01/02/2012
Un ciclo de cine propón en Ferrol unha reflexión sobre a historia recente
Asociación cultural Ferroltera Nosa Memoria inicia hoxe un ciclo de cine no Centro Torrente Ballester. Unha proposta organizada pola asociación cultural Ferrolterra Nosa Memoria e que conta co asesoramento do historiador Bernardo Máiz.
A Cidade da Selva (2006) de Helena Villares e Pilar Faxil inicia esta tarde as proxeccións. Este título céntrase nos tempos da República ata a morte do último guerrilleiro no ano 1954.
Cancións para despois dunha guerra de Basilio Martín Patino, os documentais
Maricielo e
Silenciadas, así como
A mariñeira de Antón Dobao compoñen esta proposta que se estende ao longo do mes de febreiro..
Amplía a nova>>
26/01/2012
O Consorcio Audiovisual ultima a presenza en dous mercados internacionais
As produtoras galegas preparan estes días a súa asistencia a citas audiovisuais de carácter internacional. A través do Clúster do Audiovisual e do Consorcio Audiovisual de Galicia asistirán a cita de carácter estratéxico para a comercialización e produción de produtos audiovisuais. O Consorcio estará presente no European Film Market de Berlín co seu catálogo Films From Galicia (23 titulos entre os que está 18 comidas ou Todos vós sodes capitáns) e no de curtametraxes Clermont Ferrand con
Shorts from Galicia. Doutra banda, esta semana remata o prazo para apuntarse ao Río Content Market de Brasil, cita de relevancia para a produción de contido multiplataforma, á que asistirá o Clúster do Audiovisual. .
Amplía a nova>>
25/01/2012
Atentos á carteleira
A última produción de Xavier Villaverde (
O sexo dos anxos), a gran aposta de Vaca Films (
Invasor), a premiada longametraxe de animación
Engurras… estas son algunhas das producións galegas que veremos na carteleira nas vindeiras semanas. Aposta forte pola animación e a coprodución como única saída nun momento no que as produtoras notan unha baixada no seu ritmo de traballo..
Amplía a nova>>
19/01/2012
Engurras chega aos cines o vindeiro 27 de xaneiro
“É unha historia sobre a soidade das persoas, sobre a vellez… pero tamén sobre a familia”. Paco Roca definía así a historia de
Engurras, a banda deseñada que a produtora Perro Verde Films levou ao cine co mesmo título. O filme presentouse hoxe en Santiago,así como a versión en galego da banda deseñada (a cargo de El Patito), e estrearase nas carteleiras de todo o Estado o vindeiro 27 de xaneiro. O filme chega con numerosos recoñecementos baixo o brazo, como as candidaturas os premios Goya (mellor longametraxe de animación e mellor guión adaptado).
Engurras é a primeira longametraxe de Ignacio Ferreras quen, xunto con Ángel de la Cruz, adaptaron a historia de Paco Roca. .
Amplía a nova>>
18/01/2012
O último filme de Rodrigo Cortés preséntase no festival de Sundance
Despois de sorprender coa súa segunda longametraxe,
Buried, Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) é o gran reclamo desta edición do festival independente Sundance. Alí presentará
Red lights, un título no que conta con Sigourney Weaver, Cillian Murphy, Elizabeth Olsen e Robert de Niro, para contar unha historia de fraudes paranormais. Ofrecerá seis pases do título para o que xa están esgotadas..
Amplía a nova>>
17/01/2012
Un obradoiro ensinará a facer curtametraxes en galego
Entre o 31 de xaneiro e 2 de marzo desenvolverase o primeiro
Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego. Un seminario organizado polo concello da Coruña e a Escola Oficial de Idiomas desta localidade que ofrecerá 15 horas de clases teórico-prácticas para ensinar as claves para crear una obra audiovisual de ficción (do guión á linguaxe e la técnica), además de seis horas de prácticas en gravación, edición e post-producción. A curta resultante participará no Festival CinEOI Coruña Curtas 2012. Imparte este curso, que contará con 20 prazas, o director, guionista e actor Omar Rabuñal Varela..
Amplía a nova>>
17/01/2012
O Festival de Cans mantén as dotacións dos premios para apoiar os creadores
Arrinca a IX edición do Festival de Cans. Unha cita que este ano se celebrará entre o 23 e o 26 de maio e que mantén a dotación (en total repartirán 5.600 euros) e categorías (sete para curtametraxes, dous para videoclips e un premio honorífico, o Pedigree) doutras edicións. Desde a organización do festival explica uqe non reducirán a dotación económica dos galardóns para “seguir apoiando aos credores”. Con todo, continúan na busca de financiamento deste encontro e o número de xornadas de programación dependerá “dos apoios económicos que se consigan”. O prazo para presentar traballos a concurso pecharase o vindeiro 16 de marzo..
Amplía a nova>>
16/01/2012
Crear en 2011 (e II)
Volver aos espectáculos escénicos de pequeno e medio formato; a prevalencia da fotografía e vivir dos proxectos audiovisuais pasados son algunhas das tendencias que expertos e críticos observan da creación recente. Repasamos as tendencias no sector das artes escénicas, audiovisual e artístico..
Amplía a nova>>
13/01/2012
O Consorcio Audiovisual leva sete curtametraxes ao Festival Clermont-Ferrand
É a cita máis relevante para as curtametraxes. A 34 edición do Festival Internacional Clermont-Ferrand arrincará o vindeiro 27 de xaneiro nesta localidade francesa e haberá presenza galega. O Consorcio Audiovisual de Galicia estará na cita co catálogo
Shorts from Galicia 2012, que inclúe sete traballos producidos nos últimos dous anos e premiados nos festivais de curtas máis relevantes de Galicia (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu). Son o documental
Radiografía dun autor de tebeos (de Marcos Nine); dous traballos de ficción, Estereoscopía de Xacio Baños e ¿De qué se ríen las hienas? de Javier Veiga e catro de animación (
Amistad de Alejandro Marzoa,
Gato encerrado de Peque Varela,
Birdboy de Pedro Rivero e Alberto Vázquez. Precisamente este último traballo é finalista aos Goya na súa categoría. .
Amplía a nova>>
12/01/2012
Crear en 2011 (I)
A crise económica tamén condiciona a creación. Cando menos iso é o que se desprende dos especialistas consultados nas áreas da literatura, a banda deseñada e a música. Nuns casos a pegada é positiva e noutra negativa, e mentres nas letras leva a unha visión máis conservadora, na música convida a que os artistas se impliquen máis nos procesos de control das súas obras, entre outras cuestións..
Amplía a nova>>