Amplía a nova>>
29/12/2011
Comeza a andar a terceira edición do Mufest, o festival audiovisual feito por mulleres
Poden participar todas as producións audiovisuais feitas en galego ou en castelán (con subtítulos nestes idiomas), creadas a partir de 2005 pero todos co denominador común de estar feitos por mulleres. Estes son os requisitos dalgunhas das bases do MUFEST, o festival audiovisual feito por mulleres, que pon a andar a súa terceira edición. Está aberto o prazo de recepción de traballos para un encontro que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para o vindeiro mes de febreiro..
Amplía a nova>>
28/12/2011
O Laboratorio de Vedra abre o prazo de inscrición dos seus cursos audiovisuais
Leva cinco anos impartindo cursos de formación audiovisual de carácter non regrado. Da man de profesionais recoñecidos do tecido audiovisual galego e nun contorno rural, moi alonxado dos tradicionais foros destas actividades. A Asociación Senunpeso acaba de facer pública a inscrición das súas VI xornadas, que ofertan 158 prazas repartidas en nove obradoiros, seis deles de iniciación e tres avanzados dirixidos a profesionais. A inscrición pode facerse ata o primeiro de febreiro a través do sitio web e todos os cursos impartiranse nese mesmo mes..
Amplía a nova>>
27/12/2011
O Festival de Cine de Ourense baixará a contía dos premios e manterá actividades paralelas
A desputa entre a Deputación de Ourense (presidido por José Luis Baltar) e o departamento municipal de Cultura (gobernada pola nacionalista Isabel Pérez) continúa a escribir novos capítulos. Despois da aprobación de deixar de financiar ao consorcio do Festival Internacional de Cine (malia que os seus estatutos explicitan que se ha de notificar cun ano de antelación), o certame sufrirá modificacións. Con todo, a presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, asegura que de confirmarse a baixada do orzamento nun 22%, notarase na contía dos premios, pero non en actividades paralelas como (Cine baixo as Estrelas, ou o apartado destinado ás escolas, ou o Espazo de Cine, que mantén programación cinematográfica estable ao longo de todo o ano). .
Amplía a nova>>
23/12/2011
Oleiros acolle a presentación do telefilme A pesar de todo, quérote
Un grupo de mozo de vinte anos sofre un tráxico accidente que cambia as súas vidas. As súas consecuencias e como o feito cambia as relacións afectivas é o que conta
A pesar de todo, quérote. O último filme coproducido por Adivina Produccións e Televisión de Galicia volveu onte a Oleiros, lugar onde se desenvolveu parte da rodaxe, para dar a coñecer o resultado final. A produción está dirixida por Jorge algora e conta con con Christian Escuredo, Déborah Vukusic e Rubén Prieto como actores. O filme será emitido por Television de Galicia en data aínda por decidir..
Amplía a nova>>
23/12/2011
Chega aos cines, Copito de Nieve a última produción de Fílmax
É un filme propio de Nadal, que mestura imaxe real e animación, e que conta a viaxe do único gorila branco do mundo, na procura da Bruxa do Norte para que o convirta nun gorila negro como os demais.
Copito de Nieve é a última produción de Fílmax, a factoría de ficción que fundou o galego Julio Fernández , está dirixida por Andrés G. schaer e protagonziada por Pere Ponce, Elsa Pataky e Claudia Abate, entre outros. Parte do filme elaborouse nas instalacións que a compañía ten en Galicia, Bren Entertainment. Conta co apoio de Agadic e a Xunta de Galicia e chega hoxe ás carteleiras con 5 copias en galego das 200 que se distribúen e toda España..
Amplía a nova>>
22/12/2011
A Deputación ourensá deberá agardar un ano para saír do Consorcio do Festival de Cine
O concello dunha banda e a Deputación da outra son as dúas entidades que conforman o Consorcio Internacional Festival de Cine de Ourense. A Deputación aprobou no pleno do pasado venres deixar de achegar os 90.000 euros anuais para a celebración desa cita. Con todo, desde o Consorcio do Festival de Cine de Ourense non teñen constancia oficial desa decisión que, tal e como confirmaron fontes da Deputación sería efectiva para 2012. Sen embargo, o artigo 20 dos estatutos da entidade establece que a “separación dalgún dos membros do Consorcio poderá facerse cun aviso previo dun ano, sempre que non se prexudiquen os intereses públicos xerais que representa o Consorcio”. .
Amplía a nova>>