Engurras chega aos cines o vindeiro 27 de xaneiro

É finalista ao Goya nas categorías de mellor longametraxe de animación e guión adaptado

“É unha historia sobre a soidade das persoas, sobre a vellez… pero tamén sobre a familia”. Paco Roca definía así a historia de Engurras, a banda deseñada que a produtora Perro Verde Films levou ao cine co mesmo título. O filme presentouse hoxe en Santiago,así como a versión en galego da banda deseñada (a cargo de El Patito), e estrearase nas carteleiras de todo o Estado o vindeiro 27 de xaneiro. O filme chega con numerosos recoñecementos baixo o brazo, como as candidaturas os premios Goya (mellor longametraxe de animación e mellor guión adaptado). Engurras é a primeira longametraxe de Ignacio Ferreras quen, xunto con Ángel de la Cruz, adaptaron a historia de Paco Roca.



Tres días antes da súa aparición en carteleira, o día 24, saberase se Engurras é finalista dos premios Óscar, na categoría de animación. Con independencia do que aconteza, o seu produtor, Manuel Cristóbal (Perro Verde Films) enumerou no marco da presentación os premios nos queEngurras é finalista, entre os que destaca os premios Annnie, organizados por Asifa-Hollywood, así como as dúas candidaturas nos premios Goya.

Manuel Cristóbal aproveitou a súa presentación para lembrar o papel desenvolvido por Manuel Fraga no sector audiovisual galego. Unha mención na que incidiría o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, ao lembrar que foi baixo a súa presidencia cando se aprobou “por unanimidade a lei do Audiovisual galego”. Citou unhas palabras súas sobre o papel de difusion cultural do sector audiovisual, ao que lle engadiu a “innegable función social e educativa”. A presentación tamén contou coa presenza de Rosa Vilas, directora da Televisión de Galicia, quen lembrou que este títuo se fico no marco do “Plan de Apoio Cinematográfico da TVG” para os sector e indicou que “a Televisión de Galicia vai seguir sendo o motor do audiovisual galego”. O filme tamén conta co apoio da Agadic, por mor unha axuda a desenvolvemento.